Anuncio contrato predoutoral proxecto PID2020-118101GB-I00 (Universidade de Vigo)

A Agencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia e Innovación, no marco do seu Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación 2021-2023, anuncia un contrato predoutoral para o proxecto PID2020-118101GB-I00, Universidade de Vigo. O obxeto do contrato é a realización dunha tese de doutoramento ligada ao citado proxecto, do ámbito de Matemáticas, cuxo título é "NUEVOS AVANCES METODOLÓGICOS Y COMPUTACIONALES EN ESTADÍSTICA NO PARAMÉTRICA Y SEMIPARAMÉTRICA".

O contrato terá unha duración de catro anos. O/a candidato/a seleccionado/a se incorporará ao Programa de Doutoramento "Estatística e Investigación Operativa" da Universidade de Vigo, co-organizado coas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. O prazo de solicitude se abre o día 28 de outubro de 2021 e conclúe o día 11 de novembro de 2021. Toda a información relativa a este programa de contratación, así como as instruccións para realizar a solicitude, se encontran dispoñibles no seguinte ligazón da Agencia Estatal de Investigación:

http://www.aei.gob.es/portal/site/MICINN/

Os/as candidatos/as interesados/as poden obter información sobre os obxectivos do proxecto PID2020-118101GB-I00, así como sobre a súa estrutura e organización do seu equipo investigador, contactando cos Investigadores Principais Jacobo de Uña Álvarez (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e Juan Carlos Pardo Fernández (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).


2021  SGAPEIO   globbers joomla templates