Contrato para investigador postdoutoral en estatística ofertado pola Université Libre de Bruxellles

Convídase a presentar solicitudes para un posto de postdoutoramento en Estatística no Departamento de Matemáticas da Université Libre de Bruxelles (ULB) en Bruxelas, Bélxica. Os temas de investigación do equipo de Estatística Matemática inclúen (pero non se limitan a) a teoría  asintótica, métodos non  paramétricos, estatística  direccional, contrastes. Os temas concretos da investigación discutiranse cos candidatos, tendo en conta a súa propia formación e intereses. Os candidatos interesados deberán ter

  • un doutoramento en Estatística, Matemáticas ou equivalente;
  • unha boa formación en Estatística e/ou Matemáticas.

Ao candidato seleccionado ofreceráselle un posto de investigación durante un ano, con posibilidade de renovación. O salario fíxase de acordo coas directrices da universidade para os investigadores de postdoutoramento. Solicitaranse cartas de solicitude incluíndo o CV, lista de publicacións, unha breve descrición dos temas de investigación do candidato (2/3 páxinas) e os nomes (e direccións de correo electrónico) de dúas persoas de referencia (coas que poderemos poñernos en contacto). Toda a documentación deberá enviarse por e- mail a Thomas  Verdebout (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). A data de inicio do contrato está prevista para a primavera de 2022.

 

2022  SGAPEIO   globbers joomla templates