Postos de Profesor Visitante Junior e Senior no Departamento de Estatística da Universidad Carlos III (UC3) de Madrid

O Departamento de Estatística da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) oferta varios postos de profesor visitante, na categoría de Profesor Axudante, estimándose a súa incorporación a partir de setembro de 2023.

Requisitos:

  • Un excelente historial investigador en calquera das áreas de investigación do departamento.
  • Un doutoramento en campos relacionados coas áreas de investigación do Departamento, e obtido na data de inicio prevista para o contrato.
  • Experiencia docente de alta calidade demostrada e/ou habilidades didácticas probadas.
  • Excelente dominio do inglés (escrito e oral, xa que se espera que o profesorado imparta cursos en inglés, tanto a nivel de grao como de posgrao).

Condicións do emprego:

  • Contrato inicial de dous anos con opcións de continuar no Departamento, previa avaliación, e en cumprimento da nova normativa española e da Universidade.
  • Salario bruto no rango de 30000-38000 euros, dependendo da experiencia do candidato.

A UC3M (ver www.uc3m.es) é unha universidade pública española nova (fundada en 1989) e orientada á investigación. O Departamento de Estatística (véxase www.uc3m.es/statistics) conta cuns 35 profesores a tempo completo cunha ampla variedade de intereses de investigación. O Departamento participa na docencia de cursos relacionados coa Estatística, a Econometría e Investigación Operativa na maioría das titulacións de grao que ofrece a UC3M, abarcando as Escolas de Enxeñaría, Ciencias Sociais e Humanidades. O Departamento participa tamén en varios programas de posgrao, especialmente o Mestrado en Estatística para a Ciencia de Datos e o Mestrado en Big Data Analytics, ademais de nun programa de doutoramento. Unha gran parte dos cursos impártense en inglés.

O Departamento apoia a investigación dos novos membros do profesorado a través do financiamento para a asistencia a congresos e estancias de investigación.

Os solicitantes que non sexan cidadáns europeos deben ter documentación válida para traballar en España antes de empezar.

Antes da data límite do 31 de xaneiro de 2023, os solicitantes deben enviar o seguinte por correo electrónico á dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (á que tamén se poden dirixir consultas):

  • Unha carta de presentación que inclúa declaracións de intereses e obxectivos de investigación e docencia; así como o nome e a dirección de correo electrónico de polo menos dúas referencias académicas.
  • Currículum vitae.

O Departamento convidará os candidatos preseleccionados a unha entrevista e a presentar un seminario relacionado ca sua actividade investigadora.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates