ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Contrato de persoal investigador predoctoral en formación na Universidade de Vigo (antigas FPI)
Resolución reitoral da Universidade de Vigo de 13/03/2025 pola que se convoca un contrato de persoal investigador predoctoral en formación (antigas FPI) asociado ao seguinte proxecto:
- Proxecto: PID2023-148811NB-I00.
- Título: Novos avances metodolóxicos e computacionales en estatística non paramétrica e semiparamétrica - MECANOS4.
- Convocatoria: "Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023".
- Centro: Facultade de Económicas, Universidade de Vigo.
- Investigadores principais: Jacobo de Uña Álvarez, Juan Carlos Pardo Fernández.
- Candidaturas: grao e mestrado con formación avanzada en Estatística.
- Obxecto do contrato: Elaboración dunha tese doutoral nalgunha das liñas de investigación do proxecto: análise de supervivencia, datos de alta dimensión, análise ROC, contrastes de bondade de axuste, modelos de regresión complexos. Espérase que a tese conteña contribucións metodolóxicas, xunto con resultados asintóticos e/o estudos de simulación que xustifiquen a súa validez. Os métodos aplicaranse á resolución de problemas reais.
Todos os detalles da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1456
Prazo de solicitude: do 14 de marzo ao 10 de abril de 2025.
Máis información sobre o proxecto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información sobre trámites administrativos: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..