o Descrición: TALENTGAL é un programa posdoutoral MSCA-COFUND promovido pola rede CIGUS e financiado pola Comisión Europea e a Xunta de Galicia. Ofrece 40 contratos posdoutorais para desenvolver proxectos de investigación interdisciplinarios nos centros de excelencia de Galicia, con alto grao de independencia científica e formación en competencias transversais.
o Duración: 30 meses o Lugar: Galicia (centros CIGUS) o Datas importantes: Apertura da convocatoria: maio–xullo 2026
o Requisitos principais:
Doutoramento obtido nos últimos 8 anos Regra de mobilidade MSCA (non residir en España máis de 12 meses nos últimos 36 meses)
Polo menos 2 publicacións revisadas por pares (unha como primeiro/a autor/a ou correspondente)
o Outros: Inclúe estadías en academia, industria ou sector público, formación avanzada e plan de desenvolvemento profesional individualizado
o Máis información: https://talentgal.cigus.gal/

