A EPO (European Patent Office - Oficina Europea de Patentes) está recrutando enxeñeiros e científicos para traballar como examinadores de patentes.
O día 30 de setembro de 2014, ás 9:00 horas, terá lugar unha presentación no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus) da Universidade de Vigo, na que se dará a coñecer a labor da organización, en qué consiste o traballo de examinador de patentes na EPO e as oportunidades de traballo que ofrece nun entorno estimulante e internacional, á vangarda da tecnoloxía e con amplas oportunidades de desenvolvemento profesional.
Despois da presentación, realizaranse algunhas entrevistas informais aos posibles candidatos interesados. O evento está aberto a estudantes, graduados e doutorandos en Enxeñerías, Matemáticas, Física, Bioloxía e Química.
As persoas interesadas en participar nas entrevistas deberán presentar o seu CV usando o modelo europeo Europass. É necesario confirmar a participación en:
Programa do evento:
- 09:00-09:10: Introducción.
- 9:10-09:35: A Oficina Europea de Patentes (EPO).
J. Santacroce, Director da Oficina Europea de Patentes.
- 09:35-10:15: O traballo de examinador de patentes na EPO.C. Quesson, Examinador de Patentes na Oficina de Patentes.
N. González, Examinadora de Patentes naOficina de Patentes.
- 10:45-13:30: Primeira fase de entrevistas individuais.
- 14:30-17:30: Segunda fase de entrevistas individuais.
Máis información: EPO
Persoa de contacto: Noelia González Carballo,

