SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Novas da SGAPEIO, 20 de outubro de 2026
  • Dúas Bolsas de Investigación na Universidade do Algarve
  • Novas da SGAPEIO, 28 de setembro de 2026
  • Curso de Cálculo do tamaño da mostra en estudos de investigación (3.ª edición)
  • Curso de Análise estatística de datos para estudos científicos con SPSS, RStudio e Intelixencia Artificial

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Novas da SGAPEIO, 26 de abril 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Terceiro anuncio dos cursos ECAS2019: Statistical Analysis for Space-Time Data 15 de xullo de 2019-17 de xullo de 2019
Lisboa, Portugal
Descrición: Os cursos europeos de estatística avanzada (European Courses in Advanced Statistics, ECAS) procuran proporcionar formación específica correspondente a áreas especiais da estatística a posgraduados, estudantes de doutoramento, investigadores, profesores universitarios en profesionais en xeral. A presente edición, ECAS2019, está dedicada á análise estatística de datos espazo-temporais, estando organizada pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa de España (SEIO). Os participantes están invitados a presentar os seus traballos en formato póster.
Datas importantes:

  • Inscrición de prezo reducido: 3 de maio de 2019
  • Envío de resumos: 26 de abril de 2019

Cursos:

  • Spatial Point Patterns: Methodology and Applications with R - Adrian Baddely e Ege Rubak.
  • Statistical models and inference for spatio-temporal areal data - Patrick Brown.
  • New trends in spatio-temporal geostatistics - Liliane Bel.
  • Spatial and spatio-temporal models using the SPDE-approach - Haavard Rue & Haakon Bakka.

Lugar: O congreso terá lugar na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa (Portugal).
Comité científico: Giovani Silva, Universidade de Lisboa, Portugal (Chair), Raquel Menezes, Universidade do Minho, Portugal, Maria Eduarda Silva, Universidade do Porto, Portugal, Rubén Fernández Casal, Universidade da Coruña, Spain, María Dolores Ugarte Martínez, Universidad Pública de Navarra, Spain, Ricardo Cao, Universidade da Coruña, Spain.
Comité organizador: Isabel Natário, Universidade Nova de Lisboa, Portugal (Chair), Paulo Soares, Universidade de Lisboa, Portugal, Soraia Pereira, Universidade de Lisboa, Portugal, Tomás Goicoa Mangado, Universidad Pública de Navarra, Spain, Anabel Forte Deltell - Universitat de València, Spain, Giovani Silva, Universidade de Lisboa, Portugal.
Máis información:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
https://ecas2019.math.tecnico.ulisboa.pt/

3.- Seminario a cargo do Prof. Jop Shouten: Unilateral support equilibria 2 de maio de 2019.
A Coruña, España
Descrición: O concepto de equilibrios de Berge está baseado en comportamentos solidarios entre os xogadores: cada xogador é apoiado polo grupo de formado por todos os demais xogadores. Nesta presentación explorarase e estenderase a idea de Berge eliminando ítem de coordinación subxacente. Suxírese considerar o apoio individual en lugar do grupal. A idea principal é introducir relacións de apoio modeladas mediante perturbacións nas que cada xogador apoia exactamente a outro xogador, estando cada xogador apoiado por só un dos demais. Por tanto, defínese un novo equilibrio denominado “unilateral support equilibrium”, que é uniteralmente colaborativo para cada un dos demais xogadores. Despois da descrición deste equilibrio, compararase co equilibrio de Nash.
Data: 2 de maio de 2019.
Hora: 12:30 h.
Lugar: Aula de Graos Víctor Gulías – Facultade de Informática – Universidade da Coruña – A Coruña.

4.- XXIV Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE2019)
6 de novembro de 2019 – 9 de novembro de 2019
Amarante, Portugal
Descrición: Ata o 31 de maio de 2019 está aberto o período para envío de propostas de comunicacións (orais ou póster) para integrar o programa científico do XXIV Congresso da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE2019), que terá lugar entre o 6 e o 9 de novembro de 2019 en Amarante. As diferentes propostas enviaranse a través do modelo dispoñible no sitio web do congreso, tendo que estar relacionadas con algún dos seguintes temas:

  • Análise de supervivencia.
  • Aplicacións en Medio Ambiente, Clima, Xeociencia e Agricultura.
  • Aplicacións en Econometria, Finanzas e Xestión.
  • Bioestatística e Epidemioloxia.
  • Ciencia de Dados (Data Science).
  • Control Estatístico da Calidade.
  • Educación en Estatística.
  • Estatística en Ciencias Sociais.
  • Estatística Computacional.
  • Estatística Espacial.
  • Estatística Multivariante.
  • Estatística Oficial.
  • Extremos.
  • Fiabilidade e Risco.
  • Métodos Bayesianos.
  • Métodos Non Paramétricos.
  • Probabilidade e Procesos Estocásticos.
  • Series Temporais.
  • Mostraxe.

Máis información: https://spe2019.estg.ipp.pt

5.- Segunda circular da II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico 25 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: É un pracer poder convidarte a participar na II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que terá lugar o próximo 25 de abril de 2019, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas [1] da USC [2]. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS [3].
A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) [4], e conta co apoio da AMTEGA [5] e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse na seguinte ligazón:
http://xornada.melisa.gal/#formulario
Vémonos o 25 de abril na Facultade de Matemáticas para falar de Software
[1] http://www.usc.es/es/centros/matematicas/
[2] http://www.usc.es
[3] https://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS
[4] http://www.melisa.gal/
[5] http://amtega.xunta.gal/

6.- Contratos para científicos de datos en InovaLabs (España)
Descrición: InovaLabs busca licenciados para o seu Laboratorio de Ciencia do datos, centrado en data analytics e intelixencia artificial.
Tarefas a realizar: Participación na execución de proxectos nos laboratorios de Innovación Aberta, Enerxía Limpa e Internet Industrial.
Requisitos:

  • Licenciatura ou Grao en Matemáticas, Enxeñaría Informática ou Telecomunicacións.
  • Posgrao ou mestrado en Data Analytics, inteligencia artificial ou similar.
  • Un ou dous anos de experiencia (excluídas prácticas).

Valorárase:

  • Experiencia na execución de proxectos: deseño e desenvolvemento de modelos matemáticos de simulación.
  • Experiencia en Phyton, R, Matlab, Simulink, C e C++, así como noutras ferramentas matemáticas e linguaxes de programación que poidan ser utilizados nos eidos de análise de datos.
  • Coñecementos de Aprendizaxe de máquina, DNNs para visión artificial, intelixencia artificial.
  • Coñecementos de inglés, outros idiomas.
  • Cursos de especialización nas temáticas mencionadas.
  • Capacidade de comunicación e interacción Calote clientes.
  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de integración en equipos multidisciplinares.

Máis información: http://inovalabs.es/es/buscamos-cientifics-datos/

7.- Postos interinos a tempo completo de Asistente de Investigación en Bioestatística e Epidemioloxía
Perfil: O Centro de Investigación Biomédica (CINBIO) ofrece postos interinos a tempo completo de Asistente de Investigación en Bioestatística e Epidemioloxía, para traballar no grupo de Bioestatística e Epidemioloxía en Vigo.
Período: De tres a cinco meses, entre o 1 de xuño e o 30 de outubro de 2019.
Convocatoria: información do procedemento de solicitude.
Prazo de solicitude: ata o 6 Maio 2019 (18:00h).
Salario: 1250 € brutos /mes (antes de impostos).
Máis información: http://cinbio.es/gl/oferta-emprego-cinbio-34-research-assistants-in-biostatistics-and-epidemiology/
https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/401997
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/22470

8.- Posto de traballo na Universidad Carlos III
Equipo de traballo ofertante: Grupo de investigación do Instituto de Salud Carlos III, cunha traxectoria moi recoñecida na área de epidemioloxía e saúde pública, e máis concretamente nas áreas sociais da saúde e no estudo de problemas problemas de saúde ligados ao consumo de alcol ou drogas e comportamentos sexuais.
Funcións: Xestión de bases de datos e análises estatístico/epidemiolóxico.
Titulación: Valoraranse as habilidades demostrables para as funcións indicadas, aínda que sería preferible estar en posesión do título de graduado/a ou licenciado/ en:

  • Estatística, Matemáticas, Economía.
  • Tamén en Psicoloxía ou Socioloxía, SÓ se dispoñen dunha formación estatística complementaria, como mestrado en bioestatística ou en metodoloxía da investigación.

Características da relación laboral: Contrato en prácticas dun ano, renovable por outro máis.
Convocatoria oficial inmediata e incorporación en maio/xuño.
Requisitos para o contrato en prácticas:

  • Ningún empregado poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por tempo superior a dous anos con respecto á mesma titulación.
  • Non poden transcorrer máis de 5 anos, ou de sete cando o contrato se concerte cun empregado con discapacidade, desde a terminación dos seus estudos.
    contrato non poderá exceder de 2 anos.

Enviar Curriculum vitae a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

9.- Procura de candidatos para contrato na modalidade Beatriz Galindo no grupo MODES da Universidade da Coruña (BEAGAL 18/00143)
Descrición: O grupo de modelización, optimización e inferencia estatística, MODES, da Universidade da Coruña, integrado no Centro Singular CITIC, está a procurar candidatos para un contrato Beatriz Galindo (BEAGAL 18/00143) para investigadores novos de currículo sobresaínte no eido de datos complexos e de alta dimensión (na área da estatística matemática) que involucrará tarefas de docencia, investigación e transferencia Requisitos:

  • Ter obtido o grao de doutor entre 2 e 7 anos despois do 24 de maio de 2019.
  • Ter traballado como docente, investigador ou coordinador de grupo (fora de España) en recoñecidas institucións de I+D+I durante 1 ano como mínimo despois de conseguir o seu grao de doutor. 

Contrato: O investigador seleccionado terá un contrato a tempo completo de 4 anos. O salario bruto ascenderá a 45.000 € por ano. A UDC proporcionará ao investigador seleccionado todo o preciso para que leve a cabo o seu traballo, garantindo á súa vez todos os dereitos correspondentes a empregados da súa mesma categoría.
A convocatoria oficial está dispoñible en:
https://www.udc.gal/gl/investigacion/convocatorias_udc/
Data límite: 23 de maio de 2019.
Solicitudes: Serán enviadas usando os formularios proporcionados polo servicio on-line do Ministerio de Educación: http://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/277089/ficha/277089-2018-fase2.HTML. As solicitudes redactaranse en inglés.
Máis información: Para máis información contáctese con Ricardo Cao (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), coordinador do grupo MODES, ou con Ana Almécija (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), asistente administrativa do grupo modes MODES, ou visite a páxina web http://dm.udc.es/modes/. Os candidatos interesados poden tamén visitar a páxina web do CITIC: https://citic-research.org/, o centro de investigación onde se integrará o investigador contratado.

Novas da SGAPEIO, 11 de abril 2019

1.- Aberto o prazo de inscrición de traballo nos IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos ata o 26 de abril (prazo ampliado)
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 18 de marzo ata o 26 de abril de 2019.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 8 ata o 26 de abril de 2019.
  • Do 20 ao 26 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.

Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

3.- Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R"
Descrición: Está aberta ata o 25 de ABRIL a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo Data Mining con " R", de carácter totalmente non presencial, que se impartirá desde a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic) do 1 ao 31 de maio de 2019. O curso utiliza o programa estatístico " R", totalmente gratuíto e accesible, que ten unha potencia de análise moi superior á de calquera outro programa estatístico, e pretende ensinar a utilizar "R" para o tratamento estatístico avanzado de datos coas principais técnicas de Data Mining (Minería de Datos), especialmente indicados para a investigación científica e técnica; está dirixido fundamentalmente a investigadores, doctorandos, e técnicos de análise de datos en calquera ámbito de actividade. O contido do curso consiste nos métodos de Minería de Datos máis empregados e útiles (CHAID, k-means, svm, Pagerank, AdaBoost, KNN, Naive Bayes, CART, randomForest...). Para cada método explícase o seu principio de funcionamento, o algoritmo, os supostos ou requisitos, e a súa aplicación co programa estatístico R, mediante exemplos adecuados realizados paso a paso xunto coa interpretación correcta dos resultados, e proponse unha tarefa similar que se debe cumprimentar para asegurar o principal obxectivo do curso: que o alumno é capaz de aplicar os distintos métodos aos seus propios datos. Inclúese unha breve introdución ao programa R, para facelo alcanzable aos usuarios da Estatística non expertos. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo, Faitic. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos máximos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación. O criterio de admisión é a orde cronolóxica de solicitude, e o custo da matrícula 125 euros (estudantes e parados 90 euros). Máis información (inscrición, contidos, profesorado, etc.) na web da Universidade de Vigo: https://bubela.uvigo.es/curso/3462

4.- International Summer School on "Preferences, Decisions and Games"
25 de Xuño de 2019-28 de Xuño de 2019
Sorbonne Université, Paris, France
Descrición: O obxectivo desta escola de verán é xuntar a estudantes de doutoramento, investigadores de postdoutoramento e investigadores en xeral interesados nos aspectos matemáticos e computacionais da modelización de datos, toma de decisions e teoría de xogos. Está especialmente orientada a participantes con diferentes habilidades e perfil relacionado coa investigación de operacións, intelixencia artificial e aecononomía. Durante 4 días o programa incluirá dous tipos de actividades: conferencias impartidas por prominentes científicos en talleres ou workshops nos que os participantes terán a oportunidade de presenter os seus traballos e intercambiar ideas.
A escola de verán terá lugar na Sorbonne Université e será organizada CNRS e o Grupo Nacional Francés de Investigación de Operacións.
Máis información: https://decisionschool.lip6.fr/

5.- Curso virtual: como revisar un artigo orixinal (4ª edición)
Descrición: Desde a Revista Gaceta e a Escuela Andaluza de Salud Pública, temos o agrado de presentarlles a nova Serie de talleres de e-aprendizaxe, dirixidos a mellorar a calidade da publicación científica.
Este curso é a cuarta edición de "Como revisar un artigo orixinal" coordinado por Pere Godoy García e Clara Bermúdez Tamayo.
Introdución: A revisión dun artigo científico é unha etapa crave no proceso de publicación dos artigos e debe contribuír á validez, claridade e utilidade do que se publica. O curso está estruturado en cinco unidades:

  • proceso de revisión por pares.
  • A redacción científica e a estrutura dun artigo.
  • A realización dunha revisión.
  • exercicio práctico dunha revisión.
  • Como responder a editores/ as e revisores/ as.

Dirixido a:
Profesionais do ámbito clínico e da saúde pública interesados en adquirir coñecementos para a revisión de artigos científicos orixinais.
Data: Do 13 de maio ao 15 de xuño de 2019. Con 4 horas de dedicación aproximada por semana. Despois da realización e entrega de diferentes tarefas, obterase a certificación da formación.
Requisitos:

  • Publicar polo menos 2 artigos científicos.
  • Coñecementos de metodoloxía da investigación.

A selección farase por parte do comité editorial da revista GACETA SANITARIA, en función dos requisitos esixidos e priorizando os socios de SESPAS.
Data límite para a inscrición: 2 de maio de 2019
Prezo: 80€
Modalidade: Virtual
Inscrición: https://bit.ly/2Ue7aG1
Contacto: Juan Antonio Castillo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

6.- Diploma de Especialización en Epidemiología e Investigación Clínica (23ª edición)
Coordinación: Isabel Ruiz Pérez
Horas Totais: 750
Modalidade: Semipresencial
Créditos Europeos ( ECTs) 30,00
Data límite para a inscrición: 20/07/02019
Matrícula: 3300 €
Preinscrición: ONLINE
Introdución: "Título propio da Universidad de Granada". A complexidade crecente da Medicina e o desafío dos avances nas múltiples frontes diagnósticos e terapéuticos que exploran as ciencias biomédicas, fan da investigación clínica unha necesidade formativa indispensable para os profesionais sanitarios.
Dirixido a Profesionais da saúde implicados en actividades de investigación, especialmente aos integrados nas Unidades de Xestión Clínica ou en estruturas estables de investigación cooperativa (CIBER e RETIC), interesados en fomentar o desenvolvemento da investigación no seu ámbito de traballo.
Observacións: Para profesionais do Sistema Sanitario Público de Andalucía que soliciten financiamento de matrícula, as solicitudes deberán ser previamente autorizadas polo Organismo ao que pertenzan.
Bolsas: Existe posibilidade de solicitar bolsa da UGR para o financiamento da matrícula para o resto de profesionais, conforme aos criterios económicos e académicos establecidos pola propia Universidade e qe serán xestionadas pola Escola Internacional de Posgrao aínda que se deben presentar na EASP:
http://escuelaposgrado.ugr.es/pages/titulos_propios/tramites_admin_alumnos_master/solicitud_bolsa
Requisitos: É requisito imprescindible posuír titulación universitaria. Valorarase como criterio preferente de selección:

  • Pertencer a unha Unidade de Xestión Clínica (UGC) do SSPA ou a un Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER e RETIC) e liderar ou participar en proxectos de investigación competitivos.
  • Ter coñecementos básicos en estatística e epidemioloxía.
  • Ter coñecementos de inglés que permitan ao participante ler bibliografía científica nese idioma.
  • Dispoñibilidade para a asistencia ao 100% das actividades presenciais programadas.
  • Ter coñecementos de informática a nivel de usuario e dispoñer de acceso a Internet.

Máis información: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=3114010019

7.- Curso de deseño e validación de cuestionarios
Datas previstas: Granada, 22 de maio ao 28 de xuño de 2019.
Sesións presenciais: Módulo I: 22-24 de maio; Módulo II: 27 e 28 de xuño.
Coordinación: Juan Manuel Jiménez Martín.
Horas Totais: 50.
Modalidade: Semipresencial.
Data límite para a inscrición: 22/04/02019.
Matrícula: 750 €.
Preinscrición: ONLINE
Introdución: A enquisa de opinión constitúe unha das principais estratexias de investigación na actualidade. O seu uso crecente en numerosos ámbitos relacionados tanto coas prácticas profesionais como coa xestión de institucións socio-sanitarias fai necesario que os profesionais das devanditas organizacións conten cunha sólida formación orientada tanto ao deseño e execución deste tipo de estudos como á análise crítica dos datos proporcionados polos mesmos. Este curso, de 50 horas de duración, está especialmente orientado ao deseño e validación de cuestionarios, a principal e máis importante ferramenta empregada nos métodos de enquisa. Para iso analizásense as distintas fases e elementos que estruturan o seu deseño, así como os criterios imprescindibles para analizar a validez e fiabilidade dos resultados obtidos.
Dirixido a: Profesionais de servizos sociais e sanitarios interesados no deseño e validación de cuestionarios. Estudantes de terceiro ciclo do ámbito das ciencias sociais e da saúde.
Requisitos: Coñecementos básicos de estatística. Imprescindible dispoñer de acceso a Internet de banda ancha, correo electrónico persoal e ter habilidades para o uso de programas informáticos básicos (Office) a nivel de usuario.
Obxectivo Xeral: Capacitar aos participantes para o deseño e validación de cuestionarios
Contidos:

  • Unidade didáctica n º: 1: Introdución á investigación por enquisa
  • Unidade didáctica n º: 2: Deseño de cuestionarios
  • Unidade didáctica n º: 3: Validación de cuestionarios: conceptos de validez e fiabilidade
  • Unidade didáctica n º: 4: Análise estatística de datos para a estimación de validez e fiabilidade (programa R)

Máis información: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=314301NA19

8.- València International Bayesian Summer School (VIBAS S3)
Descrición: Anúnciase a Terceira edición do València International Bayesian Summer School (VIBASS3) que terá lugar desde o 22 ao 26 de xullo 2019 en València (España).
VIBASS3 é unha escola de verán de 5 días que ofrece unha oportunidade para aprendizaxe da estatística bayesiana sen requerirse coñecementos de partida neste ámbito.
Os cinco días de VIBASS3 organízanse en tres partes:

  • Os primeiros dous días inclúen un curso básico en Bayesian learning (12 horas), con sesión conceptual e sesións prácticas con paquetes de R.
  • Sería aconselláble que os participantes trouxesen os seus portátiles para as sesións prácticas.
  • A segunda parte adicarase a un asunto de interese actual na investigación bayesiana como é o Applied Bayesian Computation e o NIMBL Esta edición terá por a Aplicado Bayesian Computation e o e a plataforma NIMBLE Plataforma para a Modelización Xerárquica e MCMC. Este curso de 12 h será impartido por Daniel Turek, Assistant Professor de Estatística no Williams College e membro do Equipo de Desenvolvemento NIMBLE.
  • O venres 29 é o último día da escola de verán no que se programará un workshop composto por dúas sesións plenarias cos seguintes conferenciantes convidados:
    • Eleni Matechou (University of Kent).
    • Gonzalo García-Donato ( Universidad Castilla- La Mancha).

Anímase a todos os participantes na escola de verán apresentar as súas investigación no marco dunha tormenta de ideas informal e a través da sesión de pósteres programada.
O VIBASS3 está organizado polo grupo VABAR, pola Universitat de València e polo Biomathematics and Statistics Scotland, BIOSS.
Máis información: http://vabar.es/events/vibass3/

9- 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry [CTMI 2019]
22 de xullo de 2019 – 24 de xullo de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición:
En representación dos comités de organización e científico, invítase a toda a comunidade científica e profesionais da indusria e administración a participar na 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry [CTMI 2019] que pretende fortalecer a interacción entre academia e industria, fomentando a inovación en ambos eidos e abrindo novas canles para a colaboración entre o mundo académico e industrial.
O evento:
Esta nova iniciativa constitúe un espazo único para a promoción e a diseminación das ferramentas matemáticas relacionadas coa Estatística, Big Data e o MSO (Modelling, Simulation and Optimization), incluindo as súas aplicacións industriais, o establecemento de redes de investigación, a iniciación de novas liñas de investigación e a internacionalización da actividade academia-industria Máis información premendo aquí.
Onde e cando?
O CTMI 2019 terá lugar en Santiago de Compostela, España, do 22 ao 24 de xullo do 2019, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (mapa).
Como participar?
Requírese o rexistro previo. Para máis información premer aquí. A data límite de rexistro e o 31 de maio 30 de xuño.
Programa

  • Conferencias invitadas:
    • Francisco Chinesta. École Nationale Supérieure des Arts et Métiers (ENSAM), Francia.
    • Ignacio Grossmann. Carnegie Mellon University, EEUU.
    • Volker Mehrmann. Institut f. Mathematik, TU Berlin, Alemaña.
    • Stefan Nickel. Institut für Operations Research (IOR), Karlsruher Institut für Technologie (KIT), Alemaña.
    • Antonio Pita Lozano. LUCA, Unidad de Datos de Telefónica, España.
  • Minisimposios: organizaranse 5 minisimposios, sendo un deles o relacionado cos premios math-in e Repsol para teses de doutoramento e traballos fin de mestrado (1st edition of the math-in awards & math-in | Repsol award) no eido das matemáticas industriais (data límite de postulación: 26 de abril) .
    • MS1: "Mathematics of Logistics: emerging trends in Optimization and Simulation modelling".
    • MS2: "Successful examples of industry-academia collaboration in the energy sector".
    • MS4: Math-in awards & math-in | Repsol award for outstanding Phd and Msc thesis in Industrial Mathematics.
  • Comunicacións. Durante o congreso, terán lugar como mínimo dúas sesións paralelas de Matemáticas Industriais. O 26 de abril é a nova data límite de envío de comunicacións en formato resumo.
  • Casos de éxito en formato póster. O 26 de abril é a nova data límite de envío de comunicacións en formato resumo.
  • Face2Face Brokerage event. O 23 de xullo de 2019, a Enterprise Europe Network organizará un Matchmaking event - Mathematics & Industry co galo de fomentar a cooperación entre a industria e a academia.

Máis información: http://www.itmati.com/ctmi2019

10.- XV Congreso Dr. Antonio Monteiro
5 de xuño de 2019 – 7 de xuño de 2019
Bahía Blanca, Arxentina
Descrición: Temos o agrado de convidalos a participar no XV Congreso Dr. Antonio
Monteiro, que levará a cabo na cidade de Bahía Blanca os días 5, 6 e 7 de xuño de 2019. Este ano o tema principal será Probabilidade e Estatística e haberá sesións de comunicacións en Álxebra, Análise, Xeometría, Lóxica e Matemática Aplicada. A inscrición xa se atopa aberta na páxina web do congreso,
http://www.matematica.uns.edu.ar/xvcm/
O martes 4 de xuño é a data límite para:

  • Inscrición nos cursos
  • Solicitude de axuda económica

O luns 22 de abril é a data límite para:

  • Envío de resumos de comunicacións

Cursos:

  • "Modelos Probabilísticos". RODRIGUEZ, Pablo Martín (Universidade de San Pablo en San Carlos, Brasil)
  • "Modelos de Regresión". SUED, Mariela (Universidade de Buenos Aires)
  • "Ideas fundamentais para a ensinanza e a práctica da inferencia estatística". MEYER, Roberto (Universidade Nacional do Litoral)

Conferencias:

  • FRERY, Alejandro Carlos (Universidade Federal de Alagoas, Brasil)
  • FERRARI, Pablo Augusto (Universidade de Buenos Aires – CONICET)
  • HAEDO, Ana Silvia (Universidade de Buenos Aires – CONICET)
  • SVARC, Marcela (Universidade de San Andrés – CONICET)
  • D´AMELIO, Adriana Graciela (Universidade Nacional de Cuxo)
  • FLESIA, Ana Georgina (Universidade Nacional de Córdoba)

Desexando que o XV Congreso Dr. Antonio Monteiro sexa, do mesmo xeito que as súas edicións anteriores, un lugar de reunión, intercambio e discusión interdisciplinaria, esperamos a súa participación e enviámoslles un cordial saúdo.

11.- II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico
25 de abril de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: É un pracer poder convidarte a participar na II Xornada de presentación de Software Libre para uso científico, que terá lugar o próximo 25 de abril de 2019, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas [1] da USC [2]. O obxectivo principal desta actividade é o de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS [3].
A xornada está organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) [4], e conta co apoio da AMTEGA [5] e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O acceso é libre, e a inscrición de balde, que pode realizarse na seguinte ligazón:
http://xornada.melisa.gal/#formulario
Vémonos o 25 de abril na Facultade de Matemáticas para falar de Software
[1] http://www.usc.es/es/centros/matematicas/
[2] http://www.usc.es
[3] https://www.sergas.es/Saude-publica/BioStatFLOSS
[4] http://www.melisa.gal/
[5] http://amtega.xunta.gal/

12.- Charlas sobre análise de datos e computación de altas prestacións (HPC)
25 de abril de 2019, 2 de maio de 2019,
A Coruña, España
Descrición: A partir do Xoves 3 de Abril, o Mestrado Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións (HPC) organiza na Facultade de Informática da Coruña unhas charlas sobre análise de datos e computación de altas prestacións (HPC). Estas charlas están abertas a toda a comunidade universitaria. As próximas conferencias son as seguintes:

  • Entorno machine learning nunha empresa cervexeira, a cargo de Jorge López Muñiz (xerente de tLab e análise avanzada de datos), que terá lugar na Aula 2.0b da Facultade de Informática o 25 de abril ás 13:00 h.
  • HPC no centro de supercomputación de Galicia, a cargo de Andrés Gómez, que terá lugar na Aula 2.0b da Facultade de Informática o 2 de maio ás 13:00 h.

13.- International Data Science and Engineering Symposium (IDSES'19)
2 de maio de 2019 - 3 de maio de 2019,
Karabük, Turquía
Descrición: O Comité de Organización do International Data Science and Engineering Symposium (IDSES'19) comprácese en convidalos á nova edición do congreso que terá lugar entre o 2 e o 3 de maio de 2019 en Karabük, Safranbolu, Turquía. O simposio será organizado pola Universidade de Karabük. O IDSES'19 ten como fin o de reunir investigadores, científicos e académicos para compartir a súa experiencia e coñecementos en todos os aspectos da minería de datos, así como os seus resultados, ideas e boas prácticas. Convídase especialmente a todos aqueles profesionais que queiran mellorar as súas habilidades na minería de datos, tanto enxeñeiros coma investigadores en xeral, sexa cal sexa o seu sector. O IDSES'19 tamén terá especial interesa para aqueles empregados multidisciplinares nos eidos da tecnoloxía e da ciencia.
Máis información: www.idses.org

14.- Publicación do “Informe completo del impacto socioeconómico de las matemáticas en la economía española”
Vense de publicar o “Informe completo del impacto socioeconómico de las matemáticas en la economía española”, a cargo dos “Consultores de las Administraciones Públicas” e da “Red Estratégica en Matemáticas”. A súa presentación tivo lugar o 10 de abril de 2019 en Madrid.
O documento está dispoñible no enlace
https://institucionales.us.es/remimus/informe-completo-del-impacto-socioeconomico-de-las-matematicas-en-la-economia-espanola/

15.- BCAM - ITP Aero PhD Position in Machine learning applied to electro welding
Descrición: Oferta do Basque Center for Applied Mathematics (BCAM) e a empresa ITP Aero para realizar unha tese de doutoramento en Machine Learning aplicada a procesos de soldadura eléctrica.
Directores:

  • Dr. Aritz Pérez.
  • Prof. Jose Antonio Lozano.

Liña de investigación: Machine Learning.
Salario e condicións: O salario bruto anual será de 18.000 €, na Axencia do Tesouro de Biscaia. Tamén existen dietas de mobilidade para aqueles candidatos que veñen alén de do Pais Vasco que oscila 500 e 1000 euros.
Número de prazas: 1.
Duración do contrato: 4 anos.
Data límite de presentación de solicitudes: 30 de abril de 2019, ás 12:00.
Como facer a solicitude: As solicitudes deberán enviarse de xeito on-line a través da páxina web http://www.bcamath.org/en/research/job

16.- 12 prazas de investigadores de predoutoramento para o Climate Advanced Forecasting of sub-seasonal Extremes Consortium
Descrición: O CAFE, Climate Advanced Forecasting of sub-seasonal Extremes Consortium, está buscando investigadores novos altamente cualificados para 12 prazas de investigadores de predoutoramento.
O obxectivo do proxecto CAFE é a mellora dentro de cada estación das predicións dos eventos meteorolóxicos extremos a través dunha formación interdisciplinaria en 12 aspectos diferentes coma son a ciencia climática, as redes complexas e a análise de datos. Os extremos climáticos como as vagas de calor, secas, precipitacións extremas e vagas de frío teñen unha alta repercusión social e económica que se irá incrementando segundo avance o cambio climático. A predición de eventos extremos nun intervalo comprendido entre 10 días e 3 meses e un gran reto debido ao pobre entendemento que hoxe en día se ten dos fenómenos que os condicionan, como é o caso das oscilacións de Madden Julian, ondas planetarias e bloqueos atmosféricos. A obtención de información fiable destes fenómenos é de gran importancia, permitindo a obtención de avisos previos e accións correctivas anticipadas.
Os candidatos deben estar no primeiro ano das súas carreiras de investigación (ata un ano despois de obter o seu título de mestrado) no momento de ser admitidos e non ter o título de doutor.
Os contratos firmaranse por un período de 36 meses e están dotados dun atrativo salario da cordo coas regulacións do MSCA para Early-Stage Researchers.
Data límite para a presentación de solicitudes: 20 de maio do 2019.
Máis información: https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/392074

17.- Contratos en Data Science Lab
Buscamos a licenciados para a súa incorporación ao equipo da área de soporte Data Science, centrado en data analytics e intelixencia artificial.
Tarefas a realizar
Participación na execución de proxectos dos tres labs verticais: Open Innovation, Clean Energy e Industrial Internet.
Requisitos

  • Licenciatura ou Grao en Matemáticas, Enxeñería Informática ou Telecomunicacións.
  • Posgrao ou máster en data analytics, intelixencia artificial ou similar.
  • Un ou dous anos de experiencia (excluídas prácticas).

Valórase

  • Experiencia na execución de proxectos: formulación e desenvolvemento de modelos matemáticos de simulación.
  • Experiencia en Phyton, R, Matlab, Simulink, C e C++ así como noutras ferramentas matemáticas e linguaxes de programación que poidan ser utilizados en contornas de análises de datos.
  • Coñecementos de machine learning, DNNs para computer vision, intelixencia artificial.
  • Coñecementos de inglés, outros idiomas.
  • Cursos de especialización nas temáticas mencionadas.
  • Capacidade de comunicación e interacción con clientes.
  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de integración en equipos multidisciplinares.

Se tes ganas e crees que encaixas no que necesitamos, por favor, ponche en contacto connosco enviándonos o teu C.V. a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

18.- Contrato no proxecto “ Modelización e Optimización de redes de transporte de Gas”
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.
RESPONSABLE: Prof. Dr. Alfredo Bermúdez de Castro e Prof. Dr. Anxo González Rueda. PERFÍS DOS CANDIDATOS: Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Graduados/ as, e Másteres relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster.
    • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa ou similar).
    • Coñecemento e experiencia previa en técnicas de programación matemática e optimización: en particular, programación lineal e enteira, programación non lineal e programación estocástica.
    • Coñecemento e experiencia previa na modelización e optimización de redes de transporte de gas.
    • Coñecemento de linguaxes de programación: en particular, Python e FORTRAN.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia nalgúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:
    • Linguaxes de modelado algebraico de problemas de optimización: en particular, AMPL e Pyomo.
    • Experiencia na modelización de problemas de programación lineal en Python utilizando APIs de solvers lineais ( Gurobi, Cplex, Google OR- Tools, ...).
    • Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de simulación e optimización matemática.
  • Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).

Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 15 de abril de 2019 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster, Doutoramento; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-07/2019. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.
MÁIS INFORMACIÓN: http://www.itmati.com/oferta-de-empleo-itmati-ot-072019un-contrato-como-investigadora-para-proyecto-%E2%80%9Cmodelizaci%C3%B3n-y-optimi

Novas da SGAPEIO, 28 de marzo 2019

1.- Ampliación do prazo de inscrición de traballo nos IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos ata o 7 de abril e modificación do resto de datas
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 18 de marzo ata o 7 de abril de 2019.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 8 ata o 26 de abril de 2019.
  • Do 20 ao 26 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios. 

Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

3.- Número 51 do INFORMEST
Descrición: Infórmase que o número 51 da revista INFORMEST, publicada pola SGAPEIO, está á disposición dos socios na dirección
https://sgapeio.es/INFORMEST/Informest51.pdf
contando coas habituais seccións de Colaboración, Software, Actividades da SGAPEIO, Novas do IGE, Traballos de Estatística e IO, Coñecéndonos, e Sabías que?

4.- Curso Ciencia de datos (Data science), aplicacións en bioloxía e en medicina con Python e R (2018-2019)

  • Tipo de curso: Curso Superior Universitario (Título Universitat Barcelona).
  • Dirección: Monleón Getino, Antonio.
  • Número de créditos: 9,00 .
  • Duración en anos académicos: 1.
  • Modalidade: Presencial.
  • Centro impulsor: Facultade de Bioloxía.
  • Prácticas en empresas: Non.
  • Importe da matrícula: 750,00 €. Aplícase un incremento do 10% ao importe, ata un máximo 70 €, en concepto de taxa administrativa.
  • Data inicial da docencia: 25/4/2019.
  • Data inicial de preinscrición: 1/4/2019.
  • Data final de preinscrición: 19/4/2019.
  • Institución ou contacto: Facultat de Biologia.
  • Dirección: Avda Diagonal 643 08028, Barcelona, España.
  • Dirección electrónica: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Páxina web: https://www.researchgate.net/profile/Antonio_Monleon-Getino

5.- Concurso de visualización de datos en R
Descrición: O ISPA, desde a súa Plataforma de Bioestadística y Epidemiología, patrocina un concurso de visualización de datos en R co galo de promocionar o uso desta ferramenta. O concurso está organizado polo Grupo de usuarios de R, formado tras a primeira edición do curso “Los Miércoles con R“. O prazo de recepción de proxectos está aberto ata o 30 de abril de 2019 e o premio para o gañador é de 300€.
Máis información: https://rusersasturias.github.io/contest/bases/2019/02/12/baseses.html

6.- Segundo anuncio do ECAS2019: Statistical Analysis for Space-Time Data, Lisbon, 15-17 July 2019
15 de xullo de 2019 – 17 de xullo de 2019
Lisboa, Portugal
Descrición: Os Cursos europeos en Estatística Avanzada (ECAS) procuran proporcionar unha formación de posgrao en áreas especiais da estatística, estando dirixidos tanto a investigadores, profesionais, profesores universitarios e a estudantes universitarios. En especial, este curso está organizado pola Sociedade Estatística portuguesa (SPE) e a Sociedade española de Estatística e Investigación Operativa (SEIO). O ECAS2019 terá lugar en Lisboa, Portugal, entre o 15 e o 17 xullo de 2019. É unha oportunidade única para asistir a catro cursos impartidos por expertos de contrastado prestixio en análise de datos espacio temporais. Igualmente, anímase aos participantes a presentaren os seus propios traballos en formato póster.
Ponentes:

  • Adrian Baddely (Curtin University, Australia).
  • Patrick Marron (Toronto University, Canadá).
  • Liliane Bel (AgroParisTech, Francia).
  • Haavard Rue (Universidad de Ciencia y Tecnología Rey Abdalá, Arabia Saudí). 

Datas importantes:

  • Data límite de admisión de resumos: 26 abril de 2019
  • Notificación de aceptación: 24 maio 2019
  • Inscrición temperá: 31 maio 2019
  • Data límite de inscrición: 21 xuño 2019


Máis información: https://ecas2019.math.tecnico.ulisboa.pt/

7.- 5th International Workshop on Functional and Operatorial Statistics IWFOS 2020
24 de xuño de 2020 – 26 de xuño de 2020
Brno, República Checa
Descrición: Tendo en conta o éxito das xa catro previas edicións que tiveron lugar en Toulouse (Francia, 2008), Santander (España, 2011), Stresa (Italia, 2014) e A Coruña (España, 2017), prácenos anunciar que o próximo "5th International Workshop on Functional and Operatorial Statistics IWFOS 2020" terá lugar en Brno (República Checa), do 24 ao 26 de xuño de 2020.
O Congreso cubrirá todos os temas relacionados coa estatística para datos de dimensión infinita, como:

  • Modelización estatística para variables funcionais.
  • Análise de datos funcionais.
  • Operator-based statistics.

Todas as contribucións en estatística de alta dimensión son benvidas.
Relatorios confirmados:

  • Gérard Biau (Sorbonne Université, Francia).
  • Eduardo García- Portugués (Universidad Carlos III de Madrid, España).
  • Lajos Horváth (University of Utah, EE.UU.).
  • Roberto Imbuzeiro Oliveira (IMPA, Brasil).
  • Dominik Liebl (Rheinische Friedrich Wilhelms, Universität Bonn, Alemaña).
  • Regina Y. Liu (Rutgers, EE.UU.).
  • Stanislav Nagy (Univerzita Karlova, República Checa).
  • Piercesare Secchi (Politecnico di Milano, Italia).
  • Yoav Zemel (Universität Göttingen, Alemaña).

Programa preliminar: Durante 3 días, celebraranse 10 charlas convidadas, 30 charlas de sesión e diversas sesión de pósteres.
Publicacións: As comunicacións curtas aceptadas despois de un proceso de revisión, serán publicadas nun volumen de proceedings. Os artigos completos poderán ser publicados nun número especial dunha revista internacional (a especificarse).
Contacto: Ivana Horová, Masaryk Univerzita, Facultade de Ciencia, Departamento de Matemáticas e Estatística, Kotlářská 2, 611 37 Brno, República Checa, correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Máis información: https://iwfos2020.sci.muni.cz

8- I Congreso y II Jornadas de Big Data & Matemáticas
20 de maio de 2019 – 21 de maio de 2019
Madrid, España
Descrición:
Convidámosvos a participar no I Congreso y II Jornadas de Big Data & Matemáticas que se celebrará en Madrid o próximo mes de maio, os días 20 e 21. Podes participar como relator e terás a oportunidade de publicar nas revistas indexadas ofrecidas no congreso. O envío de comunicacións realízase enchendo o formulario da url:
https://sites.google.com/view/bigdataymatematicas/congreso-ii-jornadas/comunicaciones
Tamén podes inscribirte como asistente xa que contaremos coa presenza de investigadores de gran prestixio no ámbito académico e de profesionais moi recoñecidos na empresa, que nos achegarán a análise de datos e as matemáticas ás diferentes áreas de coñecemento nas que actualmente as aplican.
A inscrición ao congreso é completamente gratuíta e podes realizala no seguinte link:
https://sites.google.com/view/bigdataymatematicas/congreso-ii-xornadas/inscripci%C3%B3n

9.- XXXVIII Congreso Nacional de Estadística e Investigación Operativa. XII Jornadas de Estadística Pública
3 de setembro de 2019 – 6 de setembro de 2019
Alcoi, España
Descrición: A Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) anima a todos os interesados a participar no Congreso SEIO 2019 que se celebrará en Alcoi, do 3 ao 6 de setembro de 2019. Os comités científico e organizador están a preparar un interesante programa social e un programa científico de enorme calidade para o congreso.
Conferencias plenarias:

  • Para a conferencia plenaria en Estatística (Conferencia Sixto Ríos), contamos con Daniel Pena Sánchez de Rivera do Departamento de Estadística e Instituto de Big Data Financiero, da Universidad Carlos III de Madrid, que impartirá a charla "Ciencia de Datos, Big Data y Estadística".
  • Para a conferencia plenaria en Investigación Operativa temos a Ana Paula Barbosa-Póvoa, do CEG-Instituto Superior Técnico (IST) da Universidade de Lisboa, que falará dos retos e perspectivas das cadeas de suministro sostibles, "Challenges and Perspectives in Sustainable Supply Chain". 

Datas:
A data límite para o envío de traballos é o 1 de abril de 2019.
Os prazos de inscrición son os seguintes: tarifa superreducida ata o 6 de maio de 2019, tarifa reducida do 7 de maio ao 14 de xuño de 2019, e tarifa normal do 15 de xuño ao 16 de agosto de 2019.
Pre-inscripción:
Para poder inscribirse ao congreso, enviar traballos e acceder ao menú de aloxamento é necesario pre-inscribirse. Unha vez realizada esta pre-inscrición xa é posible o envío de traballos e o rexistro no congreso.
Envío de traballos e propostas de sesións convidadas:
Unha vez pre-inscrito pódese entrar na área privada co usuario e o contrasinal. No menú de área privada aparecen as ligazóns para o envío de traballos (presentacións orais e pósteres) así como propostas de sesións convidadas.
Máis información: https://seio2019.com/es/

10.- 19th annual conference of the European Network for Business and Industrial Statistics (ENBIS19)
2 de setembro de 2019 – 4 de setembro de 2019
Madrid, España
Descrición: O 19th annual conference of the European Network for Business and Industrial Statistics (ENBIS19) terá lugar en Budapest, organizado polo Departmento de Probabilidade Teoria e Estadística da Eötvös Loránd University, entre o 2 e o 4 de setembro de 2019. A data límite de recepción de resumos é o 29 de abril.
Máis información:
https://enbis.org/activities/events/current/613_ENBIS_19_in_Budapest//index?_ts=30968

11.- Praza Profesor Contratado Interino en Estatística e IO na Universidad de La Rioja
Descrición: Saíu a concurso unha praza de Profesor Contratado Interino a tempo completo en Estatística e Investigación Operativa na Universidad de la Rioja. É unha moi boa oportunidade para titulados (preferiblemente en Matemáticas ou Estatística) que queiran facer carreira académica no ámbito da Estatística e/ou a Investigación Operativa.
Convocatoria: https://www.unirioja.es/servicios/sgpr/np_pdi/laboral/2019_20/index.shtml, praza 52.
O prazo de solicitude finaliza o 11 de abril de 2019.
Os interesados poden contactar con Manuel Higueras (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), para calquera tipo de dúbida.

12.- Catro prazas para realizar o Doutoramento en Enxeñería Matemática na UC3M
Descrición: O Departamento de Estatística da UC3M ven de convocar catro prazas de Persoal Investigador Pre-doutoral para a realización do Doutoramento en Enxeñería Matemática, comezando en setembro de 2019.
O prazo de solicitude está aberto ata o 9 de abril (inclusive).
Como requisito para solicitar esta convocatoria débese contar coa admisión ou pre-admisión ao programa de Doutoramento en Enxeñería Matemática. Dita solicitude débese realizar seguindo as indicacións do Programa de Doutoramento dispoñibles en:
https://www.uc3m.es/ss/Satellite/Doctorado/es/Detalle/Estudio_C/1371210598560/1371210298470/Ingenieria_Matematica. Este trámite require un tempo, polo que aqueles interesado deben comezar o trámite o máis axiña posible.
Todos aqueles que desexen propoñer candidatos para a realización do Doutoramento deberán indicar ao candidato que siga os pasos anteriores, imprescindibles para poder ser admitido na citada convocatoria e optar a un dos contratos ofertados.
Máis información:
http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/inicio/universidad/empleo_universidad/personal_docente_e_investigador/pif

Novas da SGAPEIO, 14 de marzo 2019

1.- Aberta a IX Convocatoria do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 18 ata o 31 de marzo de 2019.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 1 ata o 14 de abril de 2019.
  • Do 13 ao 19 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.

Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Primeira edición dos premios Isabel Zendal de promoción do pensamento crítico en educación secundaria e bacharelato
Descrición: A Universidade da Coruña como actividade de extensión universitaria, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Campus Innova, e en colaboración co Círculo Escéptico, coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica, convocan a I edición dos premios ISABEL ZENDAL.
Obxecto do concurso: O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional como ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre os máis novos, albo en moitas ocasións do engano, a manipulación e a difusión de noticias e crenzas falsas. O xénero literario será o artigo periodístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas.
Requisitos das persoas participantes: Poderá participar o alumnado escolarizado en centros educativos españois entre 1º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato. Establécense dúas categorías de participación: (i) categoría A, para o alumnado de 1º a 3º de educación secundaria obrigatoria e FP básica; (ii) categoría B, para o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria a 2º de bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio. As persoas participantes deberán entregar traballos individuais totalmente inéditos. Os textos poderán estar escritos en galego ou en castelán.

Criterios para conceder os premios: Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de dúas obras que deberán ser orixinais e inéditas. Valorarase a creatividade, orixinalidade, adecuación aos valores do pensamento crítico expostos no apartado 1 e a linguaxe utilizada. Os textos non deberán conter ningún tipo de expresión non respectuosa. Os autores terán que ser propietarios dos dereitos do texto e das imaxes, ter dereito á súa explotación e respectar as condicións de uso das licenzas de uso público para evitar posibles reclamacións de terceiros.
Premios: Establécense tres premios por cada modalidade:

  • Primeiro premio: 300 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
  • Segundo premio: 200 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.
  • Terceiro premio: 100 euros e unha colección de libros editados polo Servizo de Publicacións da UDC.

Os gañadores e finalistas autorizan a UDC e o Círculo Escéptico para dispor dos dereitos de reprodución e divulgación pública e farán constar en todo momento o nome dos autores, o centro de estudos e o nome do profesor ou profesora titor/a do traballo.
A entrega de premios terá lugar no Paraninfo da Universidade nunha data por determinar na segunda quincena de xuño. Os gañadores do primeiro premio de cada categoría e un dos proxenitores, o titor/a legal ou a persoa autorizada por estes serán invitados á cerimonia de entrega. O Círculo Escéptico correrá cos seus gastos de aloxamento, manutención e desprazamento desde calquera punto de España.
Solicitudes: As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/telematic_register). Na solicitude do rexistro deberase incluír o nome completo da persoa participante, o DNI se o tiver, o centro educativo, o profesor ou profesora, o teléfono e correo electrónico de contacto, a localidade de residencia e o arquivo dixital que conteña o traballo. No arquivo que conteña o traballo farase constar o pseudónimo, pero ningún dato que permita identificar a persoa participante.
Formato: Os traballos presentaranse en formato dixital, en formatos odt ou pdf. O documento deberá incluír o título e o texto sen sinatura e baixo un pseudónimo, e a autoría ou fonte dos datos empregados. A extensión do texto será de entre 500 e 1000 palabras para a categoría A e de 1000 a 2000 na categoría B. Cada participante poderá presentar un máximo de 2 traballos.
Prazo de presentación das solicitudes: 10 de maio de 2019 ás 14:00 h. Os nomes das persoas gañadoras e finalistas publicaranse na páxina web da UDC.
Máis información:
https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2019/002133/document?logicalId=2fc411e1-1b93-450c-abf7-a04e71580048&documentCsv=TQS0GE48N3ESDSS3RL1FDOI2

3.- Premio Math-in|Repsol a teses de doutoramento
Descrición: A Red Española Matemática-Industria (Math-in) e Repsol comprácense en anunciar a primeira edición do Premio Math-in|Repsol para distinguir unha tese de doutoramento de carácter excepcional. O premio entregarase ao abeiro do próximo congreso CTMI 2019, que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 22 e o 24 de xullo. Para a súa concesión, terase en conta a novidade do proxecto, a tecnoloxía xerada no seu traballo, o desenvolvemento e uso de ferramentas matemáticas novas, así como os beneficios obtidos pola empresa. Terán prioridade aqueles traballos que se desenvolvan no sector da enerxía.
Solicitudes: As solicitudes terán que ser enviadas á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., co título MATH-IN AWARDS: PhD MATH-IN AWARDS_ 2019, antes do 30 de marzo de 2019.

Premio: O premio inclúe un Certificado de Premio, un premio monetario de 1,500 € e o custo da inscrición no congreso. Tamén inclúe unha invitación para realizar unha estancia no edificio de I+D de Repsol en Móstoles (Madrid) durante tres meses, incluíndo a axuda correspondente para manutención.
Máis información:
http://www.itmati.com/ctmi2019/sites/itmati.com.ctmi2019/files/AwardsCallmath-in_Repsol2019.pdf

4.- Inscrición aberta no Mestrado Europeo en Saúde Pública
Descrición: O Mestrado Europeo en Saúde Pública EUROPUBHEALTH+ ofrece unha interesante oportunidade de formación en Saúde Pública, incluíndo campos como a bioestatística. Europubhealth+ é un Máster Erasmus Mundus de titulación conxunta impartido por seis universidades europeas.
Requisitos: licenciatura (ou un equivalente recoñecido) en medicina ou ciencias da saúde (medicina, enfermería, farmacia, veterinaria, bioloxía), ciencias sociais (socioloxía, economía, psicoloxía, antropoloxía, xeografía, dereito, ciencias políticas) ou enxeñaría.
Presentación de solicitudes: antes do 7 de maio de 2019.
Máis información: www.europubhealth.org.

5.- Curso de control estatístico da calidade
Descrición: Ata o 25 de marzo está aberta a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo “Control Estatístico da Calidade con R”. O curso, totalmente non presencial, comeza o 1 de abril de 2019 e durará un mes, cunha dedicación media aproximada dunha hora diaria en horario libre, e está dirixido a enxeñeiros, profesionais do control da calidade, estatísticos, e persoas interesadas no programa R ou no control de calidade. Importe da matrícula 125 euros (parados/estudantes 90 euros).
O programa estatístico “ R” é completamente gratuíto e pódese instalar en calquera computador e sistema operativo. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada con R Project, e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades; actualmente R é o programa estatístico máis potente e versátil, con moita diferenza sobre calquera outro. As técnicas de control de calidade utilizan xeralmente gráficos, e R é tamén o programa estatístico con maior potencia de gráficos.
Este curso inclúe unha breve introdución ao programa R (instalación e primeiros pasos) e as técnicas estatísticas de control da calidade máis utilizadas (Metodoloxía 6 Sigma. Diagramas de Ishikawa e de Pareto. Mostraxe de aceptación. Deseño de plans de mostraxe simples e complexos. O erro de medida, MSA tipo I e tipo II. Índices de capacidade de proceso. Gráficos de control de Shewhart. CUSUM. EWMA. Deseños factoriais. Deseños de mesturas. Deseños Taguchi), con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. Non é imprescindible ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno.
O curso é eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. O alumno pode elixir o día e hora de acceso aos materiais docentes, debendo unicamente cumprir cos prazos de envío de informes de prácticas e cuestionarios de avaliación.
Máis información e inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/3452

6.- Escola de Verán en Estatística Avanzada e Minería de Datos da UPM
24 de xuño de 2019 – 5 de xullo de 2019
Boadilla del Monte, España
Descrición: A Universidad Politécnica de Madrid (UPM) organiza novamente a Escola de Verán en Estatística Avanzada e Minería de Datos. Levarase a cabo en Boadilla del Monte, preto de Madrid, desde o 24 de xuño ao 5 de xullo. Este ano a edición comprende 12 cursos longos (15 horas cada un), impartidos durante dúas semanas (seis cursos cada semana). Os interesados poden rexistrarse en cada curso de xeito independente.
Máis información: http://www.dia.fi.upm.es/ASDM

7.- The International Conference on Computational Finance 2019
8 de xullo de 2019 – 12 de xullo de 2019
A Coruña, España
Descrición: The International Conference on Computational Finance 2019 (ICCF2019) é un congreso internacional organizado pola Universidade da Coruña, sendo o terceiro dunha serie bianual de congresos enfocados no sector das Finanzas Computacionais e impulsadas polo consorcio do proxecto europeo FP 7 Marie Curie ITN STRIKE- Novel Methods in Computational Finance 2013-2016. As edicións anteriores tiveron lugar en 2015 na University of Greenwich e 2017 na Universidade de Lisboa. O ICCF2019 céntrase na investigación e as aplicacións das matemáticas financeiras e computacionais, de feito preténdese dar un marco para o comezo e desnvolvemento de colaboracións entre a academia e o sector financeiro, sendo por tanto benvidos todos os académicos e profesionais da industria e das finanzas.
Máis información: http://iccf2019.udc.es/

8- IV Xornadas Científicas de Estudantes da Sociedad Española de Biometría
5 de setembro de 2019 – 6 de setembro de 2019
Albacete, España
Descrición: As IV Xornadas Científicas de Estudantes da Sociedad Española de Biometría (SEB), celebraranse na Escola Politécnica Superior do Campus de Albacete da Universidade de Castela-A Mancha os días 5 e 6 de setembro de 2019. Desde o 19 de Febreiro e ata o 24 de Xuño é posible enviar resumos para asistir ás Xornadas. Para iso, só hai que descargar o modelo dispoñible na páxina web das Xornadas (http://www.biometricsociety.net/iv-jseb), incluír o resumo do traballo que se quere presentar e envialo por correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) especificando se se prefire unha presentación oral ou en formato póster. Se es membro estudante da SEB, lembra que a asistencia as Xornadas é totalmente gratuíta.
Máis información: http://www.biometricsociety.net/iv-jseb/

9.- Contrato de postdoutoramento na Universidade de Navarra
Descrición: A Universidade Pública de Navarra oferta contratos de postdoutoramento dentro da convocatoria 2019 de axudas para a Captación de Talento adscritas aos Institutos de Investigación. Estas axudas teñen como finalidade reforzar e consolidar a actividade investigadora dos Institutos de Investigación Están dirixidas a investigadores con experiencia de postdoutoramento acreditada de, polo menos, dous anos.
En concreto ofértanse dúas axudas de postdoutoramento adscritas ao Instituto INAMAT (www.unavarra.es/inamat) aliñadas coas tres principais liñas de investigación do Instituto:

  • Materiais intelixentes e recubrimientos funcionais.
  • Aplicacións de nanotecnoloxía e caracterización de materiais.
  • Ciencia de datos e modelado matemático

Condicións:

  • A duración dos contratos será de dous anos.
  • A dotación do contrato será de 31.200 euros brutos anuais que corresponden a 12 mensualidades de 2.600 euros brutos (desta dotación mensual deducirase a cota de cotización obrigatoria). Ademais proporcionarase unha bolsa económica máxima de 7.350 euros para o financiamento de viaxes a conferencias/congresos de investigación que teñan como fin a divulgación das súas actividades e compra de material inventariable e funxible.


Contacto: Lola Ugarte, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Páxina 10 de 50

  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.