- Detalles
- Categoría: Uncategorised
En cada partida Xacobe gaña (G) ou perde (P), e o resultado de Alén é o contrario. Excluindo os empates, no conxunto das tres partidas hai oito combinacións posibles (PPP, PPG, PGP, PGG, GPP, GPG, GGP, GGG), das cales tres teñen duas victorias consecutivas de Xacobe: PGG, GGP, e GGG, e outras tres teñen dúas victorias consecutivas de Alén (perdas consecutivas de Xacobe): PPP, PPG, GPP. As outras dúas non contan, xa que non teñen duas victorias consecutivas: PGP, GPG. A probabilidade P(G)=0,6 na primeira e terceira, e P(G)=0,4 na segunda, e P(P) = 1-P(G).
Gaña Xacobe (PGG, GGP, e GGG): 0.4*0.4*0.6 + 0.6*0.4*0.4 + 0.6*0.4*0.6 = 0,336
Gaña Alén (PPP, PPG, GPP): 0.6*0.6*0.4 + 0.4*0.6*0.6 + 0.4*0.6*0.4 = 0,384
Alén gaña cunha probabilidade maior, e polo tanto non hai moita xenerosidade no seu razoamento. Excluindo o empate ou ausencia de duas victorias consecutivas (o que levaría a repetir as tres partidas do xogo), a probabilidade de que gañe Alén é 8/15, e a de que gañe Xacobe 7/15.
Parece contradictorio que teña vantaxe o que empeza unha vez e non o que empeza dúas, cando empezar asegura unha probabilidade maior de gañar a partida; o que ocorre e que para gañar dúas consecutivas entre tres é necesario gañar forzosamente a segunda partida. A vantaxe na saída da segunda compensa sobradamente a desvantaxe na saída da primeira e máis a terceira.
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
| Nome | Cargo |
| D. Juan José Vidal Puga | Presidente |
| Dª. Marta Sestelo Pérez | Vicepresidenta de estatística |
| Dª. Laura Davila Pena | Vicepresidenta de investigación de operacións |
| Dª. Leticia Lorenzo Picado | Secretaria Xeral |
| Dª. Paula Blanco Mosquera | Vogal |
| Dª. María Esther Calvo Ocampo | Vogal |
| Dª. María Erika Francesch Domenech | Vogal |
| D. Fabio José González Eiras | Vogal |
| Dª. Ana López Cheda | Vogal |
| D. Manuel Oviedo de la Fuente | Vogal |
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
|
XV INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
O presente libro recolle todos os traballos premiados, finalistas con mención e os finalistas con mención especiais presentados ao XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. |
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
O actual Consello Executivo da SGAPEIO, que se constituíu en Asemblea Xeral celebrada en Santiago de Compostela o 4 de novembro de 2021, cumpre proximamente 4 anos, que é o período máximo de mandato establecido nos estatutos da Sociedade. En cumprimento destes estatutos, a SGAPEIO convoca eleccións para a renovación do Consello Executivo a celebrar na vindeira Asemblea Xeral da Sociedade, que terá lugar en Ourense no marco do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. Por esta razón, a SGAPEIO abre un prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Executivo dende o 12 ata o 21 de setembro de 2025, ámbolos dous incluídos.
As persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe, ou o modelo que se pode descargar na seguinte ligazón, á SGAPEIO (
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
O XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións celebrarase do 23 ao 25 de outubro de 2025 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense (UVigo), organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a SGAPEIO.
O prazo de inscrición e envío de traballos ábrese o 6 de xullo, con tres tipos de matrícula: súper reducida (ata o 12 de setembro), reducida (ata o 12 de outubro) e normal (a partir do 12 de outubro). As propostas de comunicación poderán presentarse ata o 12 de setembro a través da web do congreso.
A programación inclúe varias xornadas destacadas, como a II Xornada de Innovación Docente (en colaboración con AGAPEMA), a sesión Galicia–Portugal de Biometría e unha xornada sobre Estatística na Agricultura e o Medioambiente. A conferencia plenaria será impartida pola profesora e divulgadora Anabel Forte.
Tamén están convocados o premio á mellor comunicación de investigador/a novo/a (500 €) e o concurso de pósteres do Máster en Técnicas Estatísticas (MTE).
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es,


