XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Formación Profesional Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Bases Díptico

Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024-2025) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor/a do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
 
Datas importantes:
  • Inscrición de traballos: desde o 24 de marzo ata o 7 de abril de 2025.
  • Entrega dos traballos finalizados: desde o 24 de marzo ata o 11 de abril de 2025.
  • Fallo do xurado: do 19 ao 23 de maio de 2025.

Formulario de inscrición (aberto do 24 de marzo ao 7 de abril)

Vídeo promocional:

 

XURADO | TRABALLOS GAÑADORES | FINALISTAS | MENCIÓNS ESPECIAIS | ENTREGA DE PREMIOS | VÍDEOSACTA

Xurado
O xurado do XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos estivo composto por:

Presidente: Javier Tarrío Saavedra. SGAPEIO

Secretaria: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. SGAPEIO
 
Vocais:
- Juan José Vidal Puga. SGAPEIO – Representante de CITMAGa
- Esther Calvo Ocampo. Instituto Galego de Estatística
- Matilde Ríos Fachal. CPI Cruz do Sar
 
Traballos gañadores
1º e 2º da ESO: 

Título:Contade con nós”.

Autores: Anxo Amigo González, Martiño Amigo González, Juan Ferreirós Estevez, Brais Suárez Varela.

Titoras: Trinidad Pazos Celis, Ana María Rodríguez Sánchez.

Centro: IES de Cacheiras. Teo.


3º e 4º da ESO:

Título: Oncovida. Números que contan historias".

Autora: Alba Lorenzo García.

Titora: María Teresa Rey Rey.

Centro: Aula Hospitalaria CHUS. Santiago de Compostela.


Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

Título:El lado oscuro de la miel”.

Autoras/es: Laura González Álvarez, Samuel González Álvarez, Pablo Ramos Costa, Samuel Sánchez Cruz.

Titora: María del Pilar Fernández Corbal.

Centro: CPR. Divina Pastora Franciscanas. Ourense.

Finalistas

1º e 2º da ESO:

Título:Venía a por pan y me llevé medio supermercado”.

Autores: Diego Barato Bautista, Martín Varela Da Cunha, Noel Serantes Abal, Gabriel Gil Rodríguez.

Titora: Pilar Rodríguez López.

Centro: CPR Divina Pastora Franciscanas. Ourense..


3º e 4º da ESO:

Título:Un viaje a través del aceite”.

Autores/as: Héctor Campos Martínez, Rocío Barros Rodríguez, Alex Silva Maceira, Saad Adin Ziloul Mellouki.

Titoras: Mariña López Yunta e María Estrella Rial Pan.

Centro: IES Ribeira do Louro. Porriño.

Título:Efecto Magnus”.

Autores/as: Antía Casas Barros, Mateo Rodríguez Domínguez, Brais Rodríguez Valoría, Antía Sousa Cerqueira.

Titoras: Mariña López Yunta e María Estrella Rial Pan.

Centro: IES Ribeira do Louro. Porriño.


Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

Título:Todas as persoas que son felices son conscientes de que o son?”.

Autores/as: Carlos Miguel Hermida Blanco, Audrey Noguera Alonso, Sara Rodríguez Alén, Carolina Zabaleta Flórez.

Titora: Ana Belén Álvarez Álvarez.

Centro: IES As Lagoas. Ourense.

Mencións especiais
1º e 2º da ESO:

Título:IA Machista”.

Autoras: Antía Garriga Fernández, Sheila Prieto Lloves, Sara Ramos Costa, Daniela López Rodríguez.

Titora: María del Pilar Fernández Corbal.

Centro: CPR Divina Pastora Franciscanas. Ourense.


3º e 4º da ESO:

Título:Algoritmo emocional”.

Autores/as: Aarón Fernández López, Rosa Parks Milanés, Verónica Pastoriza Herrera, Laura Vázquez Ricoy.

Titora: María Teresa Rey Rey.

Centro: Aula Hospitalaria CHUS. Santiago de Compostela.

Título: Non me quito isto da cabeza”.

Autores/as: Alonso Amenedo Pérez, Noa Amenedo López, Diego Criado Guinaldo, Inés Fernández Fontenla, Rebeca Requejo Ageitos.

Titores: Miguel Poncela Castelo e Fabio José González Eiras.

Centro: IES de Mugardos. Mugardos.


Bacharelato e Ciclos formativos:

Título:¿Están de moda nuestras curvas?”.

Autoras: Carlota Lucía Yáñez Porto, Antía Pinaque Vigo, Marta Prego Castro.

Titora: Paula Blanco Mosquera.

Centro: IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela.

Ademais, o xurado decide dar unha mención especial ao traballo da categoria B:

Título: “Programa de seguimento de lixos mariños nas praias de Cangas”.

Autora: Silvia Calvar Bamio.

Titor: Joaquín Álvarez Garcia.

Centro: CPR Compañía de María. Cangas.

Acto de entrega de premios (programa)
O acto de entrega de premios celebrarase na  Aula Magna da Facultade de Matemáticas o día 7 de Xuño de 2024 ás 9:30 horas. O programa da xornada será:
  • 9:30h - 9:45h. Acto de benvida.
  • 9:45h - 9:55h. Presentación do traballo finalista de 1º e 2º da ESO "Venía a por pan y me llevé medio supermercado"
  • 10:00h - 10:10h. Presentación do traballo finalista de 1º e 2º da ESO "Contade con nós"
  • 10:15h - 10:25h. Presentación do traballo finalista de 3º e 4º da ESO e FP Básica "Oncovida. Números que contan historias"
  • 10:30h - 10:40h. Presentación do traballo finalista de 3º e 4º da ESO e FP Básica "Un viaje a través del aceite"
  • 10:45h - 10:55h. Presentación do traballo finalista de 3º e 4º da ESO e FP Básica "Efecto Magnus"
  • 11:00h - 11:10h. Presentación do traballo finalista de Bacharelato e Ciclos Formativos "El lado oscuro dela miel"
  • 11:15h - 11:25h. Presentación do traballo finalista de Bacharelato e Ciclos Formativos "Todas as persoas que son felices son conscientes de que o son?"
  • 11:30h - 12:30h. Pausa e deliberación do xurado.
  • 12:30h - 13:30h. Lectura da acta do xurado do concurso e entrega de premios e diplomas.
Vídeos

 Colaboradores principais

Coladoradores


 

Colaboradores principais

Coladoradores

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates