Pai Fillo Nai

Xacobe, esta semana sacas ti os cans a pasear?. Non, Alén. Decidirémolo xogando tres partidas de pai fillo nai (ese xogo que tamén se chama tres en raia); o que gañe dúas consecutivas queda liberado, e o outro saca os cans. Os empates non contan, cada partida se repite ata que hai un gañador, e se non hai dúas vitorias consecutivas entre as tres partidas volvemos a empezar.

Paréceme ben. Penso que nós os dous temos o mesmo nivel, gañamos cada un aproximadamente a metade das partidas que xogamos, pero ti sabes que neste xogo o que empeza ten vantaxe (gaña con probabilidade 0,6 en troques de 0,5), e se xogamos tres partidas alternando a saída, un de nós vai ter vantaxe empezando dúas veces, mentres o outro só empeza unha vez. Non obstante hoxe síntome xeneroso, Xacobe, así que deixarei que ti empeces a primeira e a terceira, e eu empezarei a segunda.

Realmente é xeneroso Alén ou hai algunha trampa no seu razoamento?

Solución

2026  SGAPEIO   globbers joomla templates

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos