Novas da SGAPEIO 27 de febreiro 2015

1.- V Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberta a convocatoria da V Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O período de inscrición no concurso é do 1 ao 15 de abril de 2015.
Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es.

2.- Olimpíada Matemática Galega 2015
Está aberta a convocatoria da Olimpíada Matemática Galega 2015 de 2º da ESO, un evento internacional organizado por AGAPEMA e dirixido á procura dun ensino das Matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión. Este ano, a fase final terá lugar na cidade de Lugo.
As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:
- Inscrición dos centros: 26 de febreiro
- Inscrición do alumnado: 26 de marzo
- Fase de zona: 23 de abril
- Fase final galega: 21 de maio
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/153

3.- Seminario na Universidade de Vigo
O día 17 de marzo de 2015, ás 13:00 h, terá lugar o seguinte seminario no Salón de Graos da Facultade de Económicas de Vigo:
- Title: Some step-up procedures that control the false discovery rate for discrete tests.
- Speaker: Sebastian Doehler, Darmstadt University of Applied Sciences.
- Abstract: In many multiple testing problems control of the false discovery rate is desired. In this talk we develop some step-up procedures that control the false discovery rate under arbitrary dependence of the p-values. When the test statistics are discrete, these new procedures can provide improvements over classical procedures like the Benjamini-Yekutieli procedure by incorporating discreteness in a straightforward way. We illustrate these new procedures with an application to pharmacovigilance data.
Organiza: Grupo SiDOR (http://sidor.uvigo.es)

4.- III Congreso de Jóvenes Investigadores RSME
Do 7 ao 11 setembro de 2015 terá lugar en Murcia o Terceiro Congreso de Novos Investigadores (3CJI 2015) da RSME. Trátase da terceira edición deste congreso consolidado da RSME, despois das exitosas edicións previas que tiveron lugar en Soria en 2011 e en Sevilla en 2013.
Datas importantes:
- Inscrición temprana: 31 de maio de 2015
- Envío de comunicacións: 30 de abril de 2015
Máis información: http://www.um.es/jovenesrsme2015/index.php

5.- Axudas do programa ComFuturo
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación General CSIC (FGCSIC) presentaron a primeira convocatoria de axudas do Programa ComFuturo, unha iniciativa de colaboración público-privada que pretende dar resposta ao desemprego de científicos novos altamente cualificados, captando o mellor talento investigador e facendo posible que desenvolva proxectos de alcance en centros do CSIC.
Concédense axudas para trece proxectos, cinco para liñas de investigación específicas e oito de temática xeral, aberta a dez áreas de coñecemento, unha das cales é Matemáticas, Física e Tecnoloxías Químicas.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2015, ás 23:00 horas.
Máis información: http://www.comfuturo.es/

6.- Bolsas do Instituto de Estudios Fiscales
O Instituto de Estudios Fiscales convoca 12 bolsas de formación para titulados universitarios de cinco áreas de coñecemento:
A. Área de Economía e Facenda Pública (cinco bolsas): Graduados ou Licenciados en Economía, Administración e Dirección de Empresas ou Socioloxía.
B. Área de Dereito Financeiro e Tributario (dúas bolsas): Graduados ou Licenciados en Dereito.
C. Área de Estatística (dúas bolsas): Graduados ou Licenciados en materias relativas a Estatística ou Matemáticas.
D. Área de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións (dúas bolsas): Graduados, Licenciados ou Enxeñeiros Superiores relacionados con Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC).
E. Área de Biblioteca e Documentación (unha bolsa): Graduados, Licenciados e/ou Diplomados en Biblioteconomía e Documentación.
Presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2015.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/02/16/pdfs/BOE-A-2015-1540.pdf

7.- Contratos predoutorais no ICMAT
O “Programa Doctoral Internacional la Caixa-Severo Ochoa” no Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) ofrece formación en Matemáticas nun entorno científico internacional do máis alto nivel. Ofrécense dous contratos en 2015. Os candidatos deberán posuír un currículo académico excepcional, un sólido coñecemento de inglés, algunha experiencia previa e as certificacións académicas esixidas pola convocatoria.
Máis información: http://www.icmat.es/lacaixa-predoc-2015

8.- Curso de Estatística avanzada con R para profesionais da saúde
A Universidade de Vigo organiza o curso de formación “Estatística avanzada con R para profesionais da saúde”. O curso é totalmente non presencial para que os titulados deste ámbito poidan seguilo en horario libre e dende calquera lugar de modo compatible coa súa actividade.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados).
- Período de matrícula: do 15 de febreiro ao 10 de marzo de 2015.
- Período de docencia: do 15 de marzo ao 15 de abril de 2015.
O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica (análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial), con datos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas a través de Faitic, a plataforma de tele docencia da Universidade de Vigo.
Este curso ten concedido o recoñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia -Sistema Público de Saúde- como actividade de formación continua para todos os profesionais sanitarios titulados.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2428

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates