Novas da SGAPEIO, 14 de febreiro 2019

1.- Aberta a IX Convocatoria do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 18 ata o 31 de marzo de 2019.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 1 ata o 14 de abril de 2019.
  • Do 13 ao 19 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.

Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Expe(R)iencias temas en las cienCIAS de datos con R: 2ª edición curso 2018-2019. Organizado polo Instituto Flores de Lemus – UC3M
Descrición: Na actualidade numerosas empresas e centros públicos utilizan R como ferramenta de traballo, o que o converte no líder do software libre con aplicación en Ciencias Sociais, Economía, Empresa e na investigación biomédica.
O curso ensina aos alumnos a manexar R e a utilizalo especificamente na resolución de problemas habituais no ámbito empresarial nas distintas áreas: financeira, administrativa, márketing e biomedicina.
O bo uso de R contribuirá a mellorar os seus resultados tanto no uso profesional como nas distintas materias do grao (Matemáticas Financeiras, Economía Financeira, Xestión Financeira, Estatísticas e Biomedicina). En particular, mellorará sen dúbida os informes e análises económicos, financeiros e dos ensaios clínicos da súa carreira profesional. Sen dúbida será unha ferramenta útil na realización do voso TFG.
Dirixido a: Estudantes, investigadores e profesionais de empresas con interese en profundar nas ferramentas de R para a análise de datos.
Máis información: http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/inst_flores_lemus/Rexperiencias

3.- Congreso: III International Workshop on Advances in Functional Data Analysis
23 de maio de 2019 – 24 de maio de 2019
Castro Urdiales, España
Descrición: o 23 ao 24 de maio de 2019 terá lugar no CIEM de Castro Urdiales (Cantabria) o “III International Workshop on Advances in Functional Data Analysis” (III IWAFDA), o cal constituirá o terceiro encontro do grupo de traballo de “Análisis de Datos Funcionales” da SEIO.
Conferenciantes: O conferenciante plenario desta edición é Fabian Scheipl, amplamente coñecido na comunidade por, entre outros, o desenvolvemento dos paquetes R tidyfun e refund. Así mesmo, o workshop conta con sete relatorios convidados de investigadoras/es internacionais e nacionais, amais de catro mini-cursos formativos sobre diferentes temáticas da análise de datos funcionais.
Ámbito: Recoméndase a asistencia a toda aquela persoa interesada no campo de datos funcionais, aínda que non sexa no que desenvolve a súa investigación principal. Desde o comité organizador anímase á comunidade estatística a participar no workshop, ben sexa mediante a proposta de comunicacións orais ou mediante a asistencia. Non é necesario pertencer ao grupo de traballo da SEIO para participar no workshop.

Rexistro: http://www.iwafda3.unican.es/registration.html
Data límite para o envío de contribucións: 01/03/2019.
Máis información: http://www.iwafda3. unican.es.

4.- Congreso: 1st EUROYoung Workshop - Sevilla
2 de maio de 2019 – 3 de maio de 2019
Sevilla, España
Descrición: EUROYoung naceu en 2018 coma unha iniciativa patrocinada pola European Association of Operational Research Societies, EURO. EUROYoung dedicase á organización de eventos científicos para a difusión e docencia da Investigación de Operacións entre os investigadores novos. Entre outros obxectivos da sociedade, inclúense favorecer a colaboración entre estudantes e xoves investigadores, proporcionar ferramentas que axuden ao avance da carreira profesional dos investigadores, promover a colaboración entre os investigadores sénior e júnior, axudando a crear redes para o seu progreso, ademais de favorecer o acceso ao mercado de traballo na academia e na industria.
Características:

  • Inscrición de balde.
  • Aloxamento gratis para os primeiros 48 inscritos.
  • Comidas de balde.
  • Programa de actividades sociais.
  • Charlas invitadas a cargo de Ana Viana (Universidade de Porto) e de Federico Perea (Universidad Politécnica de Valencia).
  • As presentacións orais dos investigadores levaranse a cabo nun ambiente xoven, relaxado e colaborativo.
  • Inclúense sesións tutoriais para a aprendizaxe de técnicas e ferramentas útiles en investigación de Operacións.
  • Oportunidades de ampliar contactos cos investigadores sénior e júnior.

Máis información en: https://euroyoung.github.io/workshop19.html

5.- Congreso: 2nd Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting (SYSORM)
5 de xuño de 2019 – 7de xuño de 2019
El Escorial, España
Descrición: En representación dos Comités Científico e de Organización, anunciase o 2nd Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting (SYSORM), que terá lugar no Escorial, entre o 5 e o 7 de xuño de 2019.
Este evento promocionase pola SEIO, sendo organizado por e para investigadores novos (con menos de tres anos de experiencia de postdoutoramento). O principal obxectivo é dar visibilidade ás novas xeracións de investigadores nos eidos da Estatística e da Investigación de Operacións, creando para elo unha atmosfera que favorecerá o comezo e fortalecemento de redes de colaboración.
Ademais das presentacións realizadas por investigadores novos, programaranse catro charlas plenarias a cargo de investigadores sobranceiros como Immanuel Bomze, Pedro Delicado, Elena Fernández Aréizaga e Richard Samworth.
Datas importantes:

  • 29 de xaneiro: Comezo do proceso de envío de resumos.
  • 1 de marzo: Data límite para o envío de resumos.

Máis información: https://eventos.ucm.es/17713/detail/2nd-spanish-young-statisticians-and-operational-researchers-meeting.html

6.- PI Day: concursos e eventos
Descrición: A RSME, xunto coa Fundación Descubre, a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas, a Sociedade Andaluza de Matemáticas Thales e a Universidad de Granada, organizan o Día π, que se celebrará o próximo 14 de marzo. Este ano organizáronse concursos para alumnado, docentes e divulgadores. O prazo para enviar os traballos finaliza o día 24 de febreiro ás 22:00 (hora española).
Entre todas as actividades preparadas destacan os concursos creativos para estudantes de primaria, ESO, bacharelato ou ciclos superiores, nos que se pode participar desde calquera lugar de España. Os premios do concurso, do que o número π será protagonista, consisten en tabletas dixitais. Hai catro modalidades de concurso, cun gañador ou gañadora por cada unha: cómics, relatos, vídeos e música. A participación poderá ser individual ou por equipos, e o traballo presentarase en formato dixital a través do formulario da páxina web. A inscrición estará aberta ata o 24 de febreiro ás 17:00 (hora de Granada).
Para docentes, convócase o concurso de materiais e recursos didácticos cuxo contido sexa alusivo ao número π. Os materiais e recursos poderán ser de calquera tipo (vídeos, pósteres, presentacións, unidades didácticas, software…); a única condición é que o seu carácter debe ser didáctico e o seu contido debe tratar sobre o número π. Neste apartado poderá participar o profesorado de calquera nivel educativo de calquera centro do ámbito do territorio do estado español. A participación poderá ser a título individual ou en equipo, e unha persoa poderá participar en ata un máximo de dous traballos.
Para divulgadores, preparouse un concurso ao proxecto, material ou recurso máis innovador de divulgación de matemáticas. O material poderá ser de calquera tipo (ciclos de vídeos, exposicións de pósteres, ciclos de charlas e presentacións, software…); a única condición é que o seu carácter sexa divulgativo e o protagonismo das matemáticas. Poderá participar calquera divulgador, a título individual ou en grupo (cun máximo de dúas participacións por persoa), e os materiais entregaranse en formato dixital a través do formulario da páxina web.
Ademais, están a prepararse diversas actividades para o evento que terá lugar en Granada. Por outra banda, convídase a quen queira organizar unha actividade para celebrar o Día de π a que a inscriba no formulario da páxina web para que apareza na axenda oficial do Pi Day España, de modo que máis persoas poidan coñecer a actividade.
Máis información: https://www.rsme.es/2019/02/concursos-del-piday/


7.- Contratos de predoutoramento no Departamento de Económicas do Copenhagen Business School
Descrición: Ofértanse bolsas para a realización de teses de doutoramento no Departamento de Económicas do Copenhagen Business School. Un dos intereses do departamento é a optimización matemática para a ciencia de datos. Prégase a máxima difusión desta convocatoria, da que se pode obter máis información en https://www.cbs.dk/en/about-cbs/jobs-cbs/vacant-positions/phd-scholarships-in-economics, ou a través da dirección de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A data limite para solicitar as devanditas prazas é o 04/04/2019.

8.- Cinco contratos de postdoutoramento no Basque Center for Applied Mathematics
Descrición: Ofértanse os seguintes cinco contratos de postdoutoramento no Basque Center for Applied Mathematics:

  • Problemas inversos usando tecnicas probabilísticas e machine learning.
  • Matemáticas computacionais.
  • Problemas inversos.
  • Estatística aplicada.
  • Intelixencia artificial. 

9.- Prazas de profesor na Universidad Diego Portales de Chile
Descrición: Posicións de tempo completo no Departamento de Administración (Universidade Diego Portales, Facultad de Economía y Empresa). O Departamento de Administración da Facultad de Economía y Empresa da Universidade Diego Portales (Santiago, Chile) busca postulantes para cubrir dous postos de tempo completo de Profesor Asistente e/ou Asociado nalgunha das seguintes áreas:

  • Control de Xestión
  • Sistemas de Información
  • Contabilidade e Custos
  • Análise cuantitativa de datos

Os candidatos deben obter un grao de doutoramento (ou obtelo no primeiro semestre de 2019) na aìrea de Administración de Empresas, Estatística ou Control de Xestión. Espérase que mostren un claro compromiso coa investigación e contribúan activamente ao deseño, á realización e á avaliación de cursos a nivel de pregrao e posgrao. Aínda que o enfoque da praza será a investigación e a docencia, tamén se espera que os candidatos estean dispostos a colaborar nas actividades de xestión e difusión do departamento.
As prazas ofrécense con salarios competitivos no mercado chileno, e asociados ao currículo dos candidatos. Espérase que a/o profesional seleccionada/o se integre na facultade durante o segundo semestre de 2019.
Os candidatos interesados nos postos deben presentar os seguintes documentos:

  • Unha carta de presentación de plan de traballo e obxectivos académicos.
  • Currículo que inclúa información de contacto de tres referencias académicas. Os referentes non serán contactados ata que os candidatos finais sexan preseleccionados.
  • Copias de máximo dous traballos recentes.
  • Unha declaración de experiencia docente, incluídas as avaliacións do curso (en caso de estar dispoñibles).

As postulacións recibiranse ata o 31 de marzo de 2019. Contactar con Claudio Thieme (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) , Director do Departamento de Administración.


10.- Convocatoria dunha praza de profesor de estatística na Universidade complutense
Descrición: Praza publicada no Boletín Oficial da Universidade Complutense (BOUC) do 7 de febreiro de 2019.
Nº de Prazas: 1.
Código Concurso: 0602/AS0/003.
Dedicación: 4 horas lectivas + 4 horas de titorías e asistencia ao alumnado.
Área de Coñecemento: Estatística e Investigación de Operacións.
Departamento: Economía Financeira e Actuarial e Estatística.
Centro: F. de CC Económicas e Empresariais.
Actividade Docente: Estatística Económica e Empresarial, Análise multivariante.
Horario: Mañá.
Observacións: Contrato de interinidade por diminución temporal na capacidade docente do Departamento. Máis información: https://www.ucm.es/convocatorias-pdi/7605
Perfil profesional (non implica requisito de titulación concreta, senón de especialidade): Economía, Matemáticas, Actuarial, Enxeñaría.

11.- OFERTA DE EMPREGO ITMATI-OT-05/2019 Xestor/a de Transferencia e Tradutor/a de Tecnoloxía no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización. REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-05/2019

Título da actividade: “CONSOLIDACIÓN DA UNIDADE DE TRANSFERENCIA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA MATEMÁTICA Á INDUSTRIA”. Esta contratación realízase no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para consolidar a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria do Consorcio Instituto Tecnológico de Matemática Industrial.
Descrición do posto: 1 contrato como Xestor de Transferencia e Tradutor de Tecnoloxía na área de Estatística, Big Data e Optimización para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI.
Responsable: Comisión Executiva de ITMATI.
Perfís dos candidatos: Graduados/ as, Licenciados/ as, Enxeñeiros/ as, Másteres, Doutores/ as, con experiencia previa contrastada en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación relacionada co eido das ciencias experimentais ou a enxeñería, e na execución de proxectos de transferencia no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización.
Méritos e requisitos a valorar:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería, máster. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da estatística e a investigación operativa.
  • Para os doutores no ámbito da Estatística e a Investigación Operativa valorarase a cualificación obtida, e a afinidade da tese de doutoramento con temáticas de innovación industrial ou empresarial.
  • Experiencia previa contrastada na execución e desenvolvemento de proxectos de investigación e/ou transferencia no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización, en particular, que requirisen o desenvolvemento ou uso de paquetes de software.
  • Experiencia previa contrastada en xestión de transferencia de tecnoloxía relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
  • Coñecementos avanzados de inglés.
  • Coñecementos de ferramentas ofimáticas.
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as achegas deben estar documentadas).
  • Coñecemento e experiencia no uso de paquetes de software no ámbito da Estatística, Big Data e Optimización.
  • Coñecementos e experiencia previa en xestión de transferencia de tecnoloxía, innovación, e valorización dos resultados de investigación relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.
  • Experiencia na preparación e redacción de memorias de proxectos de I+D e de transferencia.
  • Experiencia na preparación e redacción de informes científico-técnicos.
  • Coñecementos e experiencia previa en solicitude, xestión, e xustificación de proxectos de I+D+i.

Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos): Os candidatos/as seleccionados/as de acordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para cada candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos aos tres candidatos/ as mellor valorados/ as e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
Requisitos xerais dos candidatos: Para ser admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar os nacionais de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Con todo, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/ s titulación/é válida/ s en España que se indique/ n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

Envío de solicitudes: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 22 de febreiro de 2019 ás 00:00 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado, Doutoramento. As cartas de recomendación, só se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-05/2019. Unha vez recibidas as solicitudes confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.

Máis información: http://www.itmati.com/en/oferta-de-empleo-itmati-ot-052019-gestora-de-transferencia-y-traductora-de-tecnolog%C3%ADa-en-el-%C3%A1mbito-d

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates