ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 28 de febreiro 2019
1.- Aberta a IX Convocatoria do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos
Descrición: A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), ven de convocar o IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Bases: https://sgapeio.es/descargas/formacion/Bases_IX_Incubadora.pdf
Díptico: https://sgapeio.es/descargas/formacion/diptico_IncubadoraIX.pdf
Participantes: Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2018-2019) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 18 ata o 31 de marzo de 2019.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 1 ata o 14 de abril de 2019.
- Do 13 ao 19 de maio de 2019 daranse a coñecer os traballos finalistas e a data do acto de entrega de premios.
Máis información e vídeo promocional en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3162-ix-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos
2.- Premios para traballos fin de mestrado e teses de doutoramento do CTMI 2019
Descrición: A Rede española de Matemáticas para a Industria (math-in) comprácese en anunciar a primeira edición dos premios math-in para distinguir a traballos fin de mestrado e teses de doutoramento de calidade excepcional no eido das matemáticas aplicadas á industria, tamén chamado Matemática Industrial. Estes premios concederanse no marco do Congreso de Tranferencia entre as Matemáticas e a Industria (Conference on Transfer Between Mathematics and Industry, CTMI 2019), que terá lugar en Santiago de Compostela, España, entre o 22 e o 24 de xullo do 2019.
Estes premios (dous na modalidade de tese de doutoramento e dous para traballos fin de mestrado) recoñecerán as contribucións dos candidatos que destaquen segundo os criterios de novidade do proxecto, tecnoloxía xerada no seu traballo, desenvolvemento e uso de ferramentas matemáticas novas, ademais dos posibles beneficios obtidos pola empresa.
Candidatos: Poderá participar toda persoa que presentara o seu traballo fin de mestrado ou a súa tese de doutoramento relacionada cona Matemática Industrial en calquera centro universitario ou organización investigadora da Unión Europea, nos anos 2017 ou 2018.
Solicitudes: Os candidatos para o premio teñen que incluír nas súas solicitudes os documentos seguintes:
- Unha copia da tese de doutoramento ou do traballo fin de mestrado.
- Certificado de obtención do título de doutor ou mestrado.
- Un resumo da contribución do candidato á transferencia entre as matemáticas e a industria, xustificando a solicitude (doas páxinas como máximo). Neste resumo, o candidato tería que salientar a novidade do proxecto, a tecnoloxía que se xerou, as novas ferramentas matemáticas que foron desenvolvidas e utilizadas e os beneficios que se aportaron á empresa.
- Carta da empresa que mencione os beneficios obtidos.
- Carta do Director de tese ou traballo que aprobe a súa postulación aos premios.
- CV do candidato.
- As solicitudes serán enviadas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Asunto de correo electrónico: MATH-IN OUTORGA_2019
- A data de peche de solicitudes é o 31 de marzo do 2019.
Contía dos premios: Cada premio inclúe un Certificado, un premio monetario (a determinar), e o custo da inscrición no congreso para cada premiado.
Presentacións de premios: Os traballos gañadores se presentarán no "Minisymposium IV: PhD & MSc Prizes" do CTMI 2019.
Máis información: http://www.itmati.com/ctmi2019/awards-submission
3.- LV Olimpíada Matemática Española
21 de marzo de 2019 – 24 de marzo de 2019
Ourense, España
Descrición: As Olimpíadas Matemáticas son concursos para estudantes novos cuxo obxectivo primordial é estimular o estudo das Matemáticas e o desenvolvemento de novos talentos nesta Ciencia. A Olimpíada Matemática Española organízaa anualmente a Real Sociedad Matemática Española e desenvólvese en dúas fases:
- Fase Local, Fase de Distrito ou Fase Autonómica. Celébrase ao final do primeiro trimestre en cada Comunidade Autónoma ou Distrito Universitario; consta de dúas probas escritas nas que se resolverán un total de seis problemas. Nela participan estudantes de secundaria que se presentan voluntariamente sen ningún requisito previo.
- Fase Nacional. Nesta fase, ou concurso final, participa unha selección das mellores puntuacións das Fases Autonómicas e consta de dúas probas escritas de tres horas e media de duración cada unha, no transcurso das cales han de enfrontarse a un total de seis problemas propostos por un tribunal. Este ano, a OME chega á súa quincuaxésimo quinta edición e a Fase Nacional viaxa a Galicia por segunda vez (a primeira foi a Santiago de Compostela, en 2005). Grazas á inestimable colaboración da Deputación Provincial, Ourense acollerá a participantes e acompañantes durante os días 21 ao 24 de marzo de 2019.
- Olimpíadas Internacionais. As seis mellores puntuacións na Fase Final serán premiadas con medalla de ouro e darán dereito a participar na 60th International Mathematical Olympiad, que terá lugar en Bath (Reino Unido) en xullo de 2019. Unha selección de catro participantes participarán posteriormente na XXXIV Olimpíada Iberoamericana de Matemáticas, que terá lugar en Guanajuato (México) en setembro de 2019.
Máis información: http://www.usc.es/olympia/ourense/
4.- Premio Fundación Banco Sabadell ás Ciencias e á Enxeñaría
Descrición: A Fundación Banco Sabadell outorga este premio, en colaboración co BIST (Barcelona Institute of Science and Technology), co obxectivo de recoñecer a traxectoria de mozos investigadores que destacan nas súas respectivas especialidades en campos como as matemáticas, a química, a física ou a enxeñería. O premio está dotado con 50.000 euros.
Bases:
- premio concederase a un investigador cun currículo destacado no campo da investigación en ciencias e enxeñería.
- Os candidatos deberán cumprir os seguintes requisitos: investigadores de ata 42 anos (cumpridos a 31 de decembro do 2019) de calquera nacionalidade que leven un mínimo de tres anos continuados facendo un traballo de investigación en España e que centrasen os seus traballos no eido das ciencias e a enxeñería. Esta idade podería ser ampliada ata un máximo dun ano por cada fillo (interrupcións na carreira profesional por maternidade).
Máis información: www.fundacionbancosabadell.com
5.- 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry (CTMI 2019)
22 de xuño de 2019 – 24 de xuño de 2019
Santiago de Compostela, España
Descrición: Convídase a participar a todos os socios na 1st Conference on Transfer between Mathematics & Industry (CTMI 2019) que terá lugar en Santiago de Compostela do 22 ao 24 de xullo de 2019. As finalidades do CTMI 2019 son abrir novas canles de colaboración entre a industria e a academia. O CTMI 2019 vai ser organizado polo Instituto Tecnolóxico para a Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede española para as Matemáticas na Industria ( math-in), a European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHS-IN) e a Enterprise Europe
Network. Este Congreso é unha reunión satélite do ICIAM 2019, que se desenvolverá a semana anterior en Valencia, España.
Máis información: http://www.itmati.com/ctmi2019
6.- International Conference on Robust Statistics (ICORS) e a Latin American Conference on Statistical Computing (LACSC)
28 de maio de 2019 – 31 de maio de 2019
Guayaquil, Ecuador
Descrición: A International Conference on Robust Statistics (ICORS) e a Latin American Conference on Statistical Computing (LACSC) organizaranse en Guayaquil (Ecuador). A ICORS celebra a súa 19ª edición, sendo benvidas contribucións á estatística aplicada así como á estatística teórica, e en particular a presentación de traballos relacionados cos problemas relacionados coa estatística robusta e a súa análise. O 4º LACSC convida a presentar contribucións de estatística aplicada así como en Informática Estatística, Análise de Datos Multivariados, Clasificación, Minería de Datos, Optimization, Aplicacións da Modelización Estatística, Datos Masivos, Optimization Heuristics, e outros temas relacionados. LACSC é un acontecemento oficial da Asociación Internacional para Informática Estatística (IASC), unha sección do ISI.
Datas importantes:
- O período de inscrición ábrese o 25 febreiro 2019
- Bolsas de IASC: a data límite de solicitude é o 28 febreiro 2019
- Data límite para o envío de resumos: 8 marzo 2019
- Notificación de aceptación: 29 marzo 2019
- Prazo de inscrición con prezo reducido: 5 abril 2019
- inscrición Estándar: 17 maio 2019
Máis información: https://icors-lacsc-2019.com/
7.- Presentación da II Edición do Programa #steMatEsElla: Potencia o teu Talento #STEM
6 de marzo de 2019
Madrid, España
Organizador: FECYT. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.
Lugar: Edificio Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Calle do Pintor Velázquez, 5, Alcobendas, Madrid).
Descrición: A Real Sociedade Matemática Española, RSME, e a Asociación Española de Ejecutiv@s y Consejer@s, EJE&CON organizan conxuntamente a Presentación da Segunda Edición do Programa steMatEsElla, que terá lugar o próximo 6 de marzo, de 17:30 a 19:30, na fundación FECYT, Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, sita no edificio do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Durante este encontro, xunto coas Mentoras e Alumn@s Mentees, darase a coñecer esta iniciativa, cuxo obxectivo é impulsar a carreira científica e/ou empresarial entre mulleres estudantes do grao ou mestrado en CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).
Máis información: https://www.rsme.es/2019/02/presentacion-de-la-ii-edicion-del-programa-stematesella/
8.- Oferta Laboral Doutores Arfima Financial Solutions
Descrición: Posto de Valoración de portfolios e xestión de riscos (https://afs-services.com/) en Madrid.
Perfil: Doutores (ou estudantes acabando o seu doutoramento) en matemáticas, estatística ou física. Con coñecementos avanzados de Matlab e/ou Python.