Novas da SGAPEIO, 13 de maio 2019

1.- XIV Congreso da SGAPEIO
24 de outubro de 2019-26 outubro de 2019
Vigo, España
Descrición: O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza, respondendo á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Invítase a tódolos colectivos a participar nestas xornadas e a que envíen os seus traballos, tanto teóricos coma aplicados, para a súa presentación durante o congreso, que terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) de Vigo do 24 ao 26 de outubro de 2019. Nesta edición, a programación oficial contará cunha sesión temática de Biometría, que será organizada pola SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico-Portugueses organizados polas dúas sociedades desde o ano 2013. Esta colaboración ten como obxecto a promoción e divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación, fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.
Ademais, o programa ofrecerá actividades de carácter social e cultural, que esperamos que sexan do agrado dos asistentes.
Datas límite importantes:

  • Envío de traballos: 30 de Xuño
  • Inscrición reducida: 15 de Xullo

Máis información: http://sgapeio2019.webs.uvigo.es/

2.- Curso non presencial estatística avanzada con R para profesionais da saúde
Descrición: Está aberta ata o 25 de maio a inscrición no Curso de Formación da Universidade de Vigo “Estatística Avanzada con ‘R’ para Profesionais da Saúde”, totalmente non presencial para que os titulados deste ámbito (ou estudantes universitarios de último curso) poidan seguilo en horario libre e desde calquera lugar de modo compatible coa súa actividade. O curso realizarase desde o 1 de xuño ata o 15 de xullo de 2019. O programa estatístico R é totalmente gratuíto e pódese instalar libremente en calquera computador e sistema operativo. Converteuse en poucos anos no programa estatístico de uso xeral máis potente e versátil, con gran diferenza sobre calquera outro programa existente. A comunidade estatística mundial colabora de forma desinteresada co proxecto R (R Project), e miles de investigadores achegan constantemente rutinas e utilidades aplicables a todos os campos, incluído o ámbito da saúde. O curso inclúe algunhas das técnicas estatísticas avanzadas máis utilizadas na investigación médica: análise de supervivencia, deseños de investigación, meta-análise, regresión de Cox, regresión de Poisson, regresión ordinal, regresión loxística multinomial, con datos e exemplos paso a paso, alcanzables para usuarios non expertos. Non é necesario ter un nivel elevado de Estatística ou coñecer previamente o programa R, aínda que sen dúbida eses coñecementos poden aumentar o rendemento do alumno. É eminentemente práctico e aplicado, e realizarase de forma virtual mediante secuenciación das unidades didácticas e tarefas a través de Faitic, a plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. Este curso ten concedido o recoñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como actividade de formación continua (5,3 créditos) para todos os profesionais sanitarios titulados (licenciados, diplomados, grao). Ese recoñecemento é válido para todo o sistema nacional da saúde.
Custo da matrícula 125 euros (parados/estudantes 90 euros).
Máis información e inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/3467

3.- Próximos seminarios do grupo MODES da Universidade da Coruña
21 de maio de 2019, 12:00 h
Simultaneous inference for empirical best predictor under generalized linear mixed models Katarzyna Reluga
Geneva School of Economics and Management

23 de maio de 2019, 16:00 h
Optimización heurísitca con GRASP
Rafael Martí
Universitat de València

Lugar: Aula de Graos Víctor Gulías – Facultade de Informática.

4.- Workshop on Modelling Economic and Financial Time Series
7 de xuño de 2019
Madrid, España
Descrición: O Comité de Organización invita a todos os interesado ao Workshop on Modelling Economic and Financial Time Series, que terá lugar o venres 7 de xuño de 2019, nas instalacións do Departamento de Estatística e o Instituto Flores de Lemus da Universidad Carlos III de Madrid (Campus Puerta de Toledo).
O grupo de Econometría UC3M-SD é un foro emprazado no Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid para o intercambio e diseminación da investigación en econometría, series de tempo e as súas aplicación nos eidos da economía e das finazas. Este workshop proporciona unha excelente oportunidade para o establecemento de novas redes de investigación entre académicos e o intercambio de ideas ao máis alto nivel de calidade.
Conferenciantes invitados:

  • Dr. Andrew Harvey. University of Cambridge.
  • Dr. Siem Jan Koopman. Vrije Universiteit Amsterdam.
  • Dr. Juan Carlos Escanciano. Universidad Carlos III de Madrid.
  • Dr. Roxana Halbleib. University of Konstanz.

Rexistro en liña a través de:
http://www.est-econ.uc3m.es/MEFiTS2019/registration.html
Máis información:
http://www.est-econ.uc3m.es/MEFiTS2019/index.html

5.- Próximo congreso CMStatistics 2019 (ERCIM 2019)
14 de decembro de 2019 – 16 de decembro de 2019
Londres, Reino Unido
Descrición: O 12º Congreso Internacional ERCIM WG de Estatística Computacional e Metodolóxica (CMStatistics 2019) terá lugar na Senate House, University of London, do 14 ao 16 de decembro de 2019. Os cursos de R terán lugar o venres 13 de decembro. Este congreso está organizado polo ERCIM Working Group on Computational and Methodological Statistics (CMStatistics) e a Birkbeck University of London. A nova revista Econometrics and Statistics (EcoSta) e o seu suplemento, o Annals of Computational and Financial Econometrics son os principáis espónsores do congreso. Por outra banda, as revistas Econometrics and Statistics e Computational Statistics & Data Analysis publicarán aqueles artigos seleccionados en números especiais e regulares. O congreso terá lugar xuntamente co 13th International Conference on Computational and Financial Econometrics (CFE 2019). Este congreso ten unha gran reputación debido a alta calidade dos traballos presentados. De feito, o número de participantes superou os 1600 en pasadas edicións.
Para máis información contáctese con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou visítese a páxina web do CMStatistic, http://www.cmstatistics.org/CMStatistics2019/index.php.

6.- As matemáticas, vector estratéxico de progreso económico
7 de xuño de 2019
Santiago de Compostela, España
Obxectivo: O obxectivo desta serie de xornadas é difundir o potencial das Matemáticas como vector estratéxico de progreso económico. Recentemente presentouse o estudo do “Impacto socio-económico da investigación matemática e da tecnoloxía matemática en España”, elaborado por Analistas Financieros Internacionales (Afi) e promovido desde a Red Estratégica en Matemáticas. Entre outras conclusións, móstrase como as profesións con alta intensidade matemática achegan á economía española o mesmo que o sector do turismo, e que a súa produtividade hora é ata un 50% superior á alcanzada noutras profesións sen intensidade matemática. As Matemáticas constitúen por tanto un vector estratéxico de crecemento que esta serie de xornadas pretende impulsar. Para iso tratarase de sensibilizar á industria, ás institucións e á sociedade en xeral, achegando casos de éxito nos que as matemáticas foron unha ferramenta crave de innovación na industria, e presentar as distintas opcións que unha empresa ten ao seu alcance para axudarlle a incorporar na súa estratexia este motor de innovación.
Organizadores: Estas xornadas están patrocinadas pola Red Estratégica en Matemáticas (REM), pola Red Española Matemática – Industria (math- in) e polo Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI). Colaboran tamén na súa organización o Instituto de Matemática Interdisciplinar da UCM (IMI), o Instituto de Matemáticas da Universidad de Sevilla (IMUS), o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), a rede Temática Matemática – Industria, as Universidades da Coruña (UDC), La Rioja (UR), Rey Juan Carlos (URJC), Santiago de Compostela (USC) y Vigo (UVigo).
Edición en Galicia:

  • Coorganizan: Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) en colaboración coas tres universidades galegas (UDC, USC, UVigo).
  • Data: 7 de xuño de 2019.
  • Lugar de celebración: Facultade de Matemáticas, USC. Santiago de Compostela.

Programa:

  • Informe sobre o “Impacto socio-económico da investigación matemática e da tecnoloxía matemática en España” (30 minutos).
  • Casos de Éxito de colaboración Academia – Industria (1hora).
  • Vías de financiamento para facilitar que a industria poida acometer os seus proxectos de innovación (30 minutos).
  • Debate sobre o potencial das Matemáticas na innovación empresarial (1 hora, dependendo da edición).
  • Ademais, os participantes interesados poderán dialogar ao final da xornada cos representantes do CDTI sobre os seus proxectos.


Duración: 2 horas (3 horas se inclúe o debate).
Máis información: http://www.itmati.com/en/jornadas-en-colaboraci%C3%B3n-con-el-cdti-%E2%80%9Clas-matem%C3%A1ticas-vector-estrat%C3%A9gico-de-progreso-econ%C3%B3mico%E2%80%9D

7.- 3rd Annual Meeting of CINBIO
1 de xuño de 2019 – 2 de xuño de 2019
Vigo, España
Descrición: O comité organizador e científico comprácese en anunciar a apertura do período de inscricións e envío de resumos correspondentes á terceira reunión anual CINBI O, “3rd Annual Meeting of CINBIO”. Este ano, o tema é “Do banco á cama: diagnose, análise de datos e terapia”, e terá lugar na Sala de Conferencias da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, do 1 ao 2 de xullo de 2019. Este terceiro CINBIO é un congreso interdisciplinar que será organizado polos investigadores novos do CINBIO, que incidirá especialmente nos traballos multidisciplinares, levados a cabo por grupos internacionais, aspectos que caracterizan ao noso Centro Investigador. Por tanto, terán lugar conferencias a cargo de expertos en eidos coma a investigación do cancro, análise e deseño de nanomateriais, bioinformática, bioestatística, inmunoloxía, e síntese química, entre outras investigacións dirixidas polo noso centro. Entre outros temas de discusión, se abordará o tema das novas ferramentas para elaborar os medicamentos do futuro, que abrirá o programa de conferencias. Desde o comité organizador animamos a todas as persoas interesadas a participar e mandar comunicacións orais e tipo póster, que poderán optar a premio outorgado polo congreso. Os certificados de asistencia serán proporcionados por correo electrónico, ademais de publicarse un libro de abstracts.
Inscrición, de balde, en:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJg-ojDEOUqIOsepmFV_TdtIEBeg8_6gDK9QqJK_8rqwdrAQ/viewform
Máis información en: http://amcinbio.webs.uvigo.es/
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

8.- Oferta de contrato para titulado superior
Proxecto: Deseño Óptimo de Experimentos Aplicado á Industria Agroalimentaria, Farmacéutica e Metalmecánica financiado pola Consejería de Educación, Cultura y Deportes da Junta de la Comunidad de Castilla - La Mancha.
Requisitos: Diplomatura e/ou licenciatura/grao e/ou mestrado e/ou doutoramento. Preferencia en Estatística, Matemáticas ou calquera outra con base estatística sólida.
Obxectivo xeral: Realización de tarefas de colaboración no proxecto de investigación.
Duración de contrato: Un ano (desde o 15 de xuño de 2019 ata o 15 de xuño do 2020).
Prazo: Desde a publicación da convocatoria, ata o día 20 Maio 2019.
Solicitudes: Quen desexe tomar parte nesta convocatoria deberán presentar solicitude electrónicamente, cumprimentando o modelo dispoñible na páxina da internet, de acceso público, da Universidad de Castilla-La Mancha:
https://convocatorias.rrhh.uclm.es/index.aspx?t=1, ou accedendo directamente desde a páxina principal da Universidade (www.uclm.es) ,INVESTIGACIÓN, CONVOCATORIAS, CONVOCATORIAS DE PERSOAL CON CARGO A PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN, Ref.: 2019-COB-9325.
Lugar de traballo: Grupo de investigación Diseño Óptimo de Experimentos no campus tecnolóxico “Fábrica de Armas” de Toledo.
Contacto: Os candidatos interesados poden contactar con Dr. Raúl Martín Martín (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
Máis información: https://bit.ly/2E1tOXO

2019  SGAPEIO   globbers joomla templates