Novas da SGAPEIO, 19 de decembro 2019

1.- X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca o X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado para estudantes de ESO, Bacharelato, FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2019-2020. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na Sociedade da Información na que vivimos.
Máis información en: https://sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3298-x-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Busca de investigadores posdoutorais para o Grupo MODES da UDC
O Grupo MODES da Universidade da Coruña (UDC) busca candidatos posdoutorais na área da Estatística e a Investigación de Operacións de cara as convocatorias Juan de la Cierva e Ramón y Cajal. Os interesados deben enviar a súa expresión de interese, acompañada de copia electrónica do seu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Persoa de contacto na UDC: Ricardo Cao (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

3.- Bolsa Área de Estudos e investigación, Turismo de Galicia
Turismo de Galicia convoca unha bolsa na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. A bolsa ten unha duración de 12 meses e está dotada con 13.800€. Valoraranse coñecementos de estatística, R ou SQL entre outros.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191209/AnuncioG0256-281119-0003_gl.pdf

4.- Concurso de profesor laboral interino na Universidad de Oviedo
A Universidad de Oviedo informa da apertura da convocatoria dun concurso de profesor laboral interino na área de Estadística e Investigación Operativa da Universidad de Oviedo, con duración desde o 9 de xaneiro ó 31 de agosto de 2020.
Envío de currículums: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

5.- 30th International Biometric Conference
O 30th International Biometric Conference celebrarase en Seúl (Corea) do 5 ó 10 de xullo do 2020. Os prazos de envío de traballos aínda están abertos.
Máis información en: https://www.ibc2020.org/home

6.- Theory and Practice of Optimal Stopping and Free Boundary Problems
A Winter School Theory and Practice of Optimal Stopping and Free Boundary Problems que se celebrará do 13 ó 17 de xaneiro de 2020 na Universidad de Leeds.
Máis información en: https://conferences.leeds.ac.uk/osfbp/

7.- SING16, European Meetings on Game Theory

O SING16 (European Meetings on Game Theory) terá lugar do 1 ó 3 de xullo do 2020 en Reggio Calabria (Italia). Este congreso adicado á Teoría de Xogos está organizado polo Department of Law, Economics & Human Sciences da Universidade de Reggio Calabria.
Máis información en: http://www.sing16.unirc.it/

8.- Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles
A Fundación BBVA e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación da sexta edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles.
Sen excluir ningunha rama temática, considéranse incluídas as seguintes: combinatoria, optimización, estatística, teoría da información, lóxica, teoría de números, álxebra, xeometría alxebraica, topoloxía, xeometría, teoría de representacións, análise, sistemas dinámicos, ecuacións en derivadas parciais, modelización e simulación, computación e aproximación, física matemática, matemáticas da vida e da Terra, matemáticas económicas e sociais.
Máis información en: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-matematica-vicent-caselles-2020/

9.- Curso: Epidemiología avanzada: nuevos diseños epidemiológicos
O curso Epidemiología avanzada: nuevos diseños epidemiológicos da Escola Andaluza de Saúde Pública está dirixido a profesionais sanitarios que traballan en proxectos de investigación, e que pretenden profundizar en solucións innovadoras e en novos deseños de estudos epidemiolóxicos.
Máis información en: https://www.easp.es/cursos/?idCurso=311307NA20

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates