ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 10 de decembro 2020
1.- Publicación do Nº 56 do INFORMEST
A SGAPEIO informa a todos os seus socios que en breve estará dispoñible para todos os socios o Nº 56 do INFORMEST, incluíndo os seguintes contidos:
- Artigo especial pola xubilación de Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
- Editorial.
- Colaboración: Prexuízos, ideas preconcibidas, estereotipos e linguaxe non inclusiva: o papel da coeducación, por r Laura Calaza Díaz e Mercedes Conde Amboage.
- Software: Introdución aos SIG con R, por Dominic Royé e Roberto Serrano–Notivoli Actividades da SGAPEIO.
- Novas do IGE.
- Traballos de Estatística e Investigación Operativa no SUG.
- Coñecendo a unha socia da SGAPEIO: Alejandro Saavedra Nieves.
- Sabías que?: Estatística con patacas!, por Matilde Ríos Fachal e Rosa Crujeiras Casais.
Máis información: https://www.sgapeio.es/INFORMEST/Informest56.pdf
2.- Seminario Galaico-Portugués
O Seminario Galaico-Portugués, terá lugar o día 10 de decembro ONLINE coa aplicación ZOOM na seguinte ligazón https://zoom.us/j/92616273833. Este seminario está organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) e pola Sección de Biometría da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE), como continuación dos encontros e sesións previas organizados polas dúas sociedades.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3429-seminario-galaico-portugues
3.- Asemblea Xeral da SGAPEIO 2020
Convócase reunión da Asemblea Xeral da Sociedade para o vindeiro xoves día 10 de decembro de 2020 de 17:30h a 18:30h, por ZOOM na seguinte ligazón https://zoom.us/j/92616273833, coa seguinte orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral do 25/10/2019.
2.- Informes varios.
- Estado do número de socios.
- Outros informes.
3. Actividades previstas en 2020.
- XI Concurso de "Incubadora de Sondaxes e Experimentos". Fase Local.
- Xornada de Formación a Profesores de Ensino Secundario en colaboración con AGAPEMA, Santiago de Compostela/Online, primeiro trimestre 2021.
- XV Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa.
- Outras actividades.
4.- Balance do ano 2020 e orzamento do ano 2021.
5.- Rogos e preguntas.
Máis información: https://www.sgapeio.es/index.php/listado-novas/3428-asemblea-xeral-da-sgapeio-2020
4.- Nova publicación do IGE: Información estatística sobre a poboación de Galicia nunha cuadrícula regular de 1km2
O IGE vén de publicar por primeira vez información estatística sobre a poboación de Galicia nunha cuadrícula regular de 1km2 que cobre todo o territorio de Galicia. Nesta malla regular represéntase unha aproximación da poboación de Galicia segundo diversas características sociodemográficas: sexo, idade, lugar de nacemento, afiliación á Seguridade Social, pensionista… A maior desagregación espacial da información permite un coñecemento máis exhaustivo do comportamento dos patróns das distintas variables no territorio. Con isto preténdese achegar unha mellora na toma de decisións por parte dos axentes públicos e privados. Esta información pode ser útil na toma de decisións en cuestións relacionadas coa poboación que se ve afectada polo risco de inundación, co grao de accesibilidade da poboación ao centro de saúde máis próximo, coa poboación de menores asignada a un centro educativo. Podedes acceder á información nesta ligazón:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0201001009&idioma=gl
Nesta ligazón tedes acceso ao visor da información en mapas e a consulta en forma de táboas:
http://www.ige.eu/igebdt/openOSMGrid1km.jsp?idioma=gl&c=0201001009
http://www.ige.eu/igebdt/DatosGridSel.jsp?idioma=gl&c=0201001009
Así como, unha nota divulgativa cos principais resultados:
http://www.ige.eu/estatico/estatRM.jsp.../....poboacion_cuadricula1km2.html
5.- Concurso nacional de fotografía matemática dirixido a estudantes do ensino secundario obrigatorio
O proxecto “Marzo, mes das matemáticas”, organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración con Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), a Rede Estratéxica en Matemáticas (REM), a Real Sociedade Matemática Española (RSME), a Sociedade Española de Matemática Aplicada (SEMA), a Societat Catalá de Matemàtiques (SCM), a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO), a Federación Española de Profesores de Matemáticas (FEPM), as empresas Casio, Fred Olsen e Hotel Jardín Tecina, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española lanzou o 16 de novembro o concurso nacional de fotografía matemática dirixido a ESTUDANTES DO ENSINO SECUNDARIO OBRIGATORIO de todo o estado español.
Facemos un chamamento especial ao profesorado para que anime ao seu alumnado para concorrer e beneficiarse deste recurso de aprendizaxe.
Máis información: http://marzomates.webs.ull.es/concurso-de-fotografia/
Calquera dúbida poden enviar unha mensaxe a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
6.- 2021 Sampling Program for Survey Statisticians da University of Michigan
O Instituto de Investigación Social da Universidade de Michigan ofrece, por primeira vez en modalidade on- line, o 2021 Sampling Program for Survey Statisticians, que terá lugar do 18 de maio ao 30 de xullo de 2021. Este programa de capacitación intensivo de dez semanas cobre os principios e a práctica da mostraxe de enquisas, a análise de datos de enquisas a partir de mostras complexas e a aplicación de métodos de mostraxe en diversas contornas a través de tres cursos:
- Métodos de mostraxe de enquisas.
- Análises de datos de enquisas a partir de mostras complexas.
- Taller de Técnicas de mostraxe de enquisas.
Os cursos impártense por profesores e persoal do Centro de Investigación de Enquisas, ademais de por instrutores invitados expertos, cubrindo temas que van desde métodos tradicionais de mostraxe e análise de enquisas ata metodoloxía de vangarda, incluído o uso de aprendizaxe automática e big data no ámbito das enquisas, ademais de métodos de mostraxe non probabilísticos. Poderá efectuarse a matrícula en cada curso de xeito independente. Todas as clases e talleres administraranse en tempo real a través dun sistema de videoconferencia, mentres que os materiais do curso proporcionaranse aos participantes a través do sistema de xestión da web da Universidade de Michigan. A solicitude en liña xa está aberta en http://www.si.isr.umich.edu.
Máis información: http://www.si.isr.umich.edu/spss.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
7.- 163 European Study Group with Industry (ESGI)
O 163 ESGI - European Study Group with Industry-, organizado de forma conxunta entre o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española Matemática - Industria (math-in), terá lugar do 12 ao 16 de Xullo de 2021 en formato On-Line. Os ESGI constitúen un foro para que científicos industriais e investigadores matemáticos traballen de maneira conxunta en problemas de interese para a industria. O 163 ESGI, que reunirá a especialistas das ramas de Matemática Aplicada e Estatística e Investigación Operativa, ten como obxectivo o fomento da transferencia Matemática cara á Industria buscando activamente proxectos de investigación e desenvolvemento onde a Matemática teña unha especial relevancia. Debido á pandemia de coronavirus (COVID-19), o evento será completamente on-line. Toda a información relativa ao evento actualizarase continuamente na páxina web do mesmo: http://www.math-in.net/163esgi/ A asistencia é gratuíta na Modalidade Básica, pero é necesario rexistrarse previamente. A data límite de inscrición será o 31 de maio de 2021. O 163 ESGI conta co cofinanciamento do Ministerio de Ciencia Innovación e Universidades - Axencia Estatal de Investigación (AEI), a través da acción de dinamización "Redes de Investigación", convocatoria 2018, Rede estratéxica de Matemáticas (REM) (REDE2018-102350-E) e a Rede temática RTmath in (REDE2018-102514-T) e do proxecto ROMSOC (Reduced Order Modelling, Simulation and Optimization of coupled System), financiado dentro do Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte 2020 da Unión Europea, en virtude do acordo de subvención Marie-Skłodowska-Curie nº 65374. O idioma oficial do evento será o inglés.
8.- Seminarios Novas solucións con Big Data
Convídase a participar na serie de seminarios "Novas solucións con Big Data" organizados polo Instituto uc3m-Santander de Big Data, onde se presentarán problemas reais en distintos campos e a solución achegada utilizando todos os datos dispoñibles. Os seminarios buscan ser un punto de encontro de profesionais e académicos para presentar problemas e analizar posibles solucións baseadas en Big Data e Data Science. Nesta ocasión o seminario terá como título “A produción de estatísticas oficiais a partir de datos de telefonía móbil” e será presentado por Miguel Angel Martinez Vidal, Director do Departamento de Metodoloxía do Instituto Nacional de Estatística. Celebrarase o venres 18 de decembro ás 09:30 h e finalizará ás 11:00 h.
Resumo:
"A utilización de datos masivos supón afrontar unha serie de novos retos para a produción de estatísticas oficiais. Desde o acceso, a cuestións de confidencialidade e seguridade, metainformación e procesos de inferencia teñen que ser abordados e deseñados de forma diferente ao traballo que se realiza coas fontes tradicionais ( datos de enquisas ou de rexistros administrativos). Na charla presentarase un estado da situación de como se están abordando todos estes retos".
A organización do seminario corresponde a Patricia Callejo, investigadora do Instituto (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) á que podedes escribir se tedes algunha pregunta. Para confirmar a asistencia ao seminario é necesario inscribirse na seguinte ligazón:
https://forms.gle/ZYwwyksip9YRe1559
9.- Profesor/a Asociado/a de Estatística (bilingüe francés) na Universidade CEU Cardeal Herrera
Vense de publicar unha oferta de Profesor/a Asociado/a de Estatística (bilingüe francés) na Universidade CEU Cardeal Herrera.
Na seguinte ligazón poderá ver a descrición e requisitos:
R466325 - Profesor/a asociado/a de Estatística (bilingüe).
Os responsables do Grao en Estatística Empresarial da Universidade Miguel Hernández, quixésemos informarlles desta oferta por se puidese ser de interese para persoas que se formaron na especialidade ou puidesen axustarse aos requisitos da praza ofertada. A praza estará aberta ata o próximo 13 de decembro e estamos en fase de recrutamento e preselección de candidaturas. Para participar no proceso de selección, animamos a realizar a inscrición a través do Portal de Emprego.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
10.- Convocatoria de dous contratos post- doc na Universidade de Burgos
Proximamente a Universidade de Burgos sacará unha convocatoria de 2 contratos Post-Doc para traballar no seguinte proxecto:
Análise de problemas de loxística sanitaria: Enfoque multi-obxectivo e uso de metaheurísticas (referencia BU056 P20). IP: Joaquín Pacheco. Entidade Financiadora: Junta de Castilla y León – Fondos FEDER.
As características son as seguintes:
- Duración de cada contrato 2 anos (24 meses).
- Orzamento: 40000 € por cada contrato e ano.
- Inicio: aproximadamente Febreiro de 2021.
O perfil que se busca (que se detallará cando saio a convocatoria) é de doutores con formación nalgún das áreas do proxecto (ou áreas máis ou menos próximas), é dicir: Optimización heurística, Programación Multi-obxectivo, Problemas de optimización/simulación no ámbito sanitario, Minería de datos, etc. Como requisito importante valorarase os coñecementos en diversas linguaxes de programación e contornas de desenvolvemento.
Todos os que puidesen estar interesados que se poñan en contacto co IP (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).