Novas da SGAPEIO, 22 de febreiro 2021

1.- XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2020-2021) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:

  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:

  • Inscrición de traballos: dende o 05 de abril ata o 18 de abril de 2021.
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 19 de abril ata o 2 de maio de 2021.
  • Fallo do xurado: dende o 30 de maio ata o 3 de xuño 2021.

Máis información:
https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3442-xi-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos.

2.- VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística
O pasado 6 de febreiro veu de celebrarse a VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística, organizada pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). Dirixida a profesores de ESO e Bacharelato, en formato online, contou coa participación de docentes de secundaria e das universidades galegas, ademais da presentación dos traballos gañadores da X Incubadora de Sondaxes e Experimentos, que se poden visualizar a través da ligazón https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3458-videos-da-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2020.

3.- XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións
Temos o pracer de anunciar que os días 4, 5 e 6 de novembro do ano 2021 celebrarase en Santiago de Compostela o XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
O congreso, organizado polo Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela, por encargo e coa colaboración da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), ten por obxecto contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións, así como facilitar a súa relación con todos os eidos do coñecemento científico e tecnolóxico. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster.

Tendo en conta a situación sanitaria motivada pola pandemia da COVID-19, as actividades do congreso cumprirán todas as medidas necesarias para garantir a seguridade dos congresistas. Por este motivo, contémplase a posibilidade de que algunhas sesións se realicen de maneira telemática, mentres que as sesións que podan realizarse de maneira presencial respectarán as restricións de aforo e outras medidas preventivas. As actividades culturais, que esperamos poder celebrar, tamén estarán suxeitas a estas restricións.

Nos próximos días habilitaremos unha páxina web onde estará dispoñible a información do congreso.

Agardamos a vosa participación.

4.- Libro X INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
Infórmase que se ven de publicar o libro da X Incubadora de Sondaxes e Experimentos (2020), que recolle todos os traballos premiados, finalistas con mención e os finalistas con mención especiais presentados ao X Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos (2020). O documento pode consultarse a través da ligazón
https://www.sgapeio.es/descargas/X%20Incubadora%20de%20sondaxes%20e%20experimentos.pdf

5.- Curso de introdución a python
Desde o IMAT (Instituto de Matemáticas) está a organizarse un Curso de introdución a python, animados pola boa acollida deste curso en 2020 así como a demanda dunha nova edición desde diversos sectores da facultade de matemáticas. A continuación, concrétanse os datos do curso:

  • Docente: Brais González Rodríguez, Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización.
  • Contidos: Introdución a python, condicionais e control de fluxo, funcións en python, escritura e lectura de arquivos, programación orientada a obxectos, módulos e paquetes (math, numpy, pandas e plotly).
  • Inscrición de balde, desde o xoves 18 de febreiro ás 11:00h. ata o martes 2 de marzo ás 14:00h., na web do IMAT
    http://www.usc.es/imat ou en
    https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe7J9o7vaemDOs0fYw4-NXDCetrO4fIGloJu4kKTGjPtuk7FA/closedform.
  • Datas: Do 10/03/2021 ao 28/04/2021 os mércores.
  • Lugar: Aula 6, Facultade de Matemáticas, USC.
  • Duración: 20 horas.
  • Hora: 09:00 a 12:00 o 10, 17, 24 de marzo, 7, 14, 21 de abril. 10:00 a 12:00 o 28 de abril.
  • Nº de prazas: 20 (adxudicaranse por orde de inscrición).

A destacar que aínda que inicialmente o curso vai ser impartido de maneira presencial, se as circunstancias sanitarias así o recomendasen pasaría a impartirse desde a plataforma MS TEAMS.

6.- Curso gratuíto de Excel aplicado a finanzas
12 Febreiro 2021
Curso gratuíto de Excel aplicado a finanzas para alumnos de penúltimo e último ano de carreira, que che axudarán a adquirir as competencias máis valoradas polas empresas nestes momentos.
O coñecemento de Excel abrirache as portas ao mundo laboral. Excel é unha das ferramentas máis utilizadas e versátiles para poder facer calquera tipo de cálculo.
O obxectivo deste curso de Excel é formar no manexo das funcións máis relevantes de Excel así como na creación de gráficos e táboas dinámicos.
Máis información: https://www.afiescueladefinanzas.es/curso-de-excel?utm_source=mailchimp&utm_medium=email&utm_campaign=cursos-gratuitos&utm_term=&utm_content=

7.- Cursos Transmitting Science
Infórmase á comunidade da SGAPEIO dos seguintes cursos organizados por Transmitting Science:

  • COMUNICACIÓN Y PERIODISMO EN LA CIENCIA 22 al 26 de febrero, 2021 (ONLINE)
  • INTRODUCCIÓN A LOS MODELOS DE NICHOS ECOLÓGICOS 1 - 5 de marzo, 2021 (ONLINE)
  • REMOTE SENSING WITH GOOGLE EARTH ENGINE March 15th-19th, 2021 (ONLINE)
  • INTRODUCTION TO BAYESIAN INFERENCE IN PRACTICE March 15th-19th, 2021 (ONLINE)
  • INTRODUCTION TO R March 22nd-26th, 2021 (ONLINE)


8.- Curso ECAS-SFdS. Text Mining: do básico ás ferramentas deep learning, Fréjus (Francia)
A próxima escola ECAS-SFdS terá lugar do10 ao 15 de outubro de 2021 na Riviera francesa. O tema é "Text Mining: do básico ás ferramentas deep learning". Farase unha revisión dos métodos clásicos neste ámbito, ademais de describir os avances máis recentes no procesamento de datos de texto. Diversos casos de estudo no ámbito da industria servirán para ilustrar as contribucións das novas representacións e o modo de procesalas mediante redes neuronais profundas.
Máis información: https://www.sfds.asso.fr/fr/ecas/632-home/

9.- Programa de Seminarios Virtuais IMUS
Infórmase a todos os membros da SGAPEIO do ciclo de seminarios en liña do Instituto de Matemáticas de la Universidad de Sevilla (IMUS), a cargo de profesionais e académicos de renombrado prestixio, ademais de incluir presentación de xoves investigadores.
Ciclos en marcha:

10.- Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles
A Fundación BBVA e a Real Sociedade Matemática Española (RSME) colaboran na convocatoria e adxudicación da sétima edición dos Premios de Investigación Matemática Vicent Caselles. Os premios levan o nome de quen foi profesor das universidades de Valencia, Illas Baleares e Pompeu Fabra, en recordo da súa figura científica e humana.

Nesta convocatoria concederase un máximo de seis premios, cada un coa dotación bruta de 2.000 euros, todos eles na modalidade de Investigación Matemática.

Os premios están dirixidos a investigadores en matemáticas de nacionalidade española, ou doutra nacionalidade que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España, que sexan menores de 30 anos ao 31 de decembro de 2020 e por tanto nacesen nos anos 1991 ou seguintes.

Sen excluír ningunha rama temática que se considere pertinente dentro do rango da investigación matemática á que se refiren os premios, considéranse incluídas as seguintes: combinatoria, optimización, estatística, teoría da información, lóxica, teoría de números, álxebra, xeometría algebraica, topoloxía, xeometría, teoría de representacións, análise, sistemas dinámicos, ecuacións en derivadas parciais, modelización e simulación, computación e aproximación, física matemática, matemáticas da vida e da Terra, matemáticas económicas e sociais.
O prazo de presentación de candidaturas, a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. da Secretaría da Real Sociedade Matemática Española, finaliza ás 14:00 horas (hora peninsular) do luns 1 de marzo de 2021.
Máis información: https://www.fbbva.es/premios/premios-investigacion-matematica-vicent-caselles-2021/

11.- Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais Fundación BBVA
As Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais Fundación BBVA están destinadas a apoiar o desenvolvemento de proxectos persoais de investigadores e creadores culturais en estadios intermedios da súa carreira, de entre 30 e 45 anos e cunha produción científica, tecnolóxica ou cultural altamente innovadora.
Os proxectos terán unha duración mínima de 12 meses e máxima de 18 meses.
Concederanse polo menos 55 bolsas para o conxunto da convocatoria, dotada cada unha delas cun importe bruto máximo de 40.000 euros, nas seguintes áreas:

  • Ciencias Básicas (Física, Química e Matemáticas).
  • Bioloxía, Ciencias do Medio Ambiente e da Terra.
  • Biomedicina.
  • Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
  • Enxeñerías e Arquitectura.
  • Economía, Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • Humanidades (Filosofía, Filoloxía, Literatura, Lingüística e Historia).
  • Música (composición, dirección e interpretación) e Ópera.
  • Creación Literaria e Artes Escénicas.

Data límite de recepción de candidaturas: 25 de febreiro de 2021, ás 19:00 h (hora peninsular).
Máis información: https://www.redleonardo.es/wp-content/uploads/sites/6/2020/11/Bases-Becas-Leonardo-2021.pdf
https://www.redleonardo.es/becas/becas-leonardo-investigadores-creadores-culturales-2021

12.- Prazas de profesor Contratado Doutor e de Axudante Doutor na UAM
O Departamento de Matemáticas da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) ten previsto convocar en breve unha praza de Contratado Doutor Interino na área de Estatística e Investigación Operativa. Así mesmo, nos próximos meses (antes de fin de curso) é previsible a convocatoria de prazas de Axudante Doutor no mesmo área. Os interesados poden enviar o seu CV aos Profesores Javier Cárcamo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) e Andrei Jaikin (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

13.- Oferta de traballo para xestor de valorización tecnolóxica en math-in
Convocatoria para a contratación dun xestor de valorización tecnolóxica para a Plataforma Española de Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (PET MSO-ED) aberta ata o 2 de marzo de 2021.

  • Posto: 1 praza como Xestor de Valorización Tecnolóxica.
  • Entidade convocante: REDE ESPAÑOLA MATEMÁTICA-INDUSTRIA (math- in).
  • Proxecto: Plataforma Española de Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (PET MSO-ED, PTR2020-001163).
  • Lugar de Traballo: Facultade de Matemáticas, Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Santiago de Compostela (A Coruña).

Máis información: http://eamo.usc.es/pub/mte/descargas/OfertaEmpleo_PET_MSO_ED.pdf

14.- Convocatoria contrato de predoutoramento na Universidade de Deusto
Cruz E. Borges (Cruz Enrique Borges Hernández) e Diego Casado-Mansilla (Diego Casado-Mansilla) ambos os investigadores da Universidade de Deusto, Bilbao (España) ofertan unha praza para cursar un doutoramento no campo da conservación de enerxía, modelización causal e factores humanos.
Título da praza: Modelización causal para comprender a demanda enerxética nos sectores residencial e de servizos.
Tema: Non se estudou suficientemente o papel que desempeñan os seres humanos nos obxectivos de descarbonización da UE. O obxectivo desta praza aberta é atopar un estudante cunha sólida formación en ciencias do comportamento e modelos causales para definir formalmente cales son as motivacións que teñen as persoas en relación co uso de enerxía dentro dos fogares e cales son os impulsores do cambio de comportamento proambiental (tamén se poden incluír edificios terciarios).
Perfil do candidato:

  • Coñecementos básicos ou avanzados en Desenvolvemento de modelos causales, modelos/redes bayesianas, inferencia causal, ecuacións estruturais e ou path analysis.
  • Coñecementos básicos ou avanzados en ciencias do comportamento e/ou modelado [de cadea] do comportamento
  • Coñecementos básicos ou avanzados en Economía do comportamento.

Como se pode observar, psicoloxía, economía, informática/enxeñería ou socioloxía son os títulos universitarios ou másteres que esperamos dos candidatos.
Prazo: 05/03/2021 15:00 - Europa / Bruxelas.
Se ten algunha pregunta, non dubide en preguntar a Cruz (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou Diego (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).
Máis información:
https://researchpositions.deusto.es/causal-modeling-for-understanding-of-the-energy-demand-on-the-residential-and-service-sectors/

15.- Prazas no grupo BCAM IKERBASQUE
O Centro Vasco de Matemática Aplicada (BCAM), xunto con IKERBASQUE, convida a postularse para un posto de Líder de Grupo en Modelización Matemática Aplicada á Saúde. Esta convocatoria de Group Leader ofrece un posto de investigación permanente para un Group Leader que desexe desenvolver unha carreira científica a longo prazo no País Vasco. Esta convocatoria está aberta a:

  • Líderes de grupos novos.
  • Líderes de grupo experimentados de alto nivel.

O comité de avaliación considerará aos candidatos máis fortes con excelentes capacidades de liderado e un historial de investigación sobresaliente. Espérase que o candidato seleccionado realice unha investigación independente e coordine as actividades que está a realizar o centro en modelización matemática aplicada á saúde en colaboración con institucións sanitarias vascas co apoio do Gobierno Vasco nun proxecto específico. Trátase dun proxecto ambicioso con investigación centrada nas matemáticas aplicadas, que aborda cuestións fundamentais na epidemioloxía da saúde pública (incluída a vixilancia), a xestión do sistema de saúde e a medicina personalizada. O proxecto cobre áreas de investigación que van desde a ciencia de datos e a intelixencia artificial ata a bioloxía matemática ou a epidemioloxía e a dinámica de biofluidos (de enfermidades infecciosas, incluíndo pero non limitándose a COVID-19).

Requírese que os candidatos sexan capaces de desenvolver non só investigación metodolóxica senón tamén aplicacións multidisciplinares en colaboración con centros de investigación, institucións sanitarias, hospitais… O candidato debe ser capaz de promover colaboracións internacionais, captar financiamento competitivo e constituír os seus propios grupos de investigación.
Máis información:
http://www.bcamath.org

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates