Novas da SGAPEIO, 15 de xullo 2022

1.- Resolución dos premios da Fase Galega do “XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

A Desde a SGAPEIO comprácenos informar a todos os socios que se veñen de fallar os premios da nova edición da nosa Incubadora. Despois das magníficas exposicións dos rapaces e rapazas que compoñían os grupos finalistas, o 14 de xuño de 2022, reuniuse o xurado do XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e acordou seleccionar os seguintes traballos gañadores para cada unha das modalidades.

Categoría de 1º e 2º da ESO:

  • Título: “XACOMAT 2022, o inicio dun gran camiño”.
    Autores/as: Julia Bello Gómez, Ruyi Ye, Sofía Seoane Recacho, Fabio Antelo Reza e Óscar Rozas Midón.
    Titor: Manuel Cabaleiro Calveiro.
    Centro: Colexio San Xosé de Cluny (Santiago de Compostela).

Categoría de 3º e 4º da ESO:

  • Título: “Estudo da relación entre os casos de covid-19 e a contaminación do aire nas cidades de Vigo e Valladolid”.
    Autores/as: Iván Iglesias Campos, Antón Justo Vicente, Nora Ramallo Martínez e Sara Vicente Lorenzo.
    Titores: Adela Rosa Rodríguez Rodríguez e Daniel Fernández Vence.
    Centro: IES República Oriental do Uruguay (Vigo).

Categoría de Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

  • Título: “Onde caben dous caben cinco”.
    Autores/as: Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín.
    Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
    Centro: IES Agra de Orzán (A Coruña).

Queremos salientar a grande calidade de todos os traballos presentados, exemplos inspiradores da utilidade da estatística e a IO para resolver problemas de orixe diversa, para estudar a natureza, comprender a sociedade e, en xeral, mellorar o noso coñecemento de todo o nos rodea, sempre desde unha perspectiva tan lúdica como rigorosa. Por elo quixeramos recoñecer o esforzo realizado por todo o alumnado e profesorado para desenvolver os proxectos, salientar a insubstituíble vocación docente dos titores, así como tamén agradecer a labor dos avaliadores externos, ademais do soporte da Facultade de Matemáticas, IGE, Xunta, de todos os contribuíntes, organizadores, patrocinadores que fan posible unha iniciativa tan especial como a Incubadora.

Máis información:

https://sgapeio.es/index.php/listado-novas/3550-ganadores-xii-concurso-da-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

2.- Resolución dos premios da Fase Nacional do “Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos 2021-22”

Entre o 23 e 25 de xuño de 2022 tivo lugar en Toledo a Fase Nacional do “Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos”, organizado pola Universidad de Castilla-La Mancha, estando o xurado composto por Licesio Rodríguez (Universidad de Castilla-La Mancha), Eva María Hernández Vicente (Consejería de Educación, Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) e Carmen Armero Cervera (Vicepresidenta de Estadística da SEIO, Universitat de València). Nel participaron os gañadores da das fases autonómicas de toda España, en cada unha das categorías, entre os que se encontraban os representantes galegos.

Desde a SGAPEIO queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas que, vindo la fase galega, participaron e presentaron os seus traballos na fase nacional, compartindo coñecemento, momentos e vivencias con alumnos procedentes de todas a comunidades autónomas. Do mesmo xeito queríamos informar a todos os socios de que dous traballos presentados por alumnos galegos, en dúas diferentes categorías, foron premiados tamén na fase nacional. En concreto, son os traballos titulados “Xacomat 2022, el inicio de un gran camino”, do Colexio San Xosé de Cluny, na categoría de 1º e 2º da ESO, e “Donde caben dos, caben cinco”, do IES Agra do Orzán, na categoría de 1º e 2º de bacharelato e ciclos formativos. Parabéns a todos os premiados, a todos os fantásticos participantes. Abaixo se amosa a lista completa de premios.

Categoría de 1º e 2º da ESO

Premio:

  • Título: XACOMAT 2022, o inicio dun gran camiño.
    Autores/as: Fabio Antelo Reza, Julia Bello Gómez, Óscar Rozas Midón, Sofía Seoane Recacho y Ruyi Ye.
    Titor: Manuel Cabaleiro Calveiro.
    Presentado por: Galicia.

Mención de honra 1:

  • Título: Galaxias, relación entre el bulbo y su halo.
    Autores: Marc Daniel Calugar, Kristian Kostadinov Pichurov y Montserrat Moreno Barberà.
    Titor: Andreu Arbó Trabado.
    Presentado por Catalunya.

Mención de honra 2:

  • Título: Proyecto sobre el testeado en animales.
    Autores: Laura Fernández Alarcón, Leire Santos Mateos, Annie Torres Moreno, Daniela Navarro Fernández, David Zamora Jiménez.
    Titora: Cristina Fernández Pérez
    Presentado por Castilla la Mancha.

Categoría B. 3º e 4º da ESO

Premio, Ex Aequo, Traballo 1:

  • Título: Census at school BCN-NY.
    Autores: Noa Villalba, Kexi Wei, Yujie Bai, Kai Blacha y Laura Miró.
    Titora: Lucía Bayo.
    Presentado por Catalunya.

Premio, Ex Aequo, Traballo 2:

  • Título: Astro-estadística. ¿Con qué nos sentimos identificados?
    Autoras: Leire Martínez Calvo, Martina Val Virón, Gimena Pérez Coronado y Erika Jiménez García.
    Titora: Candelas Morga Martínez.
    Presentado por La Rioja.

Categoría C. 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos

Premio, Ex Aequo, Traballo 1:

  • Título: Estrés: la ceniza de la generación del futuro.
    Autors: Guillem Boigues.
    Titora: Sandra Entrena.
    Presentado por Catalunya.

Premio, Ex Aequo, Traballo 2:

  • Título: Donde caben dos, caben cinco.
    Autores: Florencia Balmelli, Pablo Araújo, Isabel Rodriguez y Eduardo Tella
    Titora: María Ángel Martínez.
    Presentado por Galicia.

Premio, Ex Aequo, Traballo 3:

  • Título: Los trastornos de la conducta alimentaria en la danza clásica. Factores que influyen en su aparición.
    Autora: Celia Domínguez López.
    Titora: África Ortega Pérez.
    Presentado por la Comunidad de Madrid.

Premio, Ex Aequo, Traballo 4:

  • Título: Influencia de los Estudios de música en la memoria de trabajo.
    Autores: Tristán Romera Sobrado y Ainara Alonso Pérez.
    Titor: Emilio Visaires.
    Presentado por Euskadi.

Para máis información, pódense consultar os seguintes enlaces a artigos publicados en diversos diarios galegos:

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2022/07/10/agra-do-orzan-crack-estadistica-68169056.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2022/07/05/aaa/00031657037883001586897.htm

Máis información: https://www.seio.es/concurso-incubadora

3.- Concesión da Medalla da SEIO a Ricardo Cao Abad

A “Sociedad de Estadística e Investigación Operativa” (SEIO) vén de facer público a concesión da Medalla deste ano a Ricardo Cao Abad, profesor da Universidade da Coruña e membro sobranceiro da SGAPEIO. Desde a Sociedade queremos felicitar a Ricardo Cao por tan importante recoñecemento, que enche de prestixio á toda a estatística galega. Parabéns, Ricardo!

En concreto, esta Medalla recoñece o labor dos socios da SEIO que contribuísen de forma relevante e continuada ao avance e á proxección da Estatística e a Investigación Operativa, no ámbito nacional e internacional, como disciplinas científicas.

O xurado do premio concedeulle a Medalla a Ricardo Cao “pola súa contribución sobresaliente en múltiples áreas da estatística como os métodos non paramétricos, os métodos de remostraxe, a verosimilitude empírica, a análise de supervivencia, a análise de datos funcionais e a análise estatística de grandes conxuntos de datos e as súas aplicacións á xenómica, neurociencias, epidemioloxía, oncoloxía, etc., cun destacado recoñecemento internacional”.

Ademais, recoñécese “o seu liderado na coordinación de grupos de investigación así como do comité de expertos de Acción Matemática contra o Coronavirus do CEMAT, do que foi nomeado presidente, e a súa ampla experiencia na transferencia de coñecemento a outros ámbitos, como as ciencias da saúde ou a enxeñaría naval”. A SEIO pon en valor o fomento por parte de Ricardo Cao dun amplo equipo de colaboradores internacionais, “sendo membro moi activo de varias sociedades científicas internacionais”. Foi presidente de ECAS (European Courses in Advanced Statistics) e o pasado mes de xuño tomou posesión como membro electo do prestixioso Institute of Mathematical Statistics (IMS), sendo así recoñecida internacionalmente a súa contribución ao desenvolvemento da estatística. É un membro con gran actividade na SEIO, foi editor xefe de TEST e actualmente é editor asociado, e foi tamén editor xefe e editor asociado doutras revistas internacionais de recoñecido prestixio.

No mesmo evento, tamén foi premiado coa Medalla da SEIO of profesor Ángel Corberán Salvador. As Medallas, xunto cos Premios SEIO-Fundación BBVA entregaranse nunha cerimonia solemne que terá lugar na sede da Fundación BBVA en Madrid, no Palacio do Marqués de Salamanca.

Máis Información: https://www.seio.es/medallas-seio/

4.- Homenaxes en lembranza de Carmen Cadarso Suárez

A SGAPEIO amosa o seu fondo pesar polo recente falecemento da nosa querida compañeira Carmen María Cadarso Suárez, Catedrática de Universidade do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela. Bioestatística de referencia, pioneira e emprendedora, Carmen é un exemplo de excelencia persoal e académica, unha docente excepcional que cimentou e formou innúmeras vocacións, sendo nexo fundamental da estatística galega coas ciencias da vida e a medicina. Docente e investigadora brillante, a súa pegada síntese tanto no eido galego, coma no nacional e internacional. Tamén xestora altruísta, apaixonada de todo aquelo relacionado coa profesión, Carmen Cadarso foi socia fundadora da SGAPEIO e a nosa presidenta entre os anos 2001 e 2005, aportando sempre a súa visión innovadora na promoción da estatística.

Desde a SGAPEIO, aproveitamos tamén a facernos eco das numerosas homenaxes en lembranza de Carmen Cadarso, no marco de diferentes eventos e medios. Seguidamente recollemos unha mostra deles:

Máis información:

https://biostatnet.com/actividades-y-noticias/noticias/carmen-cadarso-suarez-d-e-p.html?utm_source=sendinblue&utm_campaign=NEWSLETTER%20JUNE%202022&utm_medium=email .

5.- Ingrid Van Keilegom Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña integrou á nosa querida colega Ingrid Van Keilegom, profesora da Katholieke Universiteit Leuven (Bélxica), ao seu cadro honorífico de Doutores Honoris Causa. O Departamento de Matemáticas da Facultade de Informática propuxo a Ingrid Van Keilegom actuando como padriño da nova Honoris Causa o profesor da UDC Ricardo Cao, encargado de facer a laudatio.

As liñas de investigación de Ingrid Van Keilegom comprenden a análise de supervivencia (datos censurados, modelos de curación, censura con dependencia), a inferencia estatística baixo erros de medida, a regresión cuantílica, a regresión non paramétrica e semiparamétrica, a estatística matemática e as variables instrumentais, a endoxeneidade e os modelos fronteira en Econometría. Nestes campos publicou mais de 160 artigos de investigación en revistas de prestixio internacional; deles 24 deles son con coautores das tres universidades galegas. Un deles, conxunto con tres coautores da UDC, foi recentemente galardoado co premio como contribución metodolóxica en Estatística pola Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) de España no ano 2021. Dirixiu 13 teses de doutoramento, e participou en 49 tribunais de teses de doutoramento, 8 delas no programa de doutoramento en Estatística e Investigación de Operacións coorganizado polas tres universidades galegas.

As relacións científicas e académicas da profesora Ingrid Van Keilegom coas tres universidades galegas é moi intensa, como testemuña a presenza, na súa investidura, de numerosos membros da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. Como pequena mostra adicional cabe citar que ela acolleu 4 estadías de estudantes de doutoramento da UDC e 3 de investigadores senior da UDC na Université Catholique de Louvain e na Katholieke Universiteit Leuven ao longo dos últimos 15 anos.

Ten presidido comités científicos dunha decena de congresos e workshops internacionais, e participado en comités da American Statistical Society, o Institute of Mathematical Statistics, a Bernoulli Society, a International Biometric Society e a Belgian Statistical Society e a súa participación en avaliación científica para o European Research Council e o Research Council of Flanders, entro moitas outras institucións. Para finalizar, entre as distincións da profesora Van Keilegom cómpre sinalar os seus nomeamentos como Fellow da American Statistical Association (2013), Fellow do Institute of Mathematical Statistics (2008), Elected member of the International Statistical Institute (2004) e a Cátedra da Janssen Research Foundation (2001‐2002) sobre Análise de Supervivencia.

Máis información:

https://udc.es/gl/novas/A-Universidade-da-Coruna-inviste-mana-a-Ignacio-Cirac-e-Ingrid-Van-Keilegom-como-novos-Doutores-Honoris-Causa/.

6.- Seminario “Contribucións en Análise Factorial Dinámica: Aplicacións en Mercados de Enerxía e en Economía”
18 de xullo de 2022, A Coruña

O luns 18 de xullo ás 11:30 h., na aula de Graos Víctor Gulías (Facultade de Informática dá UDC), terá lugar o seminario "Contribucións en Análise Factorial Dinámica: aplicacións en Mercados de Enerxía e en Economía", impartido por Carolina García-Martos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Politécnica de Madrid. Ademais, poderá seguirse en liña a través do espazo Teams habilitado a tal efecto: Ligazón.

Organizador: Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL).

Máis información:

https://citic.udc.es/gl/investigadores-do-citic-organizan-un-seminario-sobre-contribucions-en-analise-factorial-dinamico-aplicadas-ao-ambito-enerxetico-e-economico/

7.- Workshop de Estatística (presencial)
22 de xullo de 2022, Vigo

Desde o grupo de investigación SiDor, infórmase que o próximo venres 22 de xullo de 2022, na Aula-Seminario 6 da Facultade de Económicas de Vigo, terá lugar o seguinte programa de charlas de estatística, que se desenvolverán de xeito presencial tanto para relatores como para público en xeral:

  • 11:00-11:35 A generalized additive model (GAM) approach to principal component analysis of geographic data. Francisco de Asís López Álvarez (Universidade de Vigo).
  • 11:35-12:10 Clustering of nonparametric curves by the clustcurv package. Marta Sestelo (Universidade de Vigo).
  • 12:10-12:45 Inverse probability weighted Cox regression to correct for ascertainment bias. Mar Rodríguez-Girondo (Leiden University Medical Center, Países Baixos).
  • 12:45-13:20 The fundamental role of density functions in the binary classification problem. Pablo Martínez-Camblor (Dartmouth-Hitchcock Medical Center and Geisel School of Medicine at Dartmouth, Estados Unidos).

8.- Seminarios web do International Statistical Institute (ISI)

O International Statistical Institute (ISI) informa da organización dunha serie de seminarios web que terán lugar en próximas datas:

  • CODAP: partindo de cero.
    • Data: 21 de xullo de 2022.
    • Relator: Tim Erickson, EEUU.
  • IASS Webinar 19: Substitución de unidades que non responden na mostraxe probabilística.
    • Data: 27 de xullo de 2022.
    • Relator: Raphael Nishimura.
  • Webinar 20 da IASS: "Axuste do nesgo de selección na mostra voluntaria no censo lituano de 2021".
    • Data: 31 de agosto de 2022.
    • Relatores: Andrius Čiginas, Ieva Burakauskaitė.
  • IASS Webinar 21: Análise baseada no deseño de experimentos integrados en mostras probabilísticas.
    • Data: 22 de setembro de 2022.
    • Relator: Jan van dean Brakel.
  • Webinar IASS 22: Premio Hukum Chandra.
    • Data: 26 de outubro de 2022.
  • Webinar do IASS 23: A ponte entre o Big Data e a metodoloxía de mostraxe: Que é "grande" e onde está a "ponte".
    • Data: 30 de novembro de 2022.
    • Relator: Fulvia Mecatti.

Máis información: https://www.isi-web.org/events/webinars

9.- Congreso do International Statistical Institute (ISI 2023)
Do 16 de xullo ao 20 de xullo de 2023, Ottawa (Canadá)

Seguidamente reproducimos a invitación que fai Stephen Penneck, Presidente do ISI, invitando á toda a comunidade científica, docente e empresarial participar no próximo ISI World Conference.

Dáselle a benvida a toda a comunidade académica e profesionais da empresa, educación e administración ao próximo ISI World Conference que terá lugar en Ottawa o próximo mes xullo de 2023.

Os estatísticos nunca foron tan importantes como hoxe para axudar a resolver os problemas do mundo. E é máis importante que nunca que os estatísticos se conecten entre si, falen entre si e aprendan uns doutros. Por iso quero verlles no próximo ISI World Conference, no Centro Shaw, en Ottawa, Canadá, en 2023.

En anos precedentes, o ISI reuniu a miles de delegados de máis de 120 países nestes encontros. Despois do noso exitoso Congreso Virtual en 2021, esperamos atoparnos con amigos e colegas de todo o mundo en persoa.

Teremos un rico programa científico que inclúe sesións convidadas, sesións contribuídas, cursos curtos, titoriais e tempo para coñecer a amigos e colegas. Atraeremos a académicos, estatísticos matemáticos, científicos de datos, estatísticos aplicados, estatísticos oficiais e estatísticos do mundo da empresa. Non é necesario ser un estatístico para beneficiarse do WSC: calquera persoa que utilice ou teña interese na estatística ou a ciencia dos datos atopará as sesións de valor.

O Centro Shaw de Ottawa é un espazo que acollerá a todo o mundo da estatística. Haberá oportunidades para establecer contactos informais, e eventos especiais para mozos estatísticos, e para as mulleres na estatística, e para os membros do ISI.

Se está interesado en tomar boas decisións utilizando datos, se quere compartir as súas ideas cos seus compañeiros, se quere aprender dos demais, leste é o lugar onde quererá estar.

Así que esperamos verlle no Congreso Mundial de Estatística en xullo de 2023 no Centro Shaw de Ottawa, Canadá.

Stephen Penneck, Presidente do ISI.

Máis información: https://www.isi2023.org/conferences/ottawa-2023/key-dates/

10.- Congreso Internacional “Uso de R en Estatísticas Oficiais, uRos2022”
Do 6 ao 8 de decembro de 2022, virtual (en liña)

Convidase aos profesionais da estatística pública e a toda a comunidade académica a presentar relatorios e a asistir ao International Conference Use of R in Official Statistics uRos2022, sendo a data límite o próximo 16 de setembro de 2022.

Haberá dous tipos de presentacións "presentacións regulares" con intervalos de tempo de aproximadamente 15 minutos e "presentacións lóstrego" con intervalos de tempo de 5 minutos e un ciclo continuo de diapositivas. Por favor, indique a súa preferencia, pero o comité científico asignará finalmente as presentacións nas dúas categorías.

O obxectivo da conferencia é ofrecer un foro público para que os investigadores do mundo académico e dos institutos de estatística oficial (gobernamental) presenten, intercambien ideas e discutan os avances no software estatístico de última xeración que se utiliza habitualmente na economía e a estatística aplicadas. Espérase que os debates estean, fundamentalmente, enfocados no uso de R na estatística oficial ou pública.

En 2022, comprácenos anunciar que a 10ª edición de uRos, a primeira non europea, será acollida por Statistics Canada, como evento virtual.

Modalidade: virtual.

Máis información: http://r-project.ro/conference2022.html.

11.- Ofertas de traballo no Basque Center for Applied Mathematics - BCAM

O Centro Vasco de Matemática Aplicada - BCAM ofrece as seguintes prazas:

Técnico de investigación en aprendizaxe automática e aplicacións - IA4TES:

Este traballo enmárcase no proxecto IA4TES - Intelixencia Artifical para a Transición Enerxética Sostible. Esta oferta, en concreto, é para traballar no grupo de Machine Learning do Basque Center for Applied Mathematics - BCAM, onde se traballará en aplicacións de Machine Learning. Prazo de presentación de solicitudes: 29 de xullo de 2022.

Bolseiro postdoutoral en Biomatemática no Grupo de Bioloxía Matemática e Teórica:

No marco do proxecto BMTF, BCAM ofrece unha bolsa postdoutoral en biomatemáticas. O proxecto de investigación centrarase no desenvolvemento de variacións de modelos espazo-temporais sobre a transmisión e o control de enfermidades infecciosas e o seu impacto no sistema de vixilancia vasco; Modelización de diferentes estruturas de contacto social para entender a propagación da enfermidade; Modelización do papel dos cambios de comportamento social, os peches e outras medidas de control que afectan á dinámica das enfermidades respiratorias estacionais. Prazo de presentación de solicitudes: 15 de setembro de 2022, xoves.

Técnico de Investigación en Biomatemáticas no Grupo de Bioloxía Matemática e Teórica:

No marco do proxecto BMTF, BCAM ofrece un posto de Técnico de Investigación en biomatemáticas. O proxecto de investigación centrarase no desenvolvemento de variacións de modelos espazo-temporais sobre a transmisión e control de enfermidades infecciosas e o seu impacto no sistema de vixilancia vasco; Modelización de diferentes estruturas de contacto social para entender a propagación de enfermidades; Modelización do papel dos cambios de comportamento social, os peches e outras medidas de control que afectan á dinámica das enfermidades respiratorias estacionais. Prazo de presentación de solicitudes: 15 de setembro de 2022, xoves.

Máis información nesta ligazón.

12.- 6 postos de postdoutoramento na Unidade de Investigación do iMAT, dentro do "Qualifica Excellence Program"

A Unidade de Investigación do iMAT, no marco do "Qualifica Excellence Program", ven de ofertar 6 contratos para investigadores postdoutorais non seguintes temas:

  • Tema 1: Mathware para a operación e planificación de sistemas enerxéticos intelixentes e sostibles. IPs a cargo: Juan M. Morais (Universidade de Málaga) e Emilio Carrizosa (Universidade de Sevilla). Descrición: Deseño, desenvolvemento e implementación de ferramentas para a planificación e operación de sistemas enerxéticos axustados gas-electricidade, con posibilidade de transporte de hidróxeno (mixto) a través da infraestrutura gasista, e de redes de distribución activa (smart grids). Estas ferramentas basearanse na Optimización Matemática e a Ciencia dos Datos e requirirán o deseño, estudo e implementación de algoritmos e/o procedementos para resolver grandes problemas de optimización non convexos con variables enteiras. Estes algoritmos e/o procedementos poden ir desde aproximacións convexas (conservadoras) e métodos de descomposición ata a aplicación de heurísticas matemáticas.
  • Tema 2: Análise complexa e harmónica, teoría de operadores e funcións especiais. IPs a cargo: Manuel D. Contreras, Antonio J. Durán (Universidade de Sevilla) e José Ángel Peláez (Universidade de Málaga). Descrición: O noso grupo de investigación ten unha ampla e longa experiencia investigadora en teoría de operadores entre espazos de funcións analíticas, teoría de funcións xeométricas, dinámica complexa, análise real e harmónica, e funcións especiais. O candidato elixido será membro do grupo formado polos investigadores senior M.D. Contreras, G. Curbera, S. Díaz-Madrigal, A. J. Durán, D. Girela, F.J. Martín-Reyes, J. Á. Peláez, L. Rodríguez-Piazza, e M.C. Reguera nas universidades de Málaga e Sevilla. Poderán traballar nalgún problema aberto desafiante das liñas de investigación existentes ou engadindo un novo relacionado cos temas anteriores.
  • Tema 3: Control, Controlabilidad e Problemas Inversos para EDP. Aplicacións. IPs a cargo: Enrique Fernández-Cara e Manuel González Burgos (Universidade de Sevilla). Descrición: Resultados de control para sistemas de Navier-Stokes e variantes. Aplicacións á dinámica de fluídos; Problemas de control e inversos para sistemas de contorno libre; Controlabilidade de sistemas parabólicos axustados; Problemas inversos para EDP dexeneradas; Aspectos numéricos e aplicacións relacionadas.
  • Tema 4: Criptoanálisise post-cuántica: teoría de grupos, complexidade e aprendizaxe automático. IPs responsables: María Cumprido, Juan González-Meneses (Universidade de Sevilla) e Antonio Viruel (Universidade de Málaga). Descrición: O obxectivo deste proxecto é estudar a fondo os problemas combinatorios e xeométricos que xorden dos esquemas criptográficos post-cuánticos baseados en problemas de Teoría de Grupos (problema de conxugación, problema de conxugación simultánea, problema de palabras, problema de cálculo de raíces, ...), especificamente os relacionados cos grupos de Artin e trenzas. Espérase que o investigador designado teña unha sólida formación nestes temas e un bo dominio da programación (C++, Python e/o Julia), xa que o proxecto debe incluír implementacións prácticas dos algoritmos desenvolvidos.
  • Tema 5: Loxística e transporte sostible: Algoritmos de optimización. IPs a cargo: Xusto Porto (Universidade de Sevilla) e Antonio M. Rodríguez-Chía (Universidade de Cádiz). Descrición: O obxectivo desta proposta é resolver os retos matemáticos que se expoñen no ámbito da loxística. En concreto, os logros esperados son: 1. Integración de diferentes aspectos das cadeas de subministración e sistemas de transporte. Análise de novas funcións obxectivo orientadas á robustez, resiliencia e sustentabilidade de cadeas loxísticas e sistemas de transporte xerais. 2. Desenvolvemento de algoritmos para os problemas integrados de optimización de sistemas de transporte e cadeas loxísticas. 3. Enfoques teóricos de xogos de solucións xustas e estables en cadeas loxísticas e sistemas de transporte. 4. Aplicacións en sistemas complexos con diferentes niveis de integración: cidades e territorios intelixentes.
  • Tema 6: Técnicas de modelización de orde reducida para fluxos xeofísicos dominados por adveción. IPs a cargo: Manuel J. Castro Díaz (Universidade de Málaga), E.D. Fernández Nieto, Samuele Rubino (Universidade de Sevilla). Descrición: O obxectivo principal de é estender as técnicas de Modelado de Orde Reducida (ROM) á aplicación de fluxos xeofísicos multiparamétricos, en particular, a problemas relacionados coa modelización de tsunamis. O segundo obxectivo é propoñer novas estratexias no marco do ROM para problemas dominados pola adveción para solucións non suaves. Os modelos e técnicas desenvoltos durante este contrato poderían incorporarse aos sistemas de alerta temperá existentes.
  • Tema 7: Aplicacións matemáticas para sistemas biolóxicos. IPs responsables: Soledad Fernández García, Francisco M. Guillén González, José Antonio Langa Rosado, María Teresa Pérez Pérez (Mayte Pérez-Chairos para publicacións), (Universidade de Sevilla). Descrición: Modelos de EDP tumorales que implican efectos taxis: modelización, análise, control de terapias, deseño de esquemas eficientes e simulacións numéricas. Modelización e simulación de procesos neuroendocrinos mediante sistemas dinámicos lentos-rápidos. Fenómenos de sincronización/desincronización neuronal, un problema crave nas enfermidades neurodegenerativas. Teoría de Xogos e PDEs non locais aplicados á competencia de especies na Agricultura. Modelos biolóxicos en Ecoloxía: comprensión da complexidade dinámica dos fenómenos do mundo real na Teoría da Evolución e a Convivencia. Agradecendo de antemán a súa colaboración, saudámoslles atentamente.

Empresa/Institución: Instituto Universitario de Matemáticas da Universidade de Sevilla (IMUS).

Localización: Cádiz, Málaga, Sevilla.

Data límite: 24/07/2022.

Máis información: http://math-in.net/wp-content/uploads/2022/07/ConvocPostdocPositions_iMAT.pdf .

Contacto:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

13.- 7 ofertas de traballo na Universidade de Glasgow.

Anahid Basiri, Catedrática de Ciencia de Datos Xeoespaciais na Escola de Ciencias Xeográficas e da Terra, na Universidade de Glasgow, convoca 7 novas vacantes ou contratos para científicos de datos e estatísticos. Os postos son os seguintes:

Para máis información, póñanse en contacto con Anahid Basiri a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Data límite de presentación de solicitudes: 1 de agosto de 2022.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates