Novas da SGAPEIO, 13 de marzo 2023

1.- I Circular do XVI Congreso SGAPEIO 2023
26-28 de outubro de 2023, A Coruña

Temos o pracer de anunciar a celebración do XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións 2023 que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, do 26 ao 28 de outubro de 2023. O congreso está organizado polo Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), e forma parte dos congresos bianuais promovidos por esta sociedade. Coma en edicións anteriores, a finalidade deste congreso é a divulgación na investigación e no ensino das innovacións da Estatística e a Investigación de Operacións. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse mesas redondas, obradoiros, sesións de comunicacións orais e tipo póster, e conferencias plenarias impartidas polos seguintes relatores:

  • M. Dolores Jiménez Gamero (Universidad de Sevilla).
  • Justo Puerto Albandoz (Universidad de Sevilla).
  • Eduardo Sáenz de Cabezón (Universidad de La Rioja).
  • Lola Ugarte Martínez (Universidad Pública de Navarra).

O programa ofrece ademais actividades de carácter social e cultural, que se anunciarán en breve.

Nesta edición, a programación oficial incluirá as I Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións, un foro onde amosar distintas experiencias docentes baseadas na innovación e implantación de melloras na aula. É dicir, todas aquelas experiencias relacionadas, directa o indirectamente, coa Estatística e IO desenvolvidos en educación secundaria e superior. As xornadas terán lugar o venres 27 pola tarde e o sábado 28 pola mañá. Solicitouse a homologación da Xunta de Galicia por unha duración de 8 horas.

Proximamente comunicaremos o resto de actividades incluídas no congreso. Toda a información relacionada co congreso e as xornadas irase actualizando en http://xvicongreso.sgapeio.es/. Pódese consultar tamén a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Confiamos que sexa de interese para os socios da SGAPEIO, polo que agradecémoslles a máxima difusión. Agardámosvos na Coruña!

O Comité Organizador do XVI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións I Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións

2.- Incubadora de Sondaxes e Experimentos: O traballo “Onde caben dous caben cinco” competirá na ISLP Poster Competition 2022-2023 representando a España

Para o Comité Executivo da Sgapeio e, especificamente, para o equipo coordinador da Incubadora de Sondaxes e Experimentos, é un pracer comunicar a todos os socios que a SEIO seleccionou o traballo: “Onde caben dous caben cinco” realizado por Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín, e titorizado por María Ángel Martínez Rodríguez, todos do centro IES Agra de Orzán (A Coruña), para representar a España na ISLP Poster Competition 2022-2023 na categoría de secundaria superior. Parabéns a todos os autores, titora e IES Agra de Orzán por esta relevante e meritoria consecución que contribúe a posicionar á estatística galega no primeiro plano nacional e internacional.

Para máis información deste concurso pódese consultar a ligazón: https://iase-web.org/islp/Poster_Competition_2022-2023.php 

3.- Laura Dávila Pena entre as 12 YoungWomen4OR de 2022

A Association of European Operational Research Societies (EURO), específicamente o seu forum Women in Society: Doing Operational Research and Managing in Science (WISDOM), ven de elexir a Laura Davila, do grupo MODESTYA da USC, entre as 12 YoungWomen4OR de 2022. Parabéns Laura! O YoungWomen4OR é una iniciativa que pretende dar a coñecer na comunidade científica e na sociedade en xeral a investigadoras novas de traxectoria máis relevante en investigación operativa, sexa na académia ou na industria.

Máis información:

4.- VII International Seminar on Statistics with R
3-4 de maio de 2023. On-line e gratuíto

É un evento multidisciplinar que integra profesionais, estudantes e practicantes das máis diversas áreas do coñecemento que utilizan a análise de datos.

O evento conta co apoio de CAPES (Coordinación para o Perfeccionamento do Persoal de Ensino Superior) e foi recoñecido pola Fundación R (2018) por ser pioneiro en América Latina no eido do uso de R.

  • Data límite para propostas de charlas (tema libre, usando R): 19 de marzo de 2023.
  • Envío de artigos: O envío de artigos permanecerá aberto ata o 10 de xullo de 2023, podéndose contribuír aos próximos números da Revista do Seminario Internacional de Estatística con R.

Máis información:

http://ser.uff.br/?utm_source=sendinblue&utm_campaign=NEWSLETTER%20FEBRUARY%202023&utm_medium=email

5.- Escola de Verán de Intelixencia Artificial (EVIA 2023)
14-16 de xuño de 2023, Sevilla

Este ano AEPIA organiza a Escola de Verán de Intelixencia Artificial (EVIA) que se celebrará desde o 14 ao 16 de xuño na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. O obxectivo da EVIA é formar aos nosos doutorandos en diferentes temáticas da intelixencia artificial constituíndo ademais un foro de encontro entre os mozos investigadores. En EVIA2023 teremos numerosas actividades: relatorios e talleres temáticos, doutoral consortium para proxectos de teses doutorais, premio ás mellores teses, competición de apps e vídeos.

Datas importantes:

  • Convocatoria para o Doutoral Consortium: 1 de maio 2023.
  • Envíos para o concurso de teses doutorais: 1 de maio 2023.
  • Convocatoria para a competición de apps: 28 de abril 2023.
  • Convocatoria para a competición de vídeos: 28 de abril 2023.

Máis información: https://unav.us5.list-manage.com/track/click?u=a17eaf0eec40853cc99cf1e96&id=e39b7987d3&e=997bcaa558

Pódese formalizar a inscrición na ligazón: https://unav.us5.list-manage.com/track/click?u=a17eaf0eec40853cc99cf1e96&id=612d7d28fc&e=997bcaa558 

6.- First Stochastic Days Encounters (First SDE)
25-26 de maio de 2023, Lisboa

En próximas datas terán lugar en Lisboa os First Stochastic Days Encounters (First SDE) os días 25 e 26 de maio de 2023, no ISEG. Para este primeiro encontro, os temas serán as Ecuacións Diferenciais Estocásticas e a Estatística.

Pódese participar no Primeiro SDE 2023 cunha contribución ou asistindo en persoa.

A data límite para o envío de resumos é o 31 de marzo.

Relatores de honra:

  • Wenceslao González Manteiga (Universidade de Santiago de Compostela, España).
  • Michael Grinfeld (Universidade de Strathclyde, Reino Unido).
  • José Carlos Dias (Instituto Universitário de Lisboa, Portugal).
  • Carlos A. Braumann (Universidade de *Évora, Portugal).
  • Paula Patrício (Universidade Nova de Lisboa, Portugal).
  • Alexandra Silva e Laura Wise (Instituto Português do Mar e dá Atmosfera, Portugal).

A inscripción inclúe un curso impartido por João M. Guerra (Universidade de Lisboa, Portugal).

Datas importantes:

  • Envío de resumos: 31/03/2023
  • Decisión de aceptación: 15/04/2023
  • Taxa de inscrición anticipada: 25/04/2023
  • Envío de traballos completos (opcional): 31/12/2023

Máis información en https://cemapre.iseg.ulisboa.pt/sde2023/ 

7.- Congreso SEIO 2023
7-10 de Novembro de 2023, Elxe

O comité organizador comprácese en informar que o proceso de inscrición no congreso SEIO 2023 xa está habilitado. Igualmente, pódese reservar aloxamento a través da web do congreso. A partir de agora, toda a información relativa ao devandito congreso irase actualizando na web https://seio2023.com/.

Así mesmo, os participantes que desexen contactar coa Secretaría Técnica do congreso poderán facelo a través da dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Anímase a toda a comunidade académica, docente, da administración e da industria, a presentar os seus resultados de investigación en Estatística, Investigación Operativa e Estatística Pública.

8.- 9th ICAS-International Conference on Advances in Statistics
20-22 de xuño de 2023, on-line

Debido aos dous devastadores terremotos de magnitude 7,7 e 7,6 que sacudiron o sueste de Turquía, ICAS 2023 celebrarase en liña.

  • Data límite de inscrición anticipada: 7 de maio de 2023.
  • Data límite para o envío de resumos: 5 de maio de 2023.
  • Data límite para o envío de artigos completos: 1 de xullo de 2023.

Os traballos seleccionados publicaranse no Journal of the Turkish Statistical Association. https://dergipark.org.tr/en/pub/ijtsa

Máis información: https://icasconference.com/ 

9.- 64th ISI World Statistics Congress
16-20 de xullo de 2023, Ottawa

O 64º ISI WSC 2023 reunirá a máis de 2.000 delegados de todo o mundo, entre investigadores estatísticos, académicos, profesionais da industria, analistas e responsables políticos, para compartir coñecementos sobre o desenvolvemento da ciencia estatística e avanzar na aplicación das estatísticas para o descubrimento, a innovación e a toma de decisións.

Durante catro días presentaranse e debaterán máis de 200 relatorios e sesións sobre diversas disciplinas e aplicacións estatísticas. Ademais do Programa Científico, organizaranse seminarios satélite, reunións e cursos breves como actos previos ao congreso.

  • Data límite de inscrición anticipada: 31 de marzo de 2023.
  • Prazo de presentación de propostas: 31 de xullo de 2023.
  • Data límite de inscrición anticipada: 31 de marzo de 2023.
  • Prazo de presentación de propostas: 31 de xullo de 2023.

Máis información:

https://www.isi2023.org/conferences/ottawa-2023/?utm_source=sendinblue&utm_campaign=NEWSLETTER%20FEBRUARY%202023&utm_medium=email 

10.- ENBIS-23: Primeira convocatoria para a presentación de traballos
11-13 de setembro de 2023, Valencia

ENBIS, a Rede Europea de Estatísticas Empresariais e Industriais, é unha plataforma na que se reúnen profesionais da estatística e estatísticos académicos de Europa e outros lugares, intercambian ideas e deseñan novos proxectos. ENBIS patrocina un congreso anual ademáis de numerosos eventos adicionais, moitos deles a través de Internet.

O presente congreso anual acolle relatorios dunha ampla variedade de sectores, desde o manufactureiro ao de servizos, desde o privado ao público. O ENBIS-23 vai ser organizado polo Departamento de Estatística Aplicada, Investigación Operativa e Calidade da Universitat Politècnica de València (UPV) e terá lugar no Nexus - Salón de Actos do Campus de Vera (UPV) en Valencia (España), do 10 ao 14 de setembro.

As sesións do congreso están programadas do 11 ao 13 de setembro, mentres que as reunións administrativas, os cursos previos e posteriores ao congreso e os talleres terán lugar os días 10, 13 e 14 de setembro.

Os temas das sesións de ENBIS-23 inclúen, entre outros, as súas áreas de especial interese, formalizadas nos chamados Grupos de Especial Interese. A lista non exhaustiva é a seguinte:

  • Deseño de experimentos
  • Modelización e control de procesos
  • Ciencia de datos na empresa e a industria
  • Mellora da calidade e Seis Sigma
  • Estatística na práctica
  • Fiabilidade e seguridade
  • Estatística e aprendizaxe automática/intelixencia artificial
  • Minería e almacenamento de datos
  • Ensino da Estatística Empresarial e Industrial
  • Incerteza nas medicións
  • Estatística na Industria (por exemplo, Farmacéutica, Automoción, Química, Alimentación)
  • Estatística computacional
  • Modelización estatística
  • Análise de datos, optimización
  • Estatística empresarial e financeira
  • Enxeñería estatística
  • Consultoría estatística
  • Modelización e previsión de series temporais
  • Causalidade
  • Industria 4.0 e xemelgos dixitais
  • Epidemioloxía, estatística en sanidade
  • Bioestadística
  • Estatística no medio Ambiente e Sustentabilidade
  • Casos prácticos de aplicacións na industria
  • Modelos Interpretables para a Empresa e a Industria
  • Xestión e análise de riscos
  • Métodos estatísticos na análise de imaxes

O congreso tamén incluirá unha serie de sesións temáticas especiais. Convídase a toda a comunidade estatística a enviar un resumo (dun máximo de 250 palabras) antes do 30 de abril de 2023. Para enviar o seu resumo, visite https://conferences.enbis.org/e/enbis-23, e faga clic en "Call for abstracts". Se aínda non é membro de ENBIS, fágase membro primeiro (teña en conta que non hai cota de socio para os membros individuais de ENBIS).

Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

11.- V Xornadas de Big Data e Matemáticas
25-26 de maio de 2023, Oviedo (tamén on-line)

Comprácenos comunicarche que grazas ao incondicional apoio de ASEPUMA e á colaboración da Universidad de Oviedo, o próximo 25 e 26 de Maio de 2023 celebraranse as V Xornadas de Big Data e Matemáticas.

Contarase coa presenza de profesionais de gran prestixio que utilizan as matemáticas e a análise de grandes bases de datos para optimizar a toma de decisións na súa contorna laboral. As xornadas desenvolveranse conxugando dúas modalidades: presencialmente na Facultade de Economía da Universidade de Oviedo (Campus de Xixón) e a distancia a través de medios telemáticos.

Ademais, disponse de mesas de investigación nas que se aceptan comunicacións orais, tanto presenciais como on-line que permitirán dar a coñecer as investigacións que cada un de nós está a desenvolver. Para iso, xa está aberto o período de envío que finaliza o 5 de maio ás 23:00.

Máis información:

  • https://sites.google.com/view/bigdataymatemticas-asepuma/2023/inscripci%C3%B3n-jornadas-y-env%C3%ADo-de-comunicaciones?authuser=0
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

12.- 17ª Conferencia de Investigación Operativa e Análise da OTA
30-31 de outubro de 2023, Laurel (Maryland, EEUU), opción de modalidade híbrida

O Cuartel Xeral do Comandante Supremo Aliado de Transformación e a Organización de Ciencia e Tecnoloxía convidan cordialmente o envío de resumos de relatorios para a súa presentación na 17ª Conferencia de Investigación e Análise da OTAN (OR&A). O evento está aberto a todas as nacións da OTAN, Australia, Austria, Finlandia, Irlanda, Xapón, Nova Zelandia, Suecia e Suíza.

Neste momento, o Comité do Programa (PC) está a planificar un evento físico con opcións híbridas limitadas, no Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins, Laurel, Maryland, EE.UU.. A conferencia celebrarase do 30 ao 31 de outubro de 2023, cun día de formación opcional o 1 de novembro de 2023.

O tema do congreso deste ano é "O carácter cambiante da defensa e a disuasión: o poder da análise". A defensa colectiva constitúe o núcleo da Alianza e a disuasión é un elemento esencial da súa estratexia global para previr a guerra, protexer aos Aliados, manter a liberdade de acción e defender os seus valores. A OTAN enfróntase á contorna de seguridade máis complexo desde o final da guerra fría. Innovacións como os sistemas de armamento autónomos ou a intelixencia artificial están a cambiar a guerra, do mesmo xeito que a crecente cantidade de información dispoñible. Os cambios no equilibrio de poder mundial, como o ascenso de China, están a desafiar os valores da Alianza, e as agresións, como as accións de Rusia contra Ucraína, están a ameazar a seguridade dos Aliados. Estes importantes acontecementos, xunto co novo Concepto Estratéxico da OTAN, subliñan a necesidade de que a Alianza garanta que a súa disuasión e defensa seguen sendo cribles e eficaces. O tema reflicte a longa práctica da Investigación e Análise Operativos en Defensa, que aborda os retos actuais aos que se enfronta a Alianza e mira cara ao futuro para achegar novos métodos a vellos retos ou métodos ben establecidos a retos futuros.

Convídase os candidatos interesados a presentar un resumo (entre 150 e 250 palabras) para a súa consideración non máis tarde do 15 de abril de 2023. Rógase aos candidatos que utilicen a ferramenta de presentación de resumos que se atopa no sitio web de eventos da OST:

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?ide=DQSIkWdsW0yxEjajBLZtrQAAAAAAAAAAAAMAADDCy2hUQ1BUSDlVNzRGVlRXRU8wNzNPVDVLTldOMC4ou

No sitio web do evento pódese atopar información adicional e as preguntas máis frecuentes:

https://events.sto.nato.int/index.php/upcoming-events/event-list/event/28-conf/471-17th-nato-ora-conference

Calquera pregunta ou dúbida adicional pode dirixirse á Presidenta do CP: Sra. Sue Collins, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

13.- Premio COSCE á difusión da Ciencia 2023

A Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE) convoca o PREMIO Á DIFUSIÓN DA CIENCIA 2023, iniciativa anual cuxo obxectivo é recompensar as accións persoais de divulgación científica que realizan os investigadores.

A persoa gañadora será designada PREMIO COSCE Á DIFUSIÓN DA CIENCIA 2023, recibirá unha placa conmemorativa e os 5.000€ cos que está dotado o premio.

Os candidatos ao galardón deberán ser presentados por unha (ou máis dunha) das Sociedades membros de COSCE, sen que sexa condición para optar ao Premio que o candidato pertenza a algunha das sociedades que integran a Confederación.

Será necesario que a candidatura acredite un labor continuado e efectivo de difusión da ciencia: publicacións, libros, artigos, programas audiovisuais, de radiodifusión, proxectos escénicos, etc. A documentación deberá entregarse en formato dixital á Secretaría Técnica da COSCE (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) identificando “PREMIO COSCE Á DIFUSIÓN DA CIENCIA 2023. CANDIDATURA”.

Máis información: https://cosce.org/premio-cosce-convocatoria/

O período de presentación de candidaturas finalizará o 12 de abril de 2023. Un xurado experto, designado pola Xunta de Goberno da Confederación, valorará as documentacións presentadas e designará un gañador.

Entrega do premio: A proclamación realizarase a finais de maio de 2023, e a entrega do premio o 13 de xuño, na sede de COSCE, en Madrid.

14.- Oferta de traballo para un científico de datos sénior na empresa Trucksters: Express Relay Transportation

Trucksters (http://trucksters.io/) é unha empresa emerxente no novo campo da loxística e a tecnoloxía dixital. É un operador de transporte dixital centrado na optimización do transporte de longa distancia en Europa que está a mellorar o estándar do transporte por estrada.

Ofrécese a incorporación a un equipo de xente nova e profesional procedente de moi distintos ámbitos (consultoría estratéxica, vendas, TI) con sede en Madrid, aínda que o ámbito de actuación é global. De feito ten operacións en España, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Polonia, Reino Unido e Francia.

As tarefas da empresa están relacionadas co movemento do transporte mundial de mercadorías por estrada coa mellor tecnoloxía, creando un impacto positivo nos camioneiros, o medio ambiente e o ecosistema dos clientes.

Tarefas a desenvolver pola persoa contratada:

  • Crear os procedementos para unha correcta Gobernanza de Datos e asegurar o seu cumprimento.
  • Establecer medidas e procedementos para unha correcta Calidade de Datos.
  • Construír pipelines de datos de extremo a extremo e cadros de mando que automaticen os procesos.
  • Axudar a deseñar, desenvolver e manter cadros de mando de informes de datos baseados nas especificacións do usuario final.
  • Proporcionar análises cuantitativas de extremo a extremo, incluíndo o deseño de métricas, o desenvolvemento de modelos, a análise de datos e a creación de cadros de mando.
  • Traballar cos usuarios de negocio, software e enxeñeiros de datos, para asegurar que as solucións empresariais de BI son fiables, escalables e flexibles.
  • Ser un asesor de confianza para a xestión de produtos e o liderado empresarial.
  • Crear visualizacións eficaces para comunicar os datos aos principais responsables da toma de decisións.
  • Comunicar os seus achados aos compañeiros de funcións cruzadas e á dirección.

Máis información: https://trucksters.recruitee.com/o/senior-data-scientist 

15.- Contrato Investigador Predoutoral (Licenciado/a, Graduado/a, Máster)

Ofértase un contrato de predoutoramento para licenciados, graduados ou persoas que acadaran a titulación de mestrado en áreas relacionadas coa estatística.

  • Duración: 3 meses (período de proba) pero prorrogable ata agosto de 2025.
  • Salario: 1900 €/mes brutos (aproximadamente).
  • Proxecto: Computación e selección Bayesiana de modelos altamente parametrizados (COSESBAYES) – SBPLY/21/180501/000241
  • Entidade financiadora: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha, Fondos FEDER.
  • Investigador Principal: Virgilio Gómez Rubio (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), Gonzalo GarcíaDonato Layron (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Máis información: https://biostatnet.com/becas-ayuda-y-empleo/oferta-contrato-predoctoral-metodos-computacionales-en-estadistica-bayesiana.html?utm_source=sendinblue&utm_campaign=NEWSLETTER%20FEBRUARY%202023&utm_medium=email 

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates