Novas SGAPEIO 08-xaneiro-2013

1.- ¡Feliz Ano Internacional da Estatística!
Co ano 2013 da comezo o Ano Internacional da Estatística (Statistics2013), unha celebración a nivel mundial que pretende divulgar a importancia da Estatística en tódolos aspectos da nosa sociedade. A SGAPEIO únese a esta celebración organizando diversas actividades que terán lugar ao longo do ano 2013:
- Febreiro: acto de apertura do Ano Internacional da Estatística e Asemblea Xeral da SGAPEIO.
- Xuño: III Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
- Xullo: III Fase Nacional dos concursos tipo Incubadora de Sondaxes e Experimentos.
- Xullo: I Encontro Portugués de Biometría e I Encontro Luso-Galaico de Biometría.
- Outubro: XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.
Máis información na web da SGAPEIO: http://www.sgapeio.es/index.php?option=com_content&view=article&id=532&Itemid=110

2.- 2013: Ano das Matemáticas do Planeta Terra
No ano 2013 tamén se celebra o Ano das Matemáticas do Planeta Terra, “Mathematics of Planet Earth” (MPE2013), iniciativa a nivel mundial que porá de relevo as achegas das Matemáticas para a solución dos problemas mundiais.
Os membros de MPE2013 patrocinarán obradoiros, congresos, conferencias, eventos de divulgación e oportunidades educativas para todas as idades.
Máis información: http://mpe2013.org/

3.- III Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberto o prazo para inscribirse na III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos que organiza a SGAPEIO en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié. O prazo de inscrición remata o 15 de xaneiro de 2013. Toda a información sobre o concurso está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es

4.- Bolsas da FEUGA
A Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) ofrece un Programa de Bolsas para Estudantes dirixido a alumnos que preferentemente teñan superado a metade dos seus créditos. O obxectivo deste programa é conseguir profesionais cunha visión real dos problemas que afrontan as empresas e preparar a súa incorporación futura a estas.
Na convocatoria aberta hai unha bolsa dirixida a enxeñeiros informáticos, licenciados en Matemáticas ou Física na empresa GALFO (Vigo).
Máis información: http://goo.gl/VS9UE

5.-Curso de xenética para estatísticos
A Sociedad Española de Biometría e Biostatnet organizan conxuntamente un curso de xenética para estatísticos, que será impartido pola profesora M. Luz Calle o día 24 de xaneiro de 2013 en Santiago de Compostela. O curso está dirixido a estatísticos, matemáticos ou enxeñeiros interesados na bioinformática pero con coñecementos limitados sobre bioloxía molecular e xenética.
Máis información: http://goo.gl/lbmuL

6.-Oferta para un estatístico en Mercadona
Mercadona busca un estatístico para traballar en Paterna (Valencia).
Requisitos:
- Licenciado/a en Estatística/Matemáticas.
- Coñecemento e aplicación de series temporais.
- Experiencia en análise de mercado.
- Carné de conducir (vehículo propio).
- Dispoñibilidade horaria e para desplazarse/viaxar.
- Ofimática: Excel e Access.
- Idiomas: Inglés nivel alto
Máis información: http://goo.gl/jHLNf

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates