ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 22-xaneiro-2013
1.- III Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Lembramos que está aberto o prazo para inscribirse na III edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos ata o 8 de febreiro de 2013.
Toda a información sobre o concurso está na páxina web da SGAPEIO: www.sgapeio.es
2.- Novas sobre o Ano Internacional da Estatística
2.1.- Novas na prensa:
- Artigo: “Se buscan estadísticos para entender el mundo”.
- Entrevista a Lola Ugarte: "La estadística debería formar parte de la cultura general”.
2.2.- Ligazóns a outras institucións que participan en Statistics2013:
- Universidade de Costa Rica: http://www.ucr.ac.cr/noticias/2013/01/17/campana-2013-ano-internacional-de-la-estadistica.html
- Centro de Investigación en Matemáticas (CIMAT) y la Universidad de Guanajuato, en México: http://www.estadistica2013cimat.mx/
2.3.- Statistics2013: Obradoiro conxunto en novembro
O Comité Directivo do Ano Internacional da Estatística, Statistics2013, está planificando un evento titulado “Future of Statistical Sciences Workshop”, que terá lugar os días 11 e 12 de novembro de 2013 en Londres. O obradoiro contará con estatísticos e outros científicos para falar das súas respectivas contribucións ao avance da investigación en áreas específicas. A participación no obradoiro será por invitación, pero poderá seguirse por internet grazas a Wiley Publishers. Ademais, todas as organizacións participantes terán a oportunidade de facer aportacións ao obradoiro.
Nos próximos meses publicaranse os detalles do obradoiro en www.statistics2013.org
2.4.- Conferencia Internacional de Geociencias Matemáticas en Madrid
En España, un dos eventos que celebra o Ano Internacional da Estatística é a Conferencia Internacional de Geociencias Matemáticas IAMG2013, que terá lugar do 2 ao 6 de setembro en Madrid organizado polo Instituto Geológico y Minero de España. Este congreso ten 27 sesións, das que hai varias sobre estatística clásica e estatística espacial (geoestatística).
A data límite para a recepción de abstracts é o 1 de febreiro de 2013.
Máis información: http://www.igme.es/internet/iamg2013/
3.- Curso de "Estatística con R para médicos"
A Universidade de Vigo e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo organizan un curso virtual sobre "Estatística con R para médicos", dirixido a médicos e outros titulados universitarios en Ciencias da Saúde. O curso, que se realizará a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Faitic), inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas básicas máis utilizadas, con datos médicos e exemplos paso a paso, asequibles para usuarios non expertos.
- Importe da matrícula: 125 € (90 € parados)
- Período de preinscrición: do 20 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2013.
- Período de matrícula: do 20 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2013.
- Período de docencia: do 10 de febreiro ao 12 de marzo de 2013.
Está en trámite o recoñecemento, como actividade de formación permanente, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/1812
4.- Call for book chapter
International Conference on Business Performance Measurement and Management (ICBPMM) took place in Lima during September 11th to 13th, 2012. The book, entitled “Business Performance Management” is scheduled to be published in July 2013. However, the publication in this volume is not limited to the contributions presented in ICBPMM 2012. The editors invite other scholars all around the globe to submit an extended abstract, followed by complete paper to be published in the above edited book .
Editors: Vincent Charles and Mukesh Kumar, CENTRUM Católica, Pontificia Universidad Católica del Perú, Lima, Perú, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Publisher: Cambridge Scholars Publishing (C-S-P), United Kingdom.
Máis información na web da SGAPEIO.