ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 05-novembro-2013
1.- Palabrario estatístico de educaBarrié
Os dous termos estatísticos que se engadiron esta semana ao Palabrario de educaBarrié son:
- Fiabilidade, definido por Salvador Naya Fernández.
- Control de calidade, definido por Salvador Naya Fernández.
Páxina web: http://www.educabarrie.org/gl/palabrario
2.-Xornada sobre o Ensino da Estatística
Debido a que quedan prazas vacantes na Xornada sobre o Ensino da Estatística de VIGO, continúa aberta a inscrición nesta xornada, que terá lugar o día 16 de novembro de 2013.
Máis información: http://goo.gl/N0Pbse
3.- XXVI Seminario Internacional de Estatística
Título: STATISTICAL MATCHING: METODOLOGICAL ISSUES AND PRACTISE WITH R-STATMATCH.
Datas: 21 e 22 de novembro de 2013.
Lugar: EHU-UPV Facultade de Letras .Vitoria-Gasteiz.
Profesora: Marcello D´Orazio.
Prazo de matrícula: do 17 de outubro ao 6 de novembro de 2013.
Máis información: http://es.eustat.es/ci_ci/seminario_c.html#axzz2iLtMNTsG
4.- Axudas do Plan I2C
No Diario Oficial de Galicia do día 15 de outubro de 2013 publicouse a orde do 2 de outubro pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C).
Hai dúas modalidades de axudas:
- Modalidade A: Contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración nunha universidade do SUG.
- Modalidade B: Contratos dun ano de duración, sen posibilidade de prórroga, nunha universidade do SUG, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato da convocatoria 2007 ou 2009 do programa Angeles Alvariño, nunha universidade do SUG, sempre que finalizase este programa e completase os 24 meses de estadías posdoutorais.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/1378_gl.pdf
5.- Concurso de Estatística Aplicada
Con motivo do Ano Internacional da Estatistica, o Departamento de Estatística e Investigación Operativa II (Métodos de Decisión) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UCM, convoca un concurso internacional de proxectos nos que as técnicas estatísticas sexan una ferramenta crucial para resolver un problema teórico ou práctico.
Este concurso está dirixido a alumnos de centros de educación superior, públicos e privados, e escolas de negocio, así como a traballadores de administracións públicas e empresas. Poden presentarse proxectos de calquera área (Economía, Empresa, Mercadotecnia, Estatística pública, Psicoloxía, Bioloxía, Física, Socioloxía, Enxeñeráa, Medicina, Farmacia, etcétera), sempre que algunha técnica estatística teña desempeñado un papel crucial no desenvolvemento do traballo.
A inscrición permanecerá aberta ata o día 31 de decembro de 2013. A Data límite para a presentación de proxectos é o día 31 de xaneiro de 2014.
Máis información: https://www.ucm.es/data/cont/docs/177-2013-09-19-ConcursoEstadisticaUCM-EeIOII.pdf