Novas SGAPEIO 20-decembro-2012

1.- I Encontro Portugués de Biometría e o I Encontro Luso-Galaico de Biometría
A Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) organizan conxuntamente o I Encontro Portugués de Biometría e o I Encontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrarán do 14 ao 16 de xullo de 2013 na Escola de Ciências da Universidade do Minho en Braga. Estes encontros están dirixidos a profesionais e usuarios da estatística, académicos, investigadores e estudantes.
Mais información: http://biometria2013-ga.weebly.com/

2.- Desafío Extraordinario de Nadal de El País
Con motivo do sorteo da Lotería de Nadal, o xornal El País e a Real Sociedad Matemática Española (RSME) recuperan a iniciativa coa que celebraron o ano pasado o centenario desta institución e presentan un desafío extraordinario: o "Desafío Extraordinario de Nadal". Entre os acertantes vaise sortear unha biblioteca matemática e o libro 'Desafíos Matemáticos', que recolle os 40 desafíos matemáticos publicados semanalmente en El País. Para participar no sorteo hai que enviar a resposta ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes das 00.00 horas do sábado 22 de decembro.
Máis información:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/12/13/actualidad/1355418532_921805.html

3.-Curso de Metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias A Escuela Andaluza de Salud Pública organiza, para o mes de febreiro, un curso sobre metaanálise aplicado á avaliación das tecnoloxías sanitarias. O prazo de preinscrición finaliza o 25 de xaneiro de 2013.
Máis información: http://www.easp.es/cursos?idCurso=202P01NA12

2025  SGAPEIO   globbers joomla templates