ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 29 outubro 2014
1.- I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía
Xa está dispoñible na web o programa do I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía (EES2014), que terá lugar en Vila Real, na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, do 6 ao 8 de novembro de 2014.
Este encontro temático está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) co apoio do Centro de Investigação e de Tecnologias Agroambientais e Biológicas (CITAB), Centro de Matemática da UTAD (CM-UTAD), Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL) e Centro de Matemática da Universidade do Minho (CMAT). Máis información: http://eio.usc.es/pub/ees2014/index.php/gl
2.- Curso de introdución a R: Software libre para PEMES
Lembramos que a SGAPEIO, en colaboración coa Facultade de Matemáticas, organiza o curso Introdución a R: software estatístico libre para PEMES dirixido a pequenas e medianas empresas que queren iniciarse no tratamento de datos estatísticos con R (empresas que fan actividades demoscópicas, estudos de mercado, análise de datos en departamentos de I+D,...).
O curso conta cunha parte presencial (12 horas) e unha parte non presencial (9 horas) na que o alumno deberá resolver prácticas con bases de datos e envialas por correo electrónico.
Parte presencial:
- Lugar: Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela).
- Datas: 10, 17, 24 de novembro e 1 de decembro de 2014.
- Horario: 17:00 - 20:00 h.
Prezo:
- Socios/as de SGAPEIO: 50 €.
- NON socios/as: 80 €.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es). O prazo de inscrición remata o 31 de outubro de 2014.
3.- Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística
Lembramos que a SGAPEIO e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración con educaBarrié, organizan unha Xornada de formación para elaborar proxectos de estatística. Aplicación á Incubadora. Esta xornada, que da continuidade á xornada sobre o ensino da Estatística celebrada en novembro de 2013, está dirixida a profesores de ESO e Bacharelato e vaise impartir en dúas edicións, unha na Coruña e outra en Vigo.
Esta actividade, que conta coa homologación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inclúe exposición de experiencias, obradoiros, unha conferencia e unha ponencia práctica sobre a elaboración de traballos para presentar á Incubadora.
- Lugar: A Coruña e Vigo nas sedes da Fundación Barrié.
- Datas:
- A Coruña: 15 de novembro de 2014.
- Vigo: 29 de novembro de 2014.
- Horario: 9:30 - 14:00 e 15:30 - 19:30.
O programa detallado e o formulario de inscrición están na páxina web da SGAPEIO (www.sgapeio.es) . O prazo de inscrición remata o 31 de outubro de 2014.
4.- Publicouse a versión 4.1 de Epidat
O servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública acaba de publicar a versión 4.1 de Epidat, programa de libre distribución orientado á análise estatística e epidemiolóxica de datos. Epidat 4.1 ten as seguintes novidades con respecto á versión anterior:
- Inclúe dous módulos novos: Inferencia sobre parámetros e Regresión loxística.
- É una versión multilingüe, que permite seleccionar entre castelán, galego e portugués.
- Ten melloras no contorno do programa e nalgúns dos módulos existentes.
- Ten corrixidos algúns erros detectados na versión anterior.
Igual que as versións anteriores, Epidat 4.1 pódese descargar desde a páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (apartado "Aplicacións e Datos"), na que tamén está toda a información sobre o contido e as novidades detalladas do programa. O arquivo que se descarga non precisa instalación. Só é necesario descomprimilo nunha carpeta do sistema con permisos de escritura, e executar o arquivo epidat.jar que está dentro da carpeta do programa (chamada Epidat 4.1).
Máis información: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62714
5.- Bolsas de posgrao do INE
O Instituto Nacional de Estadística (INE) convoca 12 bolsas coa finalidade de fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraduados. O período de desfrute de cada unha das bolsas será dun máximo de doce meses.
Presentación de solicitudes: ata o 13 de novembro de 2014.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2014/10/23/pdfs/BOE-A-2014-10781.pdf
6.- Oferta de emprego no CITIUS
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS) oferta un contrato de traballo a tempo completo asociado á actividade “Adaptation of Direct Kernel Perceptron for the classification of chemical-genetic patterns in the pharmacological domain”.
Requisitos mínimos:
- Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos ou equivalentes: graduado en Informática, enxeñeiro técnico en Informática, licenciado en Matemáticas, licenciado en Física.
- Experiencia en programación na linguaxe C++.
- Manexo de sistemas GNU/Linux.
Habilidades valorables:
- Coñecemento de tecnoloxías de análise intelixente de datos.
- Coñecemento de estratexias de paralelismo e supercomputación.
As persoas interesadas poden enviar o seu currículo mediante correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o día 31/10/2014.
Máis información: http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30&id=2635&t=9&st=0
7.- Oferta de emprego en CONENTO
A empresa CONENTO selecciona un analista cuantitativo para o seu equipo de investigación. O candidato seleccionado traballará en diferentes proxectos de investigación realizando as seguintes tarefas:
- Desenvolvemento de cuestionarios e mostraxes.
- Explotacións estatísticas e análise de datos.
- Aplicación de técnicas estatísticas multivariantes.
- Elaboración de informes e conclusións estratéxicas.
Formación:
Diplomados ou Licenciados en Estatística, Matemáticas, Investigación e Técnicas de Mercado ou Económicas.
Requisitos:
- Mínimo 2-3 anos de experiencia en empresas de investigación de mercado.
- Nivel medio/alto de inglés.
- Valorarse calquera coñecemento adicional en Analytics (Marketing Mix Modelling, Geomarketing, CRM).
Más información: http://goo.gl/qMAJO2
8.- Seminario na Facultade de Matemáticas
O departamento de Estatística e Investigación Operativa de Santiago organiza o seguinte seminario:
Learning and stability in population games by E Kalai and E Shmaya. Ehud Kalai (Northwestern University (Evanston, Illinois))
Día: 11 de novembro de 2014.
Hora: 14:30 – 15:30.
Lugar: aula 0 da Facultade de Matemáticas (Santiago de Compostela). Poderá seguirse por vídeo conferencia dende as aulas do máster en Técnicas Estatísticas da UDC e da UVigo
Abstract: Hindsight stability implies predictable non-chaotic behavior in large population games, e.g., interaction on the web, market games, etc. To be applicable to economic environments, we extend the analysis of stability from one-shot Bayesian games with independent players to repeated games with imperfect monitoring and with players whose information is correlated through unknown states of fundamentals.
We study Markov equilibrium in an imagined continuum model in which each of n Bayesian players views himself as a negligible member of an infinitely large population. A complete Bayesian analysis of the behavior of such n players illustrates that hindsight stability is obtained asymptotically as n→∞