ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas SGAPEIO 28 de xaneiro 2015
1.- Asemblea Xeral da SGAPEIO 2014
Lembramos que o vindeiro día 29 de xaneiro de 2015 terá lugar, ás 18:30 horas, a reunión da Asemblea Xeral da Sociedade do ano 2014 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
Na páxina web da SGAPEIO, no apartado "A SOCIEDADE-Actas e informes", atópase a Acta da Asemblea Xeral do 25/10/2013 que se someterá a aprobación, e a convocatoria da Asemblea, que inclúe os balances económicos de 2013 e 2014, e o orzamento para o ano 2015.
Antes de celebrarse a Asemblea impartiranse dúas conferencias ás que pode asistir calquera persoa interesada. So a Asemblea é restrinxida a socios e socias da SGAPEIO.
Máis información: www.sgapeio.es
2.- Seminarios
1. Universidade de Santiago
- Data: 5 de febreiro de 2015, ás 17:00 h.
- Lugar: Aula 4 da Facultade de Matemáticas.
- Título: Do-validating local linear hazards.
- Ponente: María Dolores Martínez-Miranda. University of Granada (Spain) & City University London (UK).
2. Universidade de Vigo
- Data: 10 de febreiro de 2015, ás 13:00 h.
- Lugar: Salón de Graos da Facultade de Económicas de Vigo.
- Título: Estimating Time to Disease Progression Using Panel Data, with Application to Multiple Sclerosis.
- Ponente: Micha Mandel. Department of Statistics, The Hebrew University of Jerusalem.
3. Universidade de Santiago
- Data: 11 de febreiro de 2015.
- Lugar: Aula 4 da Facultade de Matemáticas.
- Títulos e ponentes:
17:00-18:00: Robust Inference in Nonlinear Regression for Samples with Possible Missing Responses. Ana Bianco, Universidad de Buenos Aires y CONICET.
18:00-19:00: Statistics of Dynamic Random Networks: A Depth function approach. Ricardo Fraiman, Universidad de San Andrés (Buenos Aires - Argentina).
3.- XI edición de IMATXINA
A Fundación Escola Rosalía e Educa Barrié, co patrocinio de La Caixa e o Concello de Vigo, a colaboración da Asociación Escola Rosalía de Castro, e o asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) volta a organizar en Vigo este ano a XI Edición de IMATXINA.
Obxectivos xerais:
- Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
- Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
- Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar ...
- Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
- Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
- Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade.
Máis información: http://goo.gl/z2NCxM
4.- Día de GeoGebra de Galicia
O Instituto GeoGebra de Galicia (IGG) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) convocan o Día GeoGebra de Galicia (DGG), unha xornada de traballo sobre o programa de xeometría dinámica GeoGebra, que se vai celebrar o sábado 11 de abril de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña.
Máis información: http://www.agapema.org/?q=node/326
5.- Cursos da Universitat Autònoma de Barcelona
O Servei d'Estadística Aplicada da Universitat Autònoma de Barcelona organiza os seguintes cursos para os próximos meses:
- Mini-Curso de apoio á docencia con Deducer: 5 de febreiro de 2015.
- Curso de introdución á sintaxe de R mediante RStudio – MODULO I: 23, 25 de febreiro e 2 de marzo de 2015.
- Curso de Estatística Básica con R mediante RStudio – MODULO II: 16, 18 e 23 de marzo de 2015.
Máis información: http://sct.uab.cat/estadistica/es
6.- Workshop: Methodological Advances in Statistics related to Big Data
Do 8 ao 12 de xuño de 2015 terá lugar en Castro-Urdiales (Cantabria) un obradoiro sobre Big Data: Methodological Advances in Statistics related to Big Data.
Este obradoiro é unha reunión científica internacional organizada polo Instituto de Matemáticas de la Universidad de Valladolid (IMUVA) en representación da Red de Institutos Universitarios de Matemáticas (REDIUM).
O programa do obradoiro, que terá lugar no Centro Internacional de Encuentros Matemáticos (CIEM) de Castro-Urdiales, inclúe dous cursos breves, de 6 horas cada un, que serán impartidos por destacados investigadores expertos neste campo. Tamén inclúe conferencias plenarias e comunicacións orais.
Máis información: http://157.88.39.7/workshop/
7.- Bolsas da Axencia Galega de Innovación
A Axencia Galega de Innovación convoca bolsas para a realización de estadías durante o ano 2015 fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación, así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.
Presentación de solicitudes: ata o 13 de febreiro de 2015.
Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150113/AnuncioG0198-020115-0001_gl.pdf
8.- Bolsas Fulbright para ampliación de estudos en EEUU
Está aberta a convocatoria de Bolsas Fulbright para ampliación de estudos en EEUU no curso 2016-2017. Estas bolsas están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral nunha universidade estadounidense durante o curso académico 2016-2017.
Presentación de solicitudes: ata o 16 de marzo de 2015.
Máis información: http://www.fulbright.es/convocatorias/ver/1453/ampliacion-de-estudios/2016-2017
9.- Oferta de emprego como consultor estatístico
A empresa de consultoría AIS selecciona un persoa para integrarse dentro da empresa como CONSULTOR nos proxectos de bigdata analytics que desenvolve para os seus clientes, grandes empresas de diferentes sectores en España e Latinoamérica. As súas tarefas serán participar no desenvolvemento de modelos estatísticos sobre big data.
Requisitos:
- Titulación superior en Estatística ou Matemáticas.
- Experiencia laboral en análise e modelización estatística de grandes volumes de datos (mínimo 2 anos).
- Experiencia en R, Python, SAS, SPSS.
- Dispoñibilidade para viaxar puntualmente.
- Bo nivel de inglés e/ou francés.
Máis información: http://goo.gl/tNrRFi