

Se facemos duas metades aleatoriamente no grupo de seis monedas, na primeira haberá n caras e na segunda 3-n caras, con n = 0,1,2,3. O número de cruces será exactamente o contrario, 3-n no primeiro conxunto e n no segundo. O número de caras no primeiro montón ten que ser igual ao número de cruces do segundo. Se Iria separa as dúas metades, e despois lle da a volta ás tres monedas de unha delas, o número de caras (calquera que sexa n) será o mesmo nas duas partes.
Do 27 ao 29 de xuño, os gañadores da fase autonómica do XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos viaxaron a Zaragoza para defender os seus traballos na fase nacional.
Presentáronse os traballos premiados na fase nacional:
Finalmente o traballo “Caldo de Áreas”, feito por Sergio Castro Baliñas, Diego Guimeráns Guillén e Xavi Riomao Hernández e titorado pola profesora Ana María Rodríguez Sánchez do IES de Cacheiras, gañou un dos dous premios ex aequo na categoría de 1º e 2º da ESO.
Parabéns a todas e a todos polo voso fantástico traballo!