SGAPEIO
  • A SOCIEDADE
    • Que é a sociedade?
    • Consello Executivo
    • Consello Asesor
    • Membros Institucionais
    • Estatutos
    • Actas e Informes
    • Asociarse
    • Actualizar datos
    • Acordos reciprocidade
    • Convenios
    • IDENTIDADE CORPORATIVA
  • FORMACION / ACTIVIDADES
    • Cursos, xornadas e másters
    • Congresos da SGAPEIO
    • Outros congresos
    • Premios SGAPEIO
    • Outros premios
    • Recreo Estatístico
    • Outras actividades
    • Biometría
  • ESTATISTICA NO ENSINO
    • Ensino secundario
    • Universidade
  • PUBLICACIÓNS
    • Boletín INFORMEST
    • INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS
    • Á estatística ¡en caricaturas!
  • NOVAS
    • NOVAS
    • Ofertas de Emprego e bolsas
    • Boletín de novas
  • LIGAZÓNS
  • CONTACTA

Concurso Incubadora

ÚLTIMAS NOVAS

  • Rosa Crujeiras, Medalla de Investigación da RAGC
  • Roscón con Sorpresa
  • Número 73 de INFORMEST
  • Galicia logra un premio no II Concurso Nacional AVATAR 2026
  • Novas da SGAPEIO, 21 de xullo de 2026

Asóciate

Acceso socios

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

A proba PCR

Ten razón Carmiña. A probabilidade de que Xurxo, tendo dado positivo na PCR, teña a enfermidade, é menor do 10%, e pode apostar 10 a 1 a que non a ten.
Sensibilidade e especificidade son os dous indicadores estatísticos principais da eficacia dunha proba diagnóstica, pero hai outros: Chámase valor preditivo positivo (VPP) á proporción de positivos que realmente teñen a enfermidade, e valor preditivo negativo (VPN) á proporción de negativos que realmente non a teñen. No caso de Xurxo, o que hai que ver é o VPP: Sabendo que a proba dá positivo, cal é a probabilidade de que teña realmente e enfermidade?
O VPP depende da prevalencia, un indicador habitual da extensión da enfermidade, que é a proporción de persoas que nun momento dado están infectadas (non as que xa a tiveron, senón as que a teñen agora e aínda non curaron), que vai cambiando no tempo formando ondas debido, entre outras razón, ás medidas discontinuas adoptadas (cando está alto, faise algo; cando está baixo, non se fai nada) e, no caso da Covid, a prevalencia non superou o 1% a nivel global no noso país en ningún momento.
Cando a prevalencia é baixa, o VPP tamén é baixo (co VPN ocorre á inversa). Podemos ilustrar isto cun exemplo: temos unha poboación de 1.000.000 de persoas, das que o 1% (10.000) teñen Covid, e facemos a proba PCR a toda a poboación. A proba identifica correctamente o 90% dos enfermos (sensibilidade) e tamén o 90% dos non infectados (especificidade). Os números están no cadro seguinte:

 

  ENFERMOS SANS TOTAL
PCR POSITIVA 9.000 99.000 108.000
PCR NEGATIVA 1.000 891.000 892.000
TOTAL 10.000 990.000 1.000.000

Dos 108.000 positivos, só 9.000 teñen a enfermidade, é dicir, o 8,33% (valor preditivo positivo VPP). Esa é a probabilidade de que Xurxo teña realmente a enfermidade. Pola contra, se a PCR fose negativa, podería estar prácticamente seguro de que non ten Covid (VPN moi alto, 99,9%).
A especificidade mídese nunha mostra aleatoria da poboación, como pode ser o caso dun cribado xeral como o da empresa de Xurxo. Se a proba se aplica (como é habitual) só a aqueles pacientes que teñen síntomas claros de Covid, a especificidade aumenta considerablemente, e as contas anteriores non serían válidas.
Os cribados xerais teñen estas cousas.

{backbutton}

Número 57 de Informest

 

 

INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Marzo de 2021. Número 57


Colaboración

Recensión

Actividades da SGAPEIO

Novas do IGE

Traballos de Estatística e IO

Coñecéndonos

Estatística recreativa

Bo Nadal e Feliz 2021

Número 56 de Informest

 

 

INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Novembro de 2020. Número 56


Editorial

Colaboración

Software

Actividades da SGAPEIO

Novas do IGE

Traballos de Estatística e IO

Coñecéndonos

Sabías que?

Páxina 13 de 26

  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17

Copyright © 2026 SGAPEIO. Todos los derechos reservados.