A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a XIII XORNADA DE FORMACIÓN PARA ELABORAR PROXECTOS DE ESTATÍSTICA. Esta xornada está dirixida a profesorado de materias STEM de educación secundaria en centros públicos e concertados máis este ano ábrese a participación a profesorado de último ciclo de primaria. Impartirase nunha única edición presencial na Facultade de Matemáticas da USC

LUGAR E DATA:

Lugar: Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Data de celebración: 21 de novembro de 2026 en horario de 10:00 a 20:00

INSCRICIÓN:

A xornada é de balde pero é preciso inscribirse neste formulario.

Xornada homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Recoñecemento 8h.

PROGRAMA: pódese descargar a versión en PDF na seguinte ligazón.

 

Caption
10:00 - 10:15 Inauguración.
10:15 - 10:45 Novidades do concurso AVATAR: Descubrindo a estatística no país dos datos, no curso 2026/27, a cargo das persoas responsables da organización
10:45 - 12:00

Mesa redonda “O uso ético e responsable da intelixencia artificial no ensino medio e nos proxectos estatísticos”.
Modera:

● Conchi Fernández Munín, catedrática de ensino secundario e asesora do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Consellería de
Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Participan:

● Ernestina Campo Fernández, xefa de sección na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación
Profesional (CECUFP).
● Javier Martínez Torres, profesor titular e director do Departamento de Matemática Aplicada I. Grupo de Investigación DSN - Deseño e Simulación
Numérica en Enxeñaría Mecánica da Universidade de Vigo.
● Francisco J. Bellas Bouza, catedrático do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña.

12:00 - 12:30 Café
12:30 - 13:15

Titoras das experiencias “No hay aceite que cien años dure” e “¿Salud opostureo?”, gañadoras das categorías B e C no I Concurso AVATAR Galicia e no
concurso nacional 2026:

● Mª del Pilar Fernández Corbal. Profesora de ensino secundario no CPR Divina Pastora de Ourense.
● Pilar Rodríguez López. Profesora de ensino secundario no CPR Divina Pastora de Ourense.

13:15 - 14:00

Titor do proxecto “Auga da billa vs comprada”, gañador na categoría A no I Concurso AVATAR Galicia:

● Marcos Rodríguez Espín, profesor de ensino secundario no IES Eduardo Pondal e asesor no Servizo de avaliación do sistema educativo da
Consellería de Educación

  SESIÓN DE TARDE
16:00-19:45

Obradoiro “Ensinando a pensar con datos: os proxectos estatísticos”
impartido por:

● Luis José Rodríguez Muñiz, catedrático de didáctica da matemática da Universidade de Oviedo. (*)

Descanso de 18:00 a 18:15.

19:45 - 20:00 Avaliación e clausura da xornada.

 (*) Prégase traer portátil

Colabora: