XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

                                      ♦  Bases    Díptico

Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2020-2021) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
  • Categoría A: 1º e 2º de ESO.
  • Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante. 
 
Datas importantes:
  • Inscrición de traballos: dende o 05 de abril ata o 18 de abril 2 de maio de 2021. 
  • Entrega dos traballos finalizados: dende o 19 de abril ata o 2 de maio de 2021.
  • Fallo do xurado:  dende o 30 de maio ata o 3 de xuño 2021

Vídeo promocional

 

Formulario de inscrición (aberto durante o mes de abril do 2021).

 

 XURADO |  TRABALLOS GAÑADORESFINALISTAS | MENCIÓNS ESPECIAIS|ENTREGA DE PREMIOS| ACTA |

Xurado

O xurado do XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos estivo composto por:

Presidenta: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. SGAPEIO

Secretaria: Mercedes Conde Amboage. Universidade de Santiago de Compostela - Representante do Instituto de Matemáticas USC
 
Vocais:
- Indalecio Cabana Leira. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Jesús Manuel Díaz López. IES  de Ordes. Xunta de Galicia
- María Dolores Martínez Fernández. Instituto Galego de Estatística
- Javier Tarrío Saavedra. SGAPEIO
 
Traballos gañadores

1º e 2º da ESO:

Título: “Vaia cara”.

Autores/as: Pedro López González, Sara Martínez Vázquez, Paula Mosquera Mariño, Elena Núñez Pena e Fernando Pizarro Lema.

Titora: Milagros Diéguez Taboada.

Centro: IES do Milladoiro. (O Milladoiro).

 

3º e 4º da ESO:

 

Título: Optimizando rutas Pokémon”.

Autores: Daniel Iglesias López, Hugo Vidal Pérez e Xián Paredes Diéguez.

Titora: Marta Rodríguez Fernández. Centro: IES Pontepedriña (Santiago de Compostela).

 

Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

Título: “(A)Politicamente coherentes”.

Autoras: Laura Alonso Simón, Sabela Cambón Martínez, Sara Castelo Paredes, Alejandra Guimeráns Guillén e Samuel Vidal Mariño.

Titoras: Trinidad Pazos Celis e Olga Simón Cruz. Centro: IES Cacheiras (Teo).

 
 
Traballos finalistas

1º e 2º da ESO:

Título: “Vaia cara”.

Autores/as: Pedro López González, Sara Martínez Vázquez, Paula Mosquera Mariño, Elena Núñez Pena e Fernando Pizarro Lema.

Titora: Milagros Diéguez Taboada.

Centro: IES do Milladoiro. (O Milladoiro).


Título: “Temos que lavarnos as mans tantas veces como nos din os profes?”.

Autores/as: Miguel Carvalho Santos, Andrea Núñez Borrageiros, Gabriel Rodríguez e Irene Román Montenegro.

Titora: Adela Rodríguez Rodríguez.

Centro:  IES República Oriental de Uruguai (Vigo).

 

3º e 4º da ESO:

Título: “Como está o noso aire?”.

Autores/as: Pablo Araújo Rodríguez, Isabel Conde, Sabela Fiaño García, Nacho Canosa Gómez e Roque Varela Blanco.

Titora: María Ángel Martínez Rodríguez. Centro: IES Agra do Orzán (A Coruña).


Título: Optimizando rutas Pokémon”.

Autores: Daniel Iglesias López, Hugo Vidal Pérez e Xián Paredes Diéguez.

Titora: Marta Rodríguez Fernández. Centro: IES Pontepedriña (Santiago de Compostela).


Título: “Lobo ou can?”.

Autores/as: Yanira Castro Rojo, Brenda Rodríguez García, Elena Torrado Rama,  Martín López Vaamonde e Tomás Mato Varela.

Titora: Clara Regueira Vilar.  Centro: IES Eduardo Pondal (Ponteceso).

 

Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

Título: “(A)Politicamente coherentes”.

Autoras: Laura Alonso Simón, Sabela Cambón Martínez, Sara Castelo Paredes, Alejandra Guimeráns Guillén e Samuel Vidal Mariño.

Titoras: Trinidad Pazos Celis e Olga Simón Cruz. Centro: IES Cacheiras (Teo).


Título: “WSCIENTIFICS: rompiendo con el efecto Matilda”.

Autoras: Alba Porto, Antía Novas Arribas e Iria Estévez Juncal.

Titor: Miguel Quiroga Bóveda. Centro: IES Johan Carballeira (Bueu).

 
 
 
Mencións especiais
 

1º e 2º da ESO:

Título“Pasos e profesións”

Autores/as: María Losada Reboreda, Iván Iglesias Campos e Lucas Posada Toubes.

Titora: Mariña Lopéz Yunta. Centro: IES República Oriental de Uruguai (Vigo).


Título“Scrabble en gallego”.

Autores/as: Telma Campos Fernández, Sara Vicente Lorenzo e Gael Álvarez Vázquez.

Titora: Mariña López Yunta. Centro: IES República Oriental de Uruguai (Vigo).

 

Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:

Título“¿Vale la pena copiar?”.

Autores/as: Inés Rodríguez de Francisco, Pedro Vázquez Padín, Irea Guede Carrera, Silvia Taboada Pérez e Daniela Viso Senra.

Titor: Juan Lois González. Centro: Colegio Santiago Apóstol (Xesuitas) (Vigo).

Acto de entrega de premios (programa)
O acto de entrega de premios celebrarase na  Aula Magna da Facultade de Matemáticas o día 11 de Xuño de 2021 ás 13.30 horas. Por restricións de aforo, este ano so está permitida a asistencia dos finalistas e os titores. O programa da xornada será:
  • 10:00h - 12:30h Inicio do acto e Presentación dos traballos finalistas  (15 minutos cada un)
  • 12:30h - 13:15h Descanso e deliberación do xurado
  • 13:15h - 14:15h Lectura da acta do xurado do concurso e entrega de premios e diplomas
  • 14:15h Clausura
Vídeos da entrega de premios

 

Presentación
 
Vaia Cara 
Temos que lavarnos as mans tantas veces como nos din os profes?
Como está o noso aire.
Optimizando rutas Pokémon.
 
Lobo ou can?
 
(A)Politicamente coherentes
 
WSCIENTIFICS: rompiendo con el efecto Matilda
 
Entrega de premios e clausura.
 

 

 

 


Colaboradores principais

Coladoradores

2021  SGAPEIO   globbers joomla templates