ÚLTIMAS NOVAS
- Praza de Profesor Axudante na Universidad Complutense de Madrid
- Ofertas de traballo no Basque Center for Applied Mathematics - BCAM
- Oferta de traballo de ISGlobal en bioestatística (Barcelona)
- Bolsas para a realización dun doutoramento industrial no ICMAT (Madrid)
- Programa de doutramento 3-i ICT: Contratación de 4 investigadores noveis no CITIC (A Coruña)
Acceso socios
XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Participantes:
Poden participar estudantes (matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2021-2022) de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio. A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 5 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar polo menos cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado. Distínguense tres categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO.
- Categoría B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.
Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.
Datas importantes:
- Inscrición de traballos: dende o 1 ata o 29 de abril de 2022.
- Entrega dos traballos finalizados: dende o 4 de abril ata o 2 de maio de 2022.
- Fallo do xurado: dende o 30 de maio ata o 3 de xuño 2022.
Formulario de inscrición.
Vídeo promocional
Colaboradores principais
Coladoradores