ÚLTIMAS NOVAS
- Búsqueda de candidatos - Contrato Predoutoral FPI (próxima convocatoria)
- Oferta no Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional do Hospital Universitario Lucus Augusti (Grupo de Investigación en Oncoloxía Traslacional GIOT-HULA)
- Oferta de emprego CUNEF Universidad
- Novas da SGAPEIO, 23 de febreiro de 2026
- Workshop on Functional, NonParametric and Spatio-Temporal Statistics. In honor of Wenceslao González-Manteiga (FNPSTS 2026)
Acceso socios
Recreo Estatístico
Caramelos
Xacobe, tés catro caramelos, dálle un ao teu irmán pequeno Alen.
Vale, dareille os catro se él acerta a cor dun deles escollido ó chou, e se non acerta quedo eu con todos.
Dous son vermellos, un é laranxa e o outro amarelo. Xacobe saca dous do peto, e os ten na man pechada; os mira e di: Alén, vouche dar unha pista, alomenos un deles é vermello.
A nai propón: Alén, se o outro é tamén vermello gañas ti e quedas con todo. ¿Paréceche ben?
Alén acepta, pensando que é doado: se un dos dous é un caramelo vermello, o outro ten que ser necesariamente algún dos tres restantes con igual probabilidade, e teñen cores diferentes, vermello, laranxa, ou amarelo; polo tanto a probabilidade de acertar, e quedar cos catro caramelos, ten que ser 1/3. E mellor este xogo que recibir un só caramelo.
Xacobe, pola contra, pensa que con este sistema de escolla él ten unha probabilidade mais alta de conservar os catro caramelos, e que o xogo é preferible a darlle un caramelo a Alén.
¿Quen pensas que ten razón?


