O barco de Cangas

Alén vai coller o barco de Cangas desde o peirao do Berbés. O barco ten 50 prazas numeradas, pero Alén perdeu o seu billete tentando pillar unha maragota no embarcadoiro, e é o único pasaxeiro sen billete entre os 50 que esperan para abordar; sobe ó barco de primeiro e o mariñeiro da entrada lembra que o viu comprando o billete e dille que non hai problema, que colla un sitio calquera ó chou, e sinala un cartel no mamparo que indica que cando alguén atope o seu sitio ocupado por outra persoa debe sentarse, para evitar retrasos e conflitos innecesarios, en calquera outro lugar escollido ó azar. Naturalmente, o despiste de Alén pode producir un efecto en cadea facendo que moitos pasaxeiros teñan que coller un sitio aleatorio distinto do previsto.

Cal é a probabilidade de que o último en entrar ocupe o sitio que indica o seu billete?

 

Solución.

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates