Estratexia prudente

Ola Iria. Vexo que o teu irmán Gael está a facer varias das túas tarefas da casa.

Si, fixemos un trato a proposta de Gael. Lanzamos unha moeda ó ar, e o que perde ten que facer unha tarefa do outro. Eu puxen unha condición, que Gael aceptou: podo parar cando queira, e decidir polo tanto cantos lanzamentos facemos ese dia. Iso me permite empregar unha “estratexia prudente”: cando perdo remata o xogo. Dese xeito asegúrome de perder como moito unha tarefa cada dia (cando perdo o primeiro lanzamento), mentres que cando teño sorte podo gañar calquera número; hoxe, por exemplo, gañei catro tarefas.

Cando perdes, perdes unha nada máis, e cando gañas poden ser unha, dúas, tres, catro, cinco,... Paréceme que o negocio é redondo, Iria. Calcula agora cantas tarefas vas gañar coa túa estratexia.

Podes axudar a Iria a calcular o beneficio esperado da “estratexia prudente”?

Solución

2024  SGAPEIO   globbers joomla templates