ÚLTIMAS NOVAS
Acceso socios
Novas da SGAPEIO, 18 de maio 2022
1.- XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) informa que, unha vez transcorridas as datas límite para a entrega de traballos, o XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia, entra na súa fase de avaliación e fallo do xurado, que se realizará entre o 30 de maio ata o 3 de xuño 2022.
Máis información:
2.- Ricardo Cao é nomeado Fellow do Institute of Mathematical Statistics (IMS)
Ricardo Cao Abad, Catedrático da Universidade da Coruña, coordinador do grupo MODES, sobranceiro socio da SGAPEIO, ven de ser nomeado Fellow do Institute of Mathematical Statistics (IMS), resultado das súas contribucións fundamentais á teoría e práctica da remostraxe bootstrap, á estimación de funcións non paramétricas e, en xeral, polos seus distinguidos servizos á comunidade estatística internacional.
Creado en 1935, o Instituto de Estatística Matemática é unha organización que fomenta o desenvolvemento e a difusión da teoría e as aplicacións da estatística e a probabilidade. O IMS conta con 4.200 membros activos en todo o mundo. Aproximadamente o 10% dos membros actuais do IMS obtivo o status de “fellowship” ou socio.
A designación de membro do IMS é unha importante honra no eido da estatística internacional, desde fai máis de 85 anos. Tanto a especial distinción da investigación de cada Fellow, como seu liderado e a súa particular influencia no eido da estatística son aspectos codidadosamente avaliados por un comité de pares. Este feito non fai senon salientar a importancia deste nomeamento.
Desde a SGAPEIO aproveitamos esta ocasión para felicitar a Ricardo Cao pola consecución de tan relevante mérito internacional para a estatística galega.
Máis información:
https://imstat.org/2022/04/22/2022-ims-fellows-announced/
3.- Simposio e Doutoramento Honoris Causa para Ingrid Van Keilegom na UDC
15-16 de xuño de 2022, A Coruña
O 16 de xuño de 2022, a profesora Ingrid Van Keilegom (KU Leuven, Bélxica) será investida Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña (UDC), Galicia, España. A cerimonia terá lugar no auditorio do reitorado da UDC. Aproveitando este evento, celebrarase un simposio o día anterior (15 de xuño de 2022). Este Simposio Internacional sobre Avances Recentes en Estatística, en Honra a Ingrid Van Keilegom, está organizado polo grupo de investigación MODES, do Departamento de Matemáticas da UDC. Oito relatores convidados, entre os que se atopa a propia Ingrid, que colaboraron con ela, presentarán algúns traballos relacionados coa propia investigación de Ingrid.
Para a inscrición e calquera outra información relevante sobre este simposio, visítese a páxina web http://dm.udc.es/symposium_2022/.
4.- Escola de verán RECSM para deseño e análise estatística avanzada de enquisas
27 de xuño – 15 de xullo de 2022, Barcelona (tamén en liña)
A RECSM Summer Methods School é unha escola de verán cun programa intensivo de tres semanas que abarca diversos temas sobre metodoloxía de enquisas e a súa correspondente análise estatística. Os participantes poden crear o seu propio programa elixindo entre 16 cursos que cobren diferentes temas.
Todos os cursos son impartidos por destacados expertos de todo o mundo. Durante a primeira semana se ofrecen cinco cursos introdutorios, incluídos tres sobre programación de software en R, STATA e Phyton.
- Dirixido a: Profesionais, investigadores e estudantes que desexen desenvolver enquisas de alta calidade e empregar métodos estatísticos actualizados para a análise de datos de enquisas. Os asistentes potenciais inclúen profesionais das enquisas, profesionais do márketing, estudantes de ciencias sociais e investigadores.
- Obxectivo: Proporcionar aos participantes os coñecementos e habilidades precisas para deseñar enquisas, aplicar a análise estatística e levar a cabo unha investigación cuantitativa.
- Formato: Presencial e en liña.
Máis información:
https://eventum.upf.edu/80340/detail/recsm-summer-methods-school-2022.html.
5.- Curso A New Avenue in Bayesian Modeling using INLA
26-27 de maio de 2022, Lisboa
Título: Un novo camiño na modelización bayesiana utilizando INLA.
Organizador: Centro de Estatística e Aplicações da Universidade de Lisboa (CEAUL).
Data: Xoves 26 - Venres 27 de maio de 2022.
Conferenciantes: Prof. Håvard Rue e Dr. Janet van Niekerk, Elias Krainski e Denis Rustand (KAUST - Universidade Rei Abdullah de Ciencia e Tecnoloxía).
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias, Universidade de Lisboa, Portugal.
O obxectivo principal deste curso é presentar os novos desenvolvementos recentes na aproximación integrada aniñada de Laplace (INLA), método de referencia na inferencia bayesiana aproximada. Aínda que a metodoloxía INLA céntrase en modelos que poden expresarse como campos aleatorios gaussianos latentes (GMRF), na práctica abarca unha gran familia de modelos. INLA estableceuse como alternativa a outros métodos como as Cadeas de Markov pola súa rapidez e facilidade de uso a través do paquete R-INLA (https://www.r-inla.org/). Os relatorios incluirán seccións de presentación dos novos resultados e seccións prácticas incluindo o uso de código R para ilustrar os resultados das aplicacións que se amosarán.
Para obter información máis detallada, ademais do formulario de inscrición, consúltese https://inlashortcourse.weebly.com/
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Beira Pinto).
CEAUL: http://ceaul.org
6.- 8th Workshop on Risk Management and Insurance Research (RISK2022)
20-21 de outubro de 2022, Barcelona
O Grupo de Investigación de Riscos en Finanzas e Seguros da Universidade de Barcelona comprácese en convidarlle a participar no 8º Taller Híbrido de Investigación en Xestión de Riscos e Seguros (RISK2022). O encontro celebrarase en Barcelona os días 20 e 21 de outubro de 2022 na Universidade de Barcelona. Tamén será posible seguir o evento a través da Conferencia Virtual. O, RISK2022 ofrece un trampolín para discutir novas experiencias de investigación e desenvolvemento en finanzas e ciencias actuariais. Gustaríanos animar aos académicos e profesionais interesados nestas disciplinas para presentar traballos de investigación e propostas de doutoramento (en inglés ou español).
Datas:
- Data límite para o envío do resumo: 31 de maio de 2022 (sen prórroga).
- Decisión de aceptación: 10 de xuño de 2022.
- Traballo completo: 10 de xullo de 2022.
Inscrición:
Xullo de 2022. O número de participantes presenciais está limitado a 30 asistentes. Os participantes adicionais seguirán o evento vía streaming.
Número especial de "Cuadernos de la Fundación"
A Fundación MAPFRE publicará un número especial, con ISBN, de "Cuadernos de la Fundación", que incluirá os traballos presentados no congreso. A publicación está suxeita á aceptación dos autores. Recoméndase unha extensión aproximada de 6 páxinas, sen superar, en ningún caso, o máximo de 8 páxinas.
Máis información: http://risk2022.online/.
7.- Congresos CFE 2022 e CMStatistics 2022 en modalidade híbrida
17-19 de decembro de 2022, Londres
Se informa da primeiro aviso para envío de traballos para o 16ª Congreso Internacional sobre Econometría Computacional e Financeira (CFE 2022) http://www.cfenetwork.org/cfe2022 e o 15º Congreso Internacional do Grupo de Traballo ERCIM de Estatística Computacional e Metodolóxica (CMStatistics 2022) http://cmstatistics.org/cmstatistics2022.
O envío de resumos xa está aberto para o CFE (http://cfenetwork.org/CFE2022/submission.php) e ademais de para o CMStatistics (http://cmstatistics.org/CMStatistics2022/submission.php).
Debido á pandemia da COVID-19, o congreso será híbrido. Están previstas unhas 450 sesións organizadas que abarcan todas as áreas da econometría computacional e financeira, ademais das correspondentes á estatística computacional e metodolóxica:
http://www.cmstatistics.org/CMStatistics2022/organized.php
As sesións especiais convidadas sobre temas clave anunciaranse en
http://www.cmstatistics.org/CMStatistics2022/invited.php.
Relatores principais:
- Peter Rousseeuw, KU Leuven, Bélxica.
- Armelle Guillou , Universidade de Estrasburgo, Francia.
- Michael Pitt, Kings College London, Reino Unido.
- Jennifer L Castle, Universidade de Oxford, Reino Unido.
Os cursos serán impartidas pola profesora Armelle Guillou, da Universidade de Estrasburgo, e o profesor Michael Pitt, do King' s College de Londres.
Datas importantes:
- Inscrición anticipada: 1 de setembro de 2022
- Envío de resumos (por invitación): 08 de setembro de 2022
- Envío de resumos (contribución): 14 de setembro de 2022
- Inscrición dos autores que presentan: 16 de setembro de 2022
- Cursos: 16 de decembro de 2022
- Congreso: 17-19 de decembro de 2022
Patrocinadores principais:
- Econometrics and Statistics, Elsevier, https://www.journals.elsevier.com/econometrics-and-statistics
- CSDA, Elsevier, https://www.journals.elsevier.com/computational-statistics-and-data-analysis
Para máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
8.- Bolsas Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais (Convocatoria 2022)
Concederanse polo menos 55 bolsas para o conxunto da convocatoria, dotada cada unha delas cun importe bruto máximo de 40.000 euros, nas seguintes áreas:
- Ciencias Básica (Física, Química).
- Matemáticas.
- Bioloxía e Biomedicina.
- Ciencias do Medio Ambiente e da Terra.
- Enxeñerías e Tecnoloxías da Información.
- Economía, Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Humanidades.
- Música e Ópera.
- Creación Literaria e Artes Escénicas.
Duración: Levaranse a cabo proxectos que terán unha duración mínima de 12 meses e máxima de 18 meses.
Data límite de recepción de solicitudes: 28 de xuño de 2022, ás 18:00 h (hora peninsular española).
Bases da convocatoria e formulario de solicitude dispoñibles na web da Fundación BBVA:
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
9.- Programa de doutramento 3-i ICT: Contratación de 4 investigadores noveis no CITIC (A Coruña)
3-i ICT (International, Interdisciplinary and Intersectoral Information and Communications Technology PhD Programme) é un novo e innovador programa de doutoramento internacional levado a cabo polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña.
A 1ª convocatoria internacional contratará a 4 Early Stage Researchers (ESR), e está aberta desde o 1 de abril de 2022 ata o 31 de maio de 2022.
3-i ICT pretende fomentar a diversidade. Anímase encarecidamente ás mulleres ESR a presentarse, así como aos refuxiados e aos candidatos con discapacidade. 3-i ICT poñerá en marcha un programa de titoría para as mulleres contratadas como ESR, para que avancen nas súas carreiras.
O obxectivo de 3-i ICT é ofrecer aos investigadores noveis oportunidades únicas de investigación interdisciplinaria básica e aplicada, formación e desenvolvemento da carreira. Para garantir a dimensión 3-i, durante o período da bolsa, os ESRs
- Adquirirán experiencia real e práctica en proxectos interdisciplinarios que tendan unha ponte entre os diferentes campos da ciencia, baixo a supervisión dun experto do campo das TIC e un experto dun campo diferente.
- Realizarán estancias en institucións non académicas e/ou empresas para ampliar e mellorar as súas competencias.
- Obterán a certificación de Doutoramento Internacional, de acordo coa normativa da UDC.
Criterios de elixibilidade:
- Investigadores en fase inicial: Segundo a definición do MSCA, os candidatos deben ter menos de catro anos de experiencia investigadora, medida como experiencia investigadora equivalente a tempo completo, e non ter aínda o título de doutor. A experiencia investigadora equivalente a tempo completo mídese a partir da data en que o investigador obtivo o título que lle permite iniciar un doutoramento, xa sexa no país no que se obtivo o título ou no país no que o investigador é contratado ou enviado en comisión de servizo, mesmo se nunca se iniciou ou se previu un doutoramento.
- Norma de mobilidade do MSCA: Os candidatos non deben residir ou desenvolvido a súa actividade principal en España durante máis de doce meses nos tres anos inmediatamente anteriores á data de peche de cada convocatoria. Non se terán en conta as estancias curtas, como as vacacións.
- Ter dereito a matricularse nun doutoramento no CITIC/Universidade da Coruña: De acordo coa normativa interna da UDC, os candidatos deberán estar en posesión dun título de grao e de máster, equivalente a 300 ECTS en total, 60 dos cales deberán corresponder a un título de máster (ou sistema de créditos equivalente para títulos outorgados por universidades de fóra da UE). Os expertos da Escola Internacional de Doutoramento da UDC (EIDUDC) realizarán unha comprobación de elixibilidade previa á admisión de todas as solicitudes.
- Ser de calquera nacionalidade. Non hai restricións de idade.
Máis información: https://3i-ict.citic.udc.es/
10.- Bolsas para a realización dun doutoramento industrial no ICMAT (Madrid)
Dentro do programa de Doutoramento Industrial da Comunidad de Madrid, o ICMAT ofrece a posibilidade de realizalo con empresas punteiras nas áreas de:
- Aprendizaxe automática e ciberseguridade.
- Descubrimento de fármacos con machine learning.
Máis información:
https://www.icmat.es/es/oportunidades-trabajo/ayudas-doctorados-industriales-2022/.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Data límite: 23 de Maio.
11.- Oferta de traballo de ISGlobal en bioestatística (Barcelona).
O Institute for Global Health de Barcelona (ISGlobal) busca un bioestadístico e xestor de datos para a xestión e a análise dos datos xerados nos estudos de biomarcadores e correlatos inmunolóxicos de protección contra a malaria e COVID-19 tras a infección ou a vacinación, así como noutros estudos do grupo de Inmunología da Malaria.
Actividades: Investigar os mecanismos de protección inducida pola vacina contra as enfermidades infecciosas, e identificar os correlatos da protección inducida pola vacina. O estudo leva a cabo en colaboración con múltiples centros de investigación internacionais (África, Europa, Estados Unidos, Australia).
Obxectivo: Asegurar que os complexos conxuntos de datos das mostras e os datos recolleitos no estudo inmunológico se organícen nun formato estándar e estean dispoñibles para a análise estatística en ISGlobal e nos centros de colaboración internacionais, para facilitar a finalización dos plans analíticos e realizar a análise de datos. Este posto tamén proporcionará apoio na análise estatística a outros estudos en curso no grupo baixo a supervisión dos IP. O posto requirirá experiencia en estatística e xestión de datos. O traballo levarase a cabo nas instalación de ISGlobal en Barcelona.
Máis información:
12.- Ofertas de traballo no Basque Center for Applied Mathematics - BCAM.
O Centro Vasco de Matemática Aplicada - BCAM informa que ven de publicar unha nova praza de bolseiro postdoutoral e dúas prazas de técnico de investigación.
- Técnico de Investigación en Clasificadores de Risco Minimax: O BCAM ofrece unha praza de Técnico de Investigación en Clasificadores de Risco Minimax para traballar en Aprendizaxe Supervisada mediante a minimización robusta do risco. Emplearanse técnicas de aprendizaxe estatística que minimizan a perda esperada no peor caso, ademais de métodos de máxima entropía xeneralizada para a aprendizaxe supervisada, no marco e soporte que ofrece o Grupo de Aprendizaxe Automática, específicamente co Dr. Santiago Mazuelas. Prazo de presentación de solicitudes: 3 de xuño de 2022, venres.
- Bolseiro postdoutoral para a modelización da vida útil dos elementos que compoñen diversas tecnoloxías para a producción de enerxía eólica mariña: BCAM ofrece un posto postdoutoral no marco do proxecto IA4 TES - Intelixencia Artificial para a Transición Enerxética Sostible. Esta oferta de emprego, en concreto, é para traballar no grupo de Simulación de Propagación de Ondas en BCAM con D. Pardo e V. Nava, onde o investigador traballará en Aprendizaxe Automática, Computación Baseada en Datos, Simulación Numérica, Modelos de Degradación e Enerxía Eólica Offshore. Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xuño de 2022, luns.
- Técnico de Investigación en Métodos Computacionais para a Fiabilidade e a Monitorización da Saúde Estrutural: BCAM ofrece unha praza de Técnico de Investigación no marco do proxecto IA4 TES - Intelixencia Artificial para a Transición Enerxética Sostible. Aprendizaxe automática, computación baseada en datos, simulación numérica, modelos de degradación, transfer learning, aprendizaxe profunda, ecuacións diferenciais parciais, problemas inversos. Prazo de presentación de solicitudes: 13 de xuño de 2022, luns.
Máis información: http://www.bcamath.org/en/research/job.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
13.- Praza de Profesor Axudante na Universidad Complutense de Madrid.
No Boletín Oficial da Universidade Complutense de Madrid, a 05/05/2022, publicouse a convocatoria dunha praza de Axudante no Departamento de Estatística e Investigación Operativa (Facultade de CC. Matemáticas). Os datos son os seguintes:
- Código: 2904/ AYU/001.
- Área coñecemento: Estatística e Investigación Operativa.
- Prazo de presentación de solicitudes: do 6 de maio ao 27 de maio, ambos inclusive.
Máis información:
https://www.ucm.es/convocatoria-publicada-en-el-bouc-de-5-de-mayo-de-2022-5