No DOG nº 249 do 29 de decembro de 2010 publicouse o Decreto 213/2010, do 16 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011.

Neste programa estatístico incorpóranse 152 actividades que cobren ámbitos moi variados que van dende os tradicionais, poboación, condicións sociais e estrutura produtiva ata os máis novedosos como benestar e participación social ou sectores específicos. Entre as actividades que supoñen unha novidade neste programa están a Conta de distribución da renda municipal, a Matriz de contabilidade social, os Indicadores do sector servizos e os Indicadores do sector empresarial.

Máis información: Programa estatístico 2011