O proxecto ESTALMAT-Galicia organiza o IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas e a VIII Reunión Nacional do ESTALMAT, que terán lugar os días 8, 9 e 10 de abril na Facultade de Matemáticas de Santiago.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web do proxecto ESTALMAT. A participación é de balde, pero obrigatoria, para unha mellor previsión de necesidades por parte da organización.
O seminario será un foro de presentación de novas actividades por parte das distintas sedes do proxecto de estímulo matemático, acompañado dun debate sobre a validez das propostas para incentivar o talento precoz. As actividades que se expoñan será recollidas nunha publicación electrónica que estará a disposición dos usuarios na web de ESTALMAT.
Data límite de inscrición: 31 de marzo de 2011.
Máis información: http://www.estalmatgalicia.com/

