O Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria é unha proposta da Plataforma de Innovación Sanitaria da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde promovida dende a Sub. Xral. de Investigación, Docencia e Innovación e a FEGAS, para implementar un proxecto de innovación formativa, en construción permanente, que posibilite unha xestión efectiva da circulación do coñecemento en torno á investigación sanitaria.
O itinerario constrúese cun formato multimedia, vídeo + soporte documental, que pretende difundir coñecementos prácticos a través de pequenas pílulas formativas de 20-25 minutos de duración, e está estruturado en catro módulos:
- Metodoloxía da investigación
- Bioestatística
- Proxectos e xestión da investigación e innovación
- Xestión de resultados
Os vídeos están dispoñibles no portal do SERGAS: Itinerario
Ademais, a fin de mellorar a difusión do proxecto creouse un canal en YouTube: http://www.youtube.com/user/Itinerariofegas

