Funcións: Realizar análise estatística de grandes volumes de datos, recompilados das distintas bases de datos e fontes de información, que permitan obter coñecemento e resolución de problemas de negocio e definir índices de interese da empresa.
REQUISITOS minimos esixibles das candidaturas:
- Formación acreditada
- Estar en posesión do título de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñería, máster e/ou doutoramento. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coa área de estatística.
- Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de técnicas estatísticas.
- Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos e estatísticos.
- Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
- Coñecementos e experiencia previa en procesamento de grandes bases de datos.
- Coñecementos avanzados de inglés.
- Coñecementos e experiencia adicional
- Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de análise exploratorio de datos, técnicas de modelización estatística (modelos de regresión lineal e non lineal, paramétricos e non paramétricos, regresión loxística,…), análise multivariante (procedementos de redución da dimensión, técnicas de clasificación supervisada e non supervisada, análise factorial, selección de características,…) e detección de anomalías, entre outras.
- Coñecementos e experiencia previa en computación estatística, minería de datos, Big Data e statistical learning / machine learning.
- Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso das linguaxes de programación R ou Python.
- Coñecementos e experiencia previa no uso de Google Analytics e BigQuery.
FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
- Análise estatística de grandes volumes datos recompilados a través das distintas bases de datos e fontes de información da empresa, que permitan obter coñecemento deses datos e resolver problemas de negocio.
- Definición de índices de interese para a empresa.
- Implementación dos índices seleccionados na infraestrutura de almacenamento de datos da empresa.
- Construción e implementación de motor de alertas asociadas aos índices seleccionados.
CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN:
- Realizarase un contrato indefinido.
- Retribución bruta anual: 29.300,00 €.
- Xornada laboral: tempo completo.
- Lugar de Traballo: Polígono Industrial de Sabón. Arteixo.
- Incorporación inmediata unha vez finalizado o proceso de selección.
PROCESO DE SELECCIÓN
- A solicitudes enviaranse a:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Data límite de recepción de solicitudes: 17 de agosto de 2019.
- Os candidatos/ as seleccionados/ as de acordo cos criterios anteriores serán convocados/ as a unha entrevista persoal, na que deberán achegar a documentación acreditativa da Formación e Coñecementos que indicasen na solicitude, así como vida laboral.
- Garántese confidencialidade.

