- Detalles
- Escrito por Antonio Vaamonde Liste. (Universidade de Vigo)
- Categoría: Uncategorised
Solución: Se eliximos un barco ao chou entre once, a probabilidade de que sexa o que buscamos será 1/11 = 0,091. A estratexia óptima consiste en empregar unha regra de parada: deixamos pasar os r-1 primeiros barcos e atacamos despois a primeira nave –entre r e n- que sexa máis grande que todas as r-1 observadas. Con esa estratexia, para calquera corte r, a probabilidade p(r) de que o barco máis grande sexa seleccionado é:
p(r) = ![]()
Para cada i dende r ata n calcúlase a probabilidade de que, sendo i o elemento buscado (prob=1/n), o máis grande dos primeiros i-1 estea entre os r-1 desbotados (nese caso i sería o elixido).
A suma non está definida para r = 1, pero é doado ver que p(1)=1/n.
Con n=11, para r = 2 a probabilidade é p(2)=0,266, e para r = 3 , p(3)=0,351; a probabilidade máxima p(r)=0,398 obtense para r = 4. Esta estratexia multiplica por algo máis que 4 a probabilidade de éxito de Olaf e Svein.
Cando n aumenta, o r óptimo tende rapidamente a n/e, e a probabilidade de acerto tende a 1/e ≈ 0,368. Pódese utilizar como aproximación razoable con carácter xeral, mesmo con valores de n non moi grandes como o desta historia, o r máis próximo a n/e [no noso conto 11/e =4,05].
Existen moitas situación similares na vida real ás que se pode aplicar a mesma análise probabilística. Por exemplo, cando buscamos o billete de avión máis barato por Internet, ou cando buscamos a gasolineira máis axeitada durante unha viaxe por autoestrada: se decidimos demasiado axiña, perderemos as mellores oportunidades, e, se agardamos demasiado, non atoparemos nada mellor que o que xa temos desbotado. Para aplicar a esa toma de decisión a estratexia “n/e” só precisamos coñecer “n” de xeito aproximado.
{backbutton}
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Novembro de 2017. Número 47
Colaboración
Software
Actividades da SGAPEIO
Novas do IGE
Traballos de Estatística e IO
Coñecéndonos
Estatística recreativa
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
| Nome | Cargo |
| D. César Andrés Sánchez Sellero | Presidente |
| D. Javier Tarrío Saavedra | Vicepresidente de estatística |
| Dª. María Gómez Rúa | Vicepresidenta de investigación de operacións |
| Dª. Mª José Ginzo Villamayor | Secretaria Xeral |
| D. Alejandro Saavedra Nieves | Vogal |
| D. Carlos Neira Cortizas | Vogal |
| Dª. Covadonga Rodríguez-Moldes Rey | Vogal |
| D. Javier Roca Pardiñas | Vogal |
| Dª. Maria Martín Vila | Vogal |
| Dª. Paula Raña Míguez | Vogal |
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Outubro de 2017. Número especial 25 aniversario
Colaboracións dos presidentes
Liña de vida
Asembleas Xerais da SGAPEIO
Imaxe corporativa
Os números da SGAPEIO
Consellos executivos
Agradecementos
- Detalles
- Categoría: Uncategorised
Descarga do logotipo
- Logotipo en cor [descargar .png .eps]

- Logotipo en cor co nome da Sociedade debaixo [descargar .png .eps]

- Logotipo en cor co nome da Sociedade á dereita [descargar .png .eps]

- Logotipo en branco e negro [descargar .png eps]

- Logotipo en branco e negro co nome da Sociedade debaixo [descargar .png .eps]

- Logotipo en branco e negro co nome da Sociedade á dereita [descargar .png .eps]

Cores coporativas
- A imaxe corporativa da SGAPEIO componse das seguintes cores:

- A tipografia do logotipo é da familia FRUTIGER.

