

Do 25 ao 27 de xuño, os gañadores da fase autonómica do XV Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos viaxaron a Logroño para defender os seus traballos na fase nacional.
Presentáronse os traballos premiados na fase nacional:
Finalmente o traballo “Contade con nós” gañou un dos dous premios ex aequo na categoría de 1º e 2º da ESO. "El lado oscuro de la miel" gañou un dos dous premios ex aequo na categoría de 3º e 4º da ESO. "OncoVida. Números que contan historias" acadou unha mención de honor na categoría de Bacherelato e ciclos formativos.
Parabéns a todas e a todos polo voso fantástico traballo!
O primeiro reparto é xusto, cada un dos dous xeados vai con igual probabilidade para cada neno. O segundo reparto non, xa que non é certo que o xeado de Xacobe sexa con igual probabilidade de chocolate ou non. Un dos xeados (A) é de chocolate; o outro (B) ten probabilidade ½ de ser de chocolate. A priori os dous xeados teñen igual probabilidade de ser escollidos (½), e a probabilidade de que a Xacobe (ou a Alén) lle toque un xeado de chocolate é ½ + ¼ = 0,75 (probabilidade de que lle toque A, máis probabilidade de que lle toque B e ademáis sexa de chocolate), pero Alén xa ten un de chocolate, que pode ser A con probabilidade 2/3 ou B con probabilidade 1/3 (a metade), e o outro xeado, o de Xacobe, será polo tanto A con probabilidade 1/3 ou B con probabilidade 2/3 (xa non son equiprobables). Nesa situación a probabilidade de que o xeado de Xacobe sexa de chocolate é 1*1/3 + 1/2*2/3 = 2/3. Esa será a probabilidade de que lle toque recoller a mesa, dobre da do seu irmán pequeno Alén.
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convocou o XV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Formulario de inscrición (aberto desde o 24 de marzo ata o 7 de abril de 2025).