

INFORMEST. Boletín da SGAPEIO. Xullo de 2026. Número 73
Colaboración
Entrevista
Actividades da SGAPEIO
Novas
Novas do IGE
Traballos de Estatística e IO
Coñecéndonos
Estatística recreativa
Software

Presentación da edición en galego
A orixinalidade na presentación de distintos conceptos e cuestións relacionados coa Probabilidade e a Estatística de Á Estatística ¡en caricaturas! fai deste libro unha referencia obrigada para todos aqueles que estean a introducirse nestas disciplinas, motivo polo cal a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións tomou a iniciativa de da súa publicación en galego.
Á Estatística ¡en caricaturas! é o resultado do traballo desinteresado dun grupo de membros da SGAPEIO. A todos eles querémoslle expresar a nosa gratitude póla súa dedicación e interese, que fan posible que este proxecto sexa realidade.
Coa tradución ao galego desta obra, a SGAPEIO trata de contribuír ao fomento e divulgación da Estatística en Galicia. Estamos convencidos de que este libro resultará de grande utilidade para todos aqueles que tentan de achegarse á Estatística e de que vai ser un importante apoio á docencia das materias de Probabilidade e Estatística na Ensinanza Secundaria e mais no Bacharelato.
| Cidade | Librarías | Prezo reducido (socios) |
| A Coruña |
- Libraría COLÓN. Rúa Real - Libraría ARENAS. Cantón pequeno - Libraría COUCEIRO. Cantón Pequeno |
- Ricardo Cao Abad. Enderezo-e: - Manuel A. Presedo Quindimil. Enderezo-e: |
| Lugo |
- Libraría BIBLOS. Rúa Dr. Fleming - Libraría AGUIRRE. Rúa Bispo Aguirre - Libraría SOUTO. Praza Maior |
- José Mª Alonso Meijide. Enderezo-e: - Antonio Sampayo Flores. Enderezo-e: |
| Ourense |
- Libraría TANCO. Rúa Cardenal Quevedo - Libraría EIXO. Rúa Cardenal Quevedo - Libraría KATHEDRA. Rúa Valle-Inclán |
- Tomás Cotos Yañez. Enderezo-e: |
| Pontevedra |
- Libraría EL PUEBLO. Rúa San Román |
- José Vicente Novegil Souto. Enderezo-e: |
| Santiago |
- Libraría ABRAXAS. Rúa Montero Ríos - Libraría FOLLAS NOVAS. Rúa Montero Ríos |
- Manuel Febrero Bande. Enderezo-e: - Wenceslao González Manteiga. Enderezo-e: |
| Ferrol |
- Libraría do CAMPUS. Avda. de Esteiro - Libraría CENTRAL. Rúa Real - CENTRAL LIBRERA UNO. Rúa Dolores |
- Salvador Naya Fernández. Enderezo-e: |
| Vigo |
- Libraría LIBROURO. Rúa Eduardo Iglesias - Libraría A LIBROTECA. Rúa Gerona |
- Gloria Fiestras Janeiro. Enderezo-e: |
| Lalín |
- Libraría ALVARELLOS. Rúa Joaquín Loriga |
|
| Pontedeume |
- Libraría ANCORA. Rúa Ricardo Sánchez - Libraría CUNQUEIRO |
|
| Betanzos |
- Libraría DONÍN. Rúa do Rollo |
|
| Vilalba |
- Libraría SEGREL. Rúa da Pravia |
| Reciprocidade coa Real Sociedad Matemática Española (RSME) |
| Reciprocidade coa Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) |
| Reciprocidade coa Sociedad Española de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) |
| Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) |
¿Que che ofrecemos? | Cota | ¿Como asociarse?
¿Que che ofrecemos?
Dende a SGAPEIO queremos animarte a unirte ao noso colectivo, que ten como obxectivo promocionar e divulgar os métodos e aplicacións da Estatística e da Investigación de Operacións no ámbito galego (Artigo 2.1 dos Estatutos).
Deste xeito poderás disfrutar dos servizos e actividades que a nosa Sociedade ofrece:
Cada ano recibirás un número do Informest, que é a publicación periódica da SGAPEIO, na que se inclúen varias seccións que poden ser do teu interese, e na que podes participar con suxerencias, comentarios ou escribindo unha colaboración sobre un tema que poida ser de interese para o resto de socios e socias.
Semanalmente recibirás unha mensaxe de correo electrónico con anuncios sobre eventos de interese (cursos, xornadas, seminarios, ...) e ofertas de emprego.
Se eres estudante, poderás beneficiarte dun desconto na cota anual da Sociedade.
A SGAPEIO ten firmados acordos de reciprocidade coa Real Sociedad Matemática Española (RSME) e coa Sociedade Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA). En virtude destes acordos, podes ser tamén socio desas sociedades cun desconto do 50% na súa cota anual.
A SGAPEIO vén de actualizar o acordo de reciprocidade coa SEIO, en virtude do cal, ao ser unha persoa socia de ambas as dúas sociedades, redúcese a cota ordinaria da SGAPEIO.
Ademáis realizamos unha serie de actividades como os congresos bianuais da Sociedade, nos que se presentan traballos sobre a investigación en estatística, o ensino medio, ou aplicacións en distintos campos como a bioestatística ou a estatística oficial. Estes encontros serven para poñernos ao día na nosa profesión é coñecer aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións noutros ámbitos distintos ao propio e facilitan o intercambio e a colaboración entre persoas da nosa Sociedade.
Unha vez ao ano celebramos unha asemblea xeral ordinaria; os anos que hai congreso da Sociedade, a asemblea celébrase coincidindo co congreso, e nos anos que non hai congreso, organízase algunha actividade complementaria, como unha conferencia ou charla de interese.
Cota
A cota establecida é anual:
| Con reprocidade | ||||||||
| Cota anual | SGAPEIO | RSME | AGAPEMA | AMBAS | ||||
| Ordinaria | 33€ | 68€ | 56€ | 91€ | ||||
| Ordinaria e socio/a SEIO | 25€ | 60€ | 48€ | 83€ | ||||
| Estudiante | 12€ | - | - | - | ||||
| Traballador/a do IGE | 18€ | 53€ | 41€ | 76€ | ||||
| Socio institucional | 175€ | - | - | - | ||||
¿Cómo asociarse?
Para solicitar a alta na SGAPEIO é preciso cumprimentar o seguinte formulario.